Amosando publicacións coa etiqueta Peixes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Peixes. Amosar todas as publicacións

12.12.19

REFRÁNS SOBRE ALGÚNS DOS NOSOS PEIXES

REFRÁNS SOBRE ALGÚNS DOS NOSOS PEIXES
A anguía en empanada e a lamprea escabechada
Quen vai á barbada, nas penas esbarra.
Cando o trigo vai louro o muxe vale ouro.
Cando o trigo vai louro, o peixe blanco val ouro.
A langosta e o cazón, en maio están en sazón 
Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir
En xaneiro a faneca sabe a carneiro
A faneca i-a solla, na caída da folla.
Non é boa solla a que o pan non molla.
Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla 
Pescador que non se molla non comerá moita solla 
Golfíns que moito saltan, vento traen e calma espantan
Lampreas en san Xoán, pra o can
Do mar o "mero"  (cherna)e da terra o becerro
Ollomol de xaneiro vale un carneiro 
Mentras canta o cuco, non comas raia nin polvo 
En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina.
Arroace na ría,  moita sardiña 
Quen queira mal a unha veciña, déalle en abril sardiña
Por San Xoán a sardiña pinga ó pan
A sardiña e o porco se voaran máis se estimaban 
Cada sardiña ten a súa espiña
O pancho, tan largo como ancho.
A raia e a perdís, coa man no narís.
Despois da Ascensión, nin sable nin salmón.
De san Miguel a Santos, nubes de tranchos
Ao róbalo, quem o quiser há-de escamá-lo.
A troita, para que guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia 
Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro
Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.
A carne, carne cría, ... E o peixe  mantente en forma todo o día
Peixe a remollo non o collo
Quen quiser pescar há-de se mollar
Chuva de morriña, nin peixe  nin fariña
O peixe grande come o pequeno
O hóspede e o peixe ós tres días aborrecen
Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen
Carne de ontem, peixe de hoje, vinho do outro verão fazem o homem são. (Chaves)
En marzo veñen os peixes no regazo
Moito peixe rompe a rede
Peixe algareado, cambio de tempo
Peixe en xaneiro vale carneiro
Peixe pesca peixe 
Pola boca morre o peixe // 
Saia peixe, saia ran, ó cesto van 
Todo o que cae na rede non é peixe
Uns tenden as redes outros collen  os peixes
Vale máis o mollo que o peixe  









24.11.19

Artes de Pesca


Nasas
As nasas. Son artes que estan constituídas por un elemento de forma cilindrica, que se encontra rodeado en toda a súa superficie de un pano de pequenas dimensións na malla. Normalmente a parte inferior leva unha pequena capa de cemento para mante-la nasa unha determinada posición, xa que na parte contraria dispón de unha pequena entrada de forma circular, que se utiliza para que entren as especies que se pretende capturar atraidas pola carnada que se coloca no interior da nasa. As principais especies que se capturan son o Polbo, a Nécora, o Santiagüiño, o Camarón, etc.
Betas
Son artes de un só pano, que se calan de madrugada, para recollelas coa saída do sol. As principais especies que se capturan son a Pescadilla, a Faneca, o Escacho, o Dentón, o Abadexo, o Xurelo, etc.
Volanta
Son artes de un só pano, moi parecidas as Betas pero de maior altura e dimensión na malla, que tamén se calan de madrugada, para recollelas coa saída do sol. As principais especies que se capturan son a Merluza, o Abadexo, o Mero, o Pancho, a Palometa, a Faneca, o Xurelo, etc.
Son artes formadas por tres panos, no que o pano interior ten unha malla de menor medida que os dous panos exteriores. As principias especies que se capturan son o Rodaballo, o Sollo, o Linguado, a Acedia, o San Martiño, a Xuliana, a Centola, o Boi, etc
Son artes de tres panos, moi parecidas ós Miños, pero que estan realiazadas con outro tipo de material, e teñen distintas dimensións nas mallas. As principais especies que se capturan son a Robaliza, o Sargo, o Pinto, a Maragota, etc… 
Rasco
Son artes de un só pano que teñen unhas dimensións moi grandes na malla. As principais especies que se capturan son o Rodaballo, O San Martiño, o Rape, a Xuliana, a Langosta, o Lubrigante, etc.

O corricán é unha arte de pesca baseada nunha serie de anzois con cadansúa liña que se arrastran pola popa do barco mentres este vai navegando, penduradas de varas colocadas a babor e estribor.
Curricán
Tamén se chama corricán a cada un dos aparellos (cada unha das liñas). Utilízase para a pesca do atún, bonito, xarda etc. Os anzois poden ser cebados con engado natural ou artificial.

20.11.19

Dieta Saudábel - O peixe no seu sazón

Peixes na súa sazón
Receitas

Receitas para os nen@s
77 peixes en galego,euskera,francés,inglés,catalán e castelán
-Ver 77 peixes :  como son, como se pescan,  como se preparan na cociña, e como se escriben en galego, euskera, francés, inglés, catalán e castelán
- Ver un ABC dos peixes  (nome de peixes nun abecedario)
- Receitas en portugués

Traballo voluntario : O meu peixe para unha dieta saudábel
    Elixir un peixe  para logo facer unha pequena ficha (PDF, presentación, word, etc). Antes de elixir o peixe hai que notificalo para que non se repitan os traballos (nas láminas hai 77 peixes).
    A ficha debe ser breve, seguindo o modelo das láminas do blog GHAFOS:
    1- Nome do peixe en diferentes idiomas. Poñemos 1º en galego e logo podemos elixir algún dos que nos chame atención das láminas do blog.
    2- Meses nos cales está en comida
    3- Como é: pequeno, grande, peixe azul ou branco, ...
    4- Como se pescan: palangre, trasmallo, curricán, outros ...
    5- Onde se pescan: Gran Sol, na ría ...
    6- Como se preparan na cociña: en filetes, en toros, enteiro, ó forno ...
    NOTA:  Os traballos que se entreguen antes do 6 de decembro poderán ser elixidos para o programa de radio "Dálle a lingua" de Onda Cero Radio.
    Os traballos pódense facer en grupo (máximo 3 por grupo)