30.4.20

"O berro" - Edvard Munch - Martín R. V. - (4ºA)

"O berro" é unha serie de catro pinturas do noruegués Edvard Munch, a máis célebre das cales data de 1893. A obra representa unha figura andróxina nun momento de profunda angustia e desespero existencial. O plano de fondo é o peirao da ría de Oslo  ao solpor. O berro é considerado como unha das obras máis importantes do movemento expresionista e adquiriu un statutus de icona cultural, a par da Mona Lisa de Leonardo da Vinci. Como dato podemos engadir que foi roubado nos anos 1994 e 2004. Actualmente atópase no Museo Nacional de Oslo.

"Primeiros pasos" - Van Gogh - Carlos e Oriana (6ºC)

"-Estamos a representar a obra ‘Primeiros pasos’. -Esta obra foi pintada por Van Gogh no ano 1980. -É uha obra de estilo impresionista. -Está exposta no Museo Metropolitano de arte en Nova York. -Nesta pintura podemos ver unha nena á que os seus pais axudan a dar os primeiros pasos. -Esta bonita pintura é unha homenaxe á súa cuñada que espera un fillo." Oriana V. F. e Carlos M. M.  (6ºC)  - Ver máis Cadros Vivos

29.4.20

"Autorretrato de camuflaxe" - Andy Warhol - Pablo C. L (4ºB)

 "Ola!.  Son Andy Warhol, nacin o 6 de agosto de mil novecentos  vinte oito en Pittsburg. Son un artista plástico cineasta e desempeñei un papel crucial no desenvolvemento de pop-art. A miña fama e grazas as miñas  relacions con diversos artistas de certa fama como aristócratas, homosexuais e drogadictos.  Este autorretrato chamado “AUTORRETRATO DE CAMUFLAXE” fixeno en 1986, uns cantos meses antes da miña morte. Utilizei a miña fotografia feita cunha câmara Polaroid con pinturas acrílicas e serigrafia para producir unha camuflaxe sobre o rostro rodeado por negro. O meu cadro pode interpretarse como que aparezo cunha mascara sen corpo. "  Pablo C. L (4ºB)

"A Gioconda" L. da Vinci - Sofía L.I. (6ºA)

(pendente texto)

Ver máis Cadros Vivos

28.4.20

"Muller con parasol" - C. Monet - Magali R. S. 2ºC

"Muller con parasol"
 Cadro do pintor  Claude  Monet quen realizou o retrato da súa dona Camille e do seu fillo Jean en  Argenteuil. A pose de ambos é tan natural que case parece unha instantánea. Na obra apréciase a figura feminina principal cun neno ao seu lado desde unha perspectiva moi baixa. Para poder pintar o cadro, suponse  Monet debeu colocar un  cabalete nunha depresión do terreo, xa que que a herba que vemos en primeiro termo parece estar un pouco en costa.  Ver máis Cadros Vivos

O Maio confinado - Beltrán e Jara - 6ºB e 3ºB

“Nena lendo", Auguste Renoir vs Paula A. M. (3°A)

Ola! Son o cadro “Nena lendo". Fun pintada por Renoir en 1890. Estilo Impresionismo. Podes atoparme no museo de Belas Artes de Houston, Estados Unidos.  Paula A. M.

Ver máis Cadros Vivos

Teatro en familia: Mamá Cabra 15 primaveras.

Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero - 5º Colexio San Pío X (Ourense) ...

"Autorretrato en período azul" P. Picasso - Nicolás P.M. (4ºB)

"Ola, eu  son Picasso eu pintei a obra “Autorretrato En Periodo Azul". Pinteina en París no ano 1901, agora atópase no Museo Nacional Picaso en París. No cadro, eu tiña 20 anos, pero semellaba ser máis maior. Tiña un rostro pálido. Cuns labios contrastantes e una delgada barba, estaba agotado pola severidade dun invierno en  París. O meu pescozo alto do meu gran abrigo abotoado, agravaba aínda máis a miña sensacion de tristeza e soidade que emana o lienzo. Escollín esta obra porque me gustan  os cadros de Picaso. ". Nicolás P. M. (4ºB)  - Ver máis Cadros Vivos

27.4.20

"O camiñante sobre un mar de nubes" - Caspar David Friedrich - Felipe L. F (5ºB)

"O caminante sobre o mar de nubes, do pintor alemán Caspar David Friedrich , foi considerada coma unha das obras maestras e máis representativas do romanticismo. Data do ano 1818, trátase dun óleo sobre tela".    Felipe L. F (5ºB)    Ver máis Cadros Vivos

Autorretrato de V. Vangogh - Victor D. P. (4ºB)

"Son Vincent Van Gogh.  Son un pintor impresionista que nacín en 1853 nun puebliño holandés. Desde pequeno gustábame debuxar. Éste é un dos meus autorretratos, na miña vida autorretrateime mais de 30 veces, en concreto este “Autorretrato con sombrero de palla" é do ano 1887. Nel móstrome algo triste xa que así é como síntome moitas veces. Antes pintaba campesinos pero non tiñan moito éxito así que trasládeime a vivir a Paris, onde meu irmán Theo, recomendoume cambiar a técnica e utilizar unhas cores mais lixeiras e pinceladas mais soltas. Aínda así na miña vida non tiven moito éxito pintando, a cousa cambiou despoís da miña morte.Victor D. P.  - Ver máis 
Cadros Vivos

"Muller agochada" - P. Picasso - Jacobo (4ºB)

"O vello guitarrista cego" - Picasso - Martín R. M. 4ºC

"Eu son  o vello guitarrista cego, fun pintado no ano 1903 polo pintor cubista malagueño Pablo Picasso,  mediante a técnica de óleo sobre lenzo. Represento un dos cadros máis característicos do período azul de Picasso.   O período azul transcorre entre os anos 1901 e 1904. Nesta época Picasso estaba moi triste polo falecemento do seu amigo Carlos Casagemas.  Durante esta época Picasso viviu en Barcelona e París, reflexaba nos seus cadros a pobreza, o illamento e o pesimismo cos que se sentía identificado.
Na etapa azul Picasso comezou a pintar cadros de persoas tristes e pobres, como o meu  cadro: “o vello guitarrista cego”, que me encontrou nas rúas de Barcelona. A cegueira pasou a ser un tema recurrente ao longo da súa obra, motivado polo seu medo a perder a vista, como lle ocorrera ao seu pai. Na actualidade atópome no Instituto de Arte de Chicago, Estados Unidos."  Martín R. M. 4ºC

Jacobo B. P (5ºC) Varios

Autor: Picasso   Título: "O vello guitarrista"


Autor : John Robertson     Título da obra: "Balón na canastra" (Ball through a hoop)


Autora: Dorota Kobiela (directora); Imaxe da  película (Loving Vincent),  cando Van Gogh córtase a orella.



26.4.20

"O graffiti é un delito" - Bansky - Mateo B. R. (5ºC)

Bansky é o artista máis representativo do denominado Street Art na actualidade (arte na rúa). Non se teñen datos de quen é o artista, aínda así, as súas obras chegaron ás máis variadas cidades do planeta.  Este artista realiza obras con técnicas de grafiti. Adoita facer críticas á sociedade actual con temas de guerras, militarismo, traballo infantil, cambio climático e consumo desenfreado. 
Escollín esta obra titulada “Grafiti is a crime” que significa “o grafiti é un delito” porque me chamou a atención a súa historia. O autor atopou o sinal de prohibido facer grafitis nunha parede da cidade de Nova York e debuxou a un neno subido nas costas doutro tomando o bote de spray do sinal contradicindo a prohibición. Poucas horas despois as autoridades da cidade descubrírono e pintaron por riba do grafiti con pintura branca para bórralo. Pero antes de facelo  numerosos transeúntes lle fixeran unha foto e compartíronno con todo o mundo polo que non se perdeu.  Mateo B. R. (5ºC)  - Ver máis Cadros Vivos

"Rapaza na fiestra" - Salvador Dalí - Laura P. G. (4ºC)

"Son a irmán de Salvador Dalí, chamome Ana María , e teño dezasete anos. Estou de costas na casa de vacacións da familia. Meu irman pintou este cadro en 1925 mediante a técnica de óleo sobre cartón pedra ,  de estilo realista . O cadro actualmente consérvase no museo Reina Sofía." Laura P.G.

"O sono". P. Picasso - Cristina T.T. (5ºC)

"Eu son Maríe-Therese Walter, o pintor español Pablo Picasso pintoume mentras durmía nun sillón. O cadro titúlase “O SONO”  e o pintou en 1932.  Vendo o cadro nos días de hoxe que estamos confinados, pode representar o aburrimento e a soedade que esta situación nos produce.  Ánimo todo saerá ben!!!
En realidade esta obra garda a historia de amor entre a xoven de 15 anos e Picasso, que cando a coñeceu tiña 46 anos. Na actualidade forma parte da colección privada de Christian Villamil, e é considerado un dos cadros máis caros da historia xa que se chegou a pagar por el 155 millóns de dólares no ano 2013." Cristina T.T. (5ºC)    -   Ver máis Cadros Vivos

"O graffiti é un delito" - Bansky - Carlos P. M. (4ºB)

"A dama do armiño" - L. da Vinci - Victoria G. S. (6ºA)

"A dama do armiño" - Leonardo da Vinci - Amaro S. I - (6ºC)

(pendente texto) . Ver máis Cadros Vivos

25.4.20

"Aline Marie" - Paul Gaugen - Marina N. (4ºA)

"Eu son Aline Marie (nai de Paul Gaugen que naceu no 1848 e morreu no 1903). Pintoume no ano 1889 en madeira, con pintura ao óleo sobre lienzo O meu estilo é Cloisonismo e Nabis. Agora vivo na Galeria Estatal de Stuttgart"   Marina N. (4ºA)

"Home con barba e boina" - Jan Lievens - Javier N.G.T. (6ºB)

"Eu son o  “Home con barba e boina”. Pintoume en óleo no ano 1630 o pintor holandés Jan Lievens (fillo dun sombrereiro que coincidiu e traballou con Rembrandt). . Actualmente vivo na Galería Nacional de Arte en Washington."   Javier N. (6ºB)

24.4.20

Cadros Vivos - Jacobo B. P. - 5ºB


Carabuñas

"Podemos facelo" - J. Howard Miller - Ánxela R. G. (4ºC)

"We Can Do It! (Podemos facelo!) é un cartel estadounidense de propaganda bélica, creado en 1943 por J. Howard Miller para a empresa Westinghouse Electric como unha imaxe inspiradora para erguer a moral dos traballadores durante a Segunda Guerra Mundial. Crese que o autor se inspirou nunha imaxe dunha traballadora dunha fábrica de Míchigan . A imaxe é moi apropiada para estes tempos de Coronavirus. Así que, Ánimo, We Can Do It!!! " Ánxela R. G. (4ºC)  - Ver máis Cadros Vivos

"A bebedora de absenta" - P. Picasso - Manuel F.L. (6ºC)

“A BEBEDORA DE ABSENTA”  - De Pablo Ruiz Picasso (1881-1973). Técnica: Óleo sobre tea (13x54 cm)  - Exposto no Museo do Hermitage, San Petersburgo. PICASSO foi pintor e escultor. Naceu en Málaga e finou en Mougins (Francia). É un referente mundial no mundo da arte e creador, xunto con Braque, do cubismo, aínda que a súa obra abrangue diferentes períodos (surrealismo,impresionismo, modernismo, etc). O artista realizóu esta obra durante a súa segunda estancia en París. Retrata aquí a unha muller soa e pensativa, disposta a beber unha copa de absenta. A temática é a SOIDADE, refrexada no semblante da muller, seria e coa mirada baixa. Picasso emprega unha grande variedade de cores, mais destaca o AZUL (na roupa, na botella, na copa…), técnica que repetiu noutras obras desta época, motivo que deu nome á famosa “Etapa Azul” de Picasso.  Manuel  F. L.  (6ºC)

20.4.20

"Retrato de nena" - D. Velázquez - Candela N.D. 3ºA

"Diego Velázquez, foi un pintor barroco español considerado un maestro da pintura universal. Foi pintor de cámara do rei Felipe IV e o seu traballo consistía en pintar retratos do rei e da súa familia. Entre os cadros mais importantes atópanse: As MENINAS,  Venus no Espello,  A Rendición de Breda,  A Infanta Margarida en Azul e O Triunfo de Baco. Neste cadro titulado Retrato de rapaza, Velázquez demostra un dominio total da luz" . Candela N.D.  3ºA - Ver máis Cadros Vivos

" La maja vestida" de F. de Goya - Celia L.F. - 5ºB


“La maja vestida” é unha das obras máis coñecidas do pintor español Francisco de Goya. Está realizada en óleo sobre lenzo, mide 95 cms de alto por 188 cms de ancho, e foi pintada entre 1800 e 1808. Atópase no Museo do Prado, Madrid, dende 1901, logo dun largo período na Real Academia de San Fernando.    Celia L.F. - 5ºB  - Ver máis Cadros Vivos

"Rapazas ao piano" de Pierre-Auguste Renoir - Sabela e Ánxela B. T. 6ºA e 3ºB

"O cadro “Rapazas  ao piano” do pintor impresionista Pierre-Auguste Renoir , foi realizado en lienzo, óleo sobre tea de 116 x 81 cm.  Esta pintura representa dúas nenas que estudan piano. A que está máis cerca (tocando o instrumento), mira á partitura, xa que ela está aprendendo a tocar. Mentres tanto, a outra, fíxase nas notas do pentagrama. Ademais desta versión, hai un pastel e catro óleos máis con este tema, entre os cales se atopa o que adquiriu o Museo de Luxemburgo no ano 1892, e se conserva hoxe en día no museo de Orsay, en París,  Francia." Ver a representación.  Sabela e Ánxela B. T. 6ºC   - Ver máis Cadros Vivos

"O vello cego" de Pablo Picaso - Tomás B. P. 6ºC

(Falta texto do autor)  - Máis sobre este cadro - Máis Cadros Vivos 

15.4.20

"Armand Roulín" - Vincent Van Gogh - Pablo P. N. (6ºC)

"Armand Roulin naceu o 5 de Maio de 1871 en Lambesc, e morreu o 14 de Novembro de 1945. Tiña 17 anos cando foi retratado por Van Gogh, e dicir, no 1888. O cuadro do museo Folkwang mostrá a Armand coa sua mellor roupa:un abrigo amarlo, un sombrero de fieltro, una corbata branca e un chaleco negro". Pablo P. N. (6ºB)    Máis sobre este cadroMáis Cadros Vivos  

"Ramo de Loureiro" (Branche de Laurier) de Willian-Adolf Burgueau - Nicolás 6ºB

"Son "Branche de Laurier" (O ramo de loureiro) pintado  no ano 1900 por Willian-Adolf Burgueau. Estou pintado a óleo sobre lienzo e son un retrato do estilo realista.  Estou nunha colección privada. - Ver máis cadros deste autor - Ver máis Cadros Vivos 

13.4.20

Parabéns para ti! - Canción en galego para os aniversarios

1Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti

A. Parabéns para ti
nesta data querida 
moitas felicidades 
 moitos anos de vida. 

2Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti

B. Hoxe é día de festa 
cantan as nosas almas 
para ti que hoxe é o teu día
unha salva de palmas!".

3.  Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti

4Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti

5Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti

6Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
parabéns para ti
parabéns para tiiiii
parabeeeenssssss paaraa tiiiiiiiiii

Parabéns para ti! de Uxía Lambona


12.4.20

"O home do turbante" - Jan Van Eick - (Jesús C.C - 6ºB)

O home do turbante vermello, é unha pintura ao óleo realizada no ano 1433 polo pintor flamenco “Jan Van Eyck” actualmente está exposto na National Gallery, en Londres. O seu tamaño e de 25,5 x 19 cm.  Con frecuencia algúns pensan que e un autoretrato do propio artista pero non hai  evidencias directas disto. En realidade non vai vestido cun turbante senón cun "chaperón" cos extremos  anudados sobre a cabeza. O traxe que leva é apropiado para a un home da posición social de Jan Van Eyck-    Jesús C. C. (6ºB) -  Escoitar unha anlise  -  Ver máis Cadros Vivos