Amosando publicacións coa etiqueta Sementando Palabras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sementando Palabras. Amosar todas as publicacións

11.4.20

#DígochoEu. Aprende como hai que dicir ...

Vídeos curtos,  en  "Youtube" ou na CRTVGA onde se pode aprender un bo galego  corrixindo erros cotiáns e aclarando  palabras dubidosas,  castelanismos, hiperenxebrismos, etc.   Exemplos:
- cando utilizar 'bolsa' e 'beca' ou  *"vacío" e "baleiro". O si é correcto dicir perruquería, ficar, *esterilla .... Ou que significa "urna" e "furna".  Recorda que cando queiras buscar este artigo podes velo neste blog na Etiqueta "Dígocho eu"
As palabras que teñen o asterisco son as incorrectas (Ver todos os programas).   Algúns vídeos dos que se poden ver: -non vale *besucón é millor dicir   Chuchón ou beixador. - Non ho, nin de broma, non é correcto *Que va!   - Custo é o correcto, non vale *custe.  -  Dar os parabéns ou felicitar é o correcto , non vale *parabenizar Facemos anos, non é correcto *cumprir anos e torta non *tarta . -  Hai que dicir cunca, culler, garfo, prato; non valen *taza, *cuchara, *tenedor, *plato.  -  Non é correcto dicir  *"A partires" nin a *"A pesares" , hai que dicir "A partir" ou "A pesar " -  Natilicio ou de Nadal e nón *navideño.  - "En hora boa" ou "Parabéns" , non dicir *noraboa.  - Non digas *sinceiro, senón sincero ou sincera. Non digas *incertidume ou *falsidade, senón certeza  e falsidade . Non é *esguince, senón escordadura ,  retorzón ou torcedura. Non vale *substraer nin *sustraer senón subtraer.  -

7.2.20

Candeloria

"A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar" .  Ler máis  - Máis en "Agrupación Alexandre Bóveda"  - Máis no Xornal Nós

17.10.13

Partes do carro






Ver o nome das partes do carro. (Cheda, chedeiro, fumeiro, estadullo, cabezalla, chumadeira ...). A ligazón é unha "webquest" onde hai moita información e algunha actividades. É moi interesante.

Partes do carro en Ben Falado, iclúe fraseoloxía do carro.

Presentación coas partes do carro.