27.12.13

O CEP Campolongo entra na rede profesional "Redeiras"

A nosa escola comeza unha nova andaina na rede social profesional (mestres) "Redeiras", da Consellaría de Educación.  As novas tecnoloxías avanzan na escola. O primeiro grupo creado é o de "Nós tamén creamos". Agora só queda unirse ó grupo ou crear outros grupos. a finalidade é a de compartir e visualizar outros traballos que están a facer noutros centros educativos. Agardamos que aínda que sexa amodo, a rede teña éxito para o ben do ensino público e da súa calidade.

NOTA. Para entrar hai que poñer as mesmas claves que un pon no xade ou no correo electrónico da Xunta.

Enredamos rula pola rede

Un blogue creado no CEP Campolongo, Enredamos, únese ós espazos galegos sobre xogos e enredos da nosa terra. Neste caso é  a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT) a que liga na súa páxina.



Grazas e un grolo de saúde por estas dúas páxinas.

20.12.13

Herbas aromáticas


Aquí temos 25 das herbas aromáticas máis coñecidas das moitas que hai hoxe en día polas nosas terras.

9.12.13

26.11.13

Javier Gómez Noya en Campolongo recordando o Premio Leixaprén



Recordades o Premio Leixapren ? Pois si, foi o premio que a CGEDNL lle deu a Javir Gómez Noya, campión do mundo 2013 de Triatlón. O día da entrega do premio, en xuño deste ano 2013, non poido acercarse ó noso centro para recollelo, delegando a recollida do mesmo no seu adestrador Omar González e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba, pero quedáramos un pouco en broma, que a poder ser, nos tería que visitar algún día, a pesar do seu axetreado calendario deportivo. E dito e feito! Un día destos teremos esa sorpresa. Un dos nosos campións galegos faranos unha visita para animarnos a practicar deporte, e como non, a poder ser o que el practica, o Triatlón, que é unha das especialidades máis completas que existen no deporte actual.

Como dirían algúns dos nosos paisanos:

Un grolo polo noso campión!!!

13.11.13

Magosto 2013


Mañá venres día 15 de novembro celebraremos o magosto na escola con cantigas, xogos e castañas.

11.11.13

11 de novembro "Día do Peón" e "Polo San Martiño, trompos ó camiño"


Onte, día 11, celebramos, O CEP de Campolongo, de Pontevedra,  o Día de San Martiño lanzando todos xuntos ( 3º, 4º, 5º, e 6º) o trompo no patio do Ciclo Medio. Este ano  xuntamos no patio 375 rapaces coa festa do trompo.

Cos  lemas 11 de Novembro "Día do Peón", e "Polo San Martiño, trompos ó camiño",  fomos moitas as escolas que celebramos en toda Galicia.

Noraboa a todos polo éxito da participación!!!! e o ano que vén, batiremos o record de participación.

Ver todas as fotos

Ver todos os participantes na Galiza (Blog de Brinquedia)

Mural ou Paneis do Roteiro Sesmero


Clica en calquera das imaxes para ver máis imaxes do panel posto para este aniversario do finamento do Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González

Roteiro Sesmero con 5ºB e 5ºC



Os grupos 5ºB e 5ºC facendo o Roteiro Sesmero. Este día, venres día 8 de novembro, non tivemos sorte co tempo e tivemos que refuxiarnos dentro do Concello para poder seguir explicando. De todos xeitos coido que xa se sabe máis deste importante arquitecto que deseñou unha parte da Pontevedra moderna.

  Ler a biográfia de Sesmeros en Pontevedra.

Ver Mural da Exposición Roteiro Sesmero

Ver artigo do seu neto

  Ver máis fotos de 5ºB e 5ºC

Ver máis fotos relacionadas con Sesmero

6ºB e 6ºC no Roteiro Sesmero



Este luns tocoulle facer o Roteiro Sesmero ós de 6ºB e 6ºC.

Ver máis fotos

Ver Biografía do Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González

Artigo do seu neto.

Ver Mural do Roteiro Sesmero

3.11.13

Revista para as Familias-Ollos de Aula Nº 10 - Novembro


En menos de 30 minutos podes ter un pouco máis claras as ideas sobre diversos temas que están de actualidade no ensino: acoso escolarcoeducacióninterdisciplinaridade  ..

2.11.13

Roteiro Sesmero con 6ºA e 5ºA



O pasado martes 29 de outubro os grupos 6ºA e 5ºA fixemos o Roteiro Sesmeroque a Concellaría de Urbanismo de Pontevedra está estos días a ofrecer, entre outros, ós centros educativos.
Comezamos polo Palacete dos Mendoza, que foi o seu primeiro traballo privado na cidade de Pontevedra, logo  continuamos  polo Concello, primeiro traballo oficial, para rematar vendo o edifício da Deputación, A Alameda e as Palmeiras, onde tamén está o Goberno Militar, que fora deseñada por este arquitecto como escola. 

Foto montaxe dun carro galego (Carro do país)



Un foto-montaxe cun carro galego feita por  Moises,  pai de Sabela (6ºB e Fabiola (3ºA).

Artigo relacionado Partes do Carro

Ver webquets  sobre o carro

31.10.13

Exposición da Vida e Obra do Arquitecto "Sesmero"


Do 28 de outubro ata o 8 de novembro estará este mural coa vida e obra en Pontevedra do arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González, impulsor do modernismo en Pontevedra despois do derribo da muralla que rodeaba a cidade.

O seu bisneto Francisco José Portela Sandoval escribiu un artigo para aclarar algunhas cousas sobre a vida do seu bisavó e a súas obras. Unha dela foi, por exemplo, a dos erros nos apelidos.

30.10.13

Mural do Samaín na escola


Villa Pilar - A saga dos Martínez Bautista




Palacete construído en Pontevedra (rúa Riestra), rematado en 1905. Construído por Manuel Martínez Bautista. Crese que o autor do proxecto foi feito por Antonio Crespo, porque se conservan dous anteproxectos de 1889, de similar planta e altura, pero con diferente diseño ó finalmente executado. A construción de estilo modernista, con tres pisos de altura e un corpo único. O máis destacable da Casa, arquitectonicamente falando, é a irregularidade da súa planta e fachada, esaxerada no remate desta. A casa áchase rodeada dunha pequena finca. De Manuel Martínez Bautista o edificio pasou por herdanza a seu sobriño Ramiro Trapote Martínez, inxenieiro residente en New York, que de vacacións en xullo do ano 1936, este último tivo que recurrir ó consulado para poder volver a EEUU.
Nun dos pisos vivía ata fai pouco a señora María Meijón. No segundo piso, estivo o colexio de arquitectos de Pontevedra, pero en 2011 púxose en venta. (600.000 euros).
Pola casa desfilaron como inquilinos  unha serie de persoeiros e entidades, como Vicente Riestra, Ernesto Caballero, unha notaría ...

Historia: Manuel Martínez Bautista era o segundo irmán de nove que tivo o matrimonio formado por Rosendo Matínez Pazos, natural de Tenorio, e Juana Bautista Lubiáns, da vila de Pontevedra.
Manuel emigrou a américa (La Habana)  con 17 anos e cunha carta de recomendación para don Pedro Fernández Villaverde,  que desempeñaba este un alto cargo na administración na illa cubana.
Montou de alí a pouco un almacén de louza, "La joven América". Tras del emigraron tamén os seu irmáns Bernardo e Gabriel á illa cubana e o Juan a New York, dedicándose este último á bolsa, probablemente coa a axuda financiera do seu irmá Manuel. Coa bolsa e outras empresas Juan, deixou no seu testamento unha fortuna de máis de 100.000 dólares en accións. Nomea de albacea a seu irmán Manuel, que con este motivo trasládase a EEUU e continúa cos seus negocios, co encargo de pasar unha pensión de mil pesos mensuais ó seu sobriño Ricardo Pazos e o resto da renda do seu capital ós seus pais e irmáns.

A contrución fíxoa Manuel nun deses viaxes de veraneo que facía á súa querida terra galega, mercando o solar e mandando facer o palacete, ó mesmo tempo que fixo numerosas donacións para obras sociais: teatro, liceo, grupo escolar, mausoleo de Armesto, Monte de Piedad ....)
Morreu solteiro e foi enterrado no cemiterio de Greenwood.

Gabriel, deixaba en 1880 unha fortuna de 30.000 pesos cubanos, e no seu testamento deixou un tercio para catro expósitos da casa de maternidade, e o resto para ós seus pais, sendo a albacea o seu irmán Bernardo.

Bernardo foi o único dos emigrados da familia que casou, deixando descendencia e volvendo a Pontevedra, onde morreu en 1904. Entre as súas obras sociais destacamos a "Sala de San Bernardo" no Hospital Provincial e logo contruéu unha fermosa vivenda na rúa San Xosé, en cuxos baixos está o actual Café Moderno. O seu fillo Manuel Martínez Bautista-Herrera foi un grande mecenas do Atletic Clube Pontevedra.

Comentar finalmente que o primeiro Manuel Martinez Bautista foi republicano e mandaba puntualmente as revistas de ciencias, artes e literatura editadas en New York.