23.3.20

O bautizo dunha borrasca custaba 199 € no 2011

En xaneiro do 2009, unha ciclogénesis explosiva varreu Galicia deixando ao seu paso un refacho de vento marca de case 200 quilómetros por hora, a miles de veciños sen luz durante días e un regueiro de danos millonarios. Ao famoso ciclón extratropical bautizóuselle entón como Klaus. Non era o nome de pila do primeiro meteorólogo que o viu formarse na pantalla do computador, senón o que tocaba por quenda na lista que cada ano elabora o Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín cos nomes elixidos polas persoas que queren apadriñar unha borrasca ou un anticiclón que afecta a Europa.
Desde o 2002, ano no que se puxo en marcha este servizo (www.met.fu-berlin.de/adopt-a-vortex/), calquera pode bautizar ciclóns, aínda que non é gratis: en 2011 as borrascas valían 199 euros e 299 os anticiclóns (agora non sei). A diferenza de prezo estriba en que as baixas presións duran menos que as altas e, por iso, non aguantan tantos días nos mapas do tempo. O diñeiro recadado, segundo os meteorólogos alemáns, destínase a seguir estudando a atmosfera e á observación do clima. Hai algunhas regras máis: non se admiten apelidos ou nomes de empresas e nos anos impares, como este, os anticiclóns levan sempre nomes femininos, e as borrascas, masculinos (nos anos pares a regra invístese). Investiga canto pode custar agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario