23.3.20

A rá sorda e o pozo

Isto era un grupo de pequenas ras que atravesaban xuntas un bosque. Pero de súpeto, dúas delas caeron nun foxo moi profundo. O resto de ras, asomáronse para mirala, rodeando o buraco. 
Rapidamente déronse conta de que o buraco era moi profundo. As súas compañeiras saltaban e saltaban, pero non podían alcanzar a beira. 
As ras comezaron a  cuchichear entre si. Todas daban por mortas ás dúas ras, xa que non vían posible que puidesen dar un salto tan alto como para saír do buraco. Así que comezaron a gritar ás ras que non podían facer nada, que non poderían saír de alí. 
Deixádeo, non o conseguiredes!- gritaban as ras desde a beira. 
Pero as dúas ras continuaban saltando sen parar, ignorando os berros das súas compañeiras, que non deixaban de decirlles que ían morrer igualmente a pesar dos seus esforzos.
- Non o tentedes máis! - gritaban as ras- Non o conseguiredes! 
As ras chegáronlles a insinuar ás súas dúas compañeiras que non gastasen máis forzas, que se deixasen morrer. E gritaban tanto, que ao final una das dúas ras que saltaba sen parar deuse por vencida e decidiu parar. Deixouse caer ao chan sen máis, e morreu.
Con todo, a outra ra continuou saltando, a pesar do esgotamento. Cada vez máis alto, cada vez con máis forza. E as demais compañeiras gritaron moito máis alto para que deixase de saltar.
- Deixa de sufrir xa!- gritábanlle unha e outra vez. 
E a ra saltaba máis e máis. Ata que de súpeto, logrou saír do buraco. Ela pensou que as súas compañeiras estaban a animándoa todo o intre, fixándose nos xestos que facían. E agradeceulles de todo corazón o ofrecerlle todo o seu alento. 
En realidade, a ra era xorda e éralle imposible escoitar os berros das demais. 

EnsinanzaUnha palabra de alento ten máis poder do que imaxinas. Dedica palabras positivas e  motivadoras a quen o necesita e estaraslle axudando a conseguir o seu obxectivo. Con todo, unha palabra destrutiva a alguén que esta pasando por un mal momento pode ser o único que se necesite para afundilo

Ningún comentario:

Publicar un comentario