Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións

30.1.20

A Academia e Punto.Gal buscan os mellores microrrelatos


"Duascentas  palabras  deben  abondar  a  quen  queira  obter  o  premio  de  microrrelatos  da  Real Academia Galega e a Asociación Punto.Gal. É o límite de extensión  dos  textos  que  par-ticipen  na  terceira  edición  do  certame que as dúas entidades convocantes presentaron onte na Coruña."As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos  de  expresión,  novas  linguaxes. O microrrelato é un xénero  especialmente  representativo desta nova realidade", expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, "esixe  dominio  dos  recursos  expresivos,  control  da  lingua  na procura da máxima eficacia posíbel, imaxinación, selección argumental...". A estas técnicas deberán  responder  os  relatos  que opten aos nove premios do concurso:  tres  por  categoría,  que son a infantil (até 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas.O prazo de presentación de orixinais durará todo o mes de febreiro e a recepción será no enderezo electrónico actividades@academia.gal. Quen obteñan os galardóns serán agasallados con "distintos premios tecnolóxicos, ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros, relacionados coa lectura."Mediante   esta   iniciativa   pretendemos chegar a un alto número de persoas de todas as idades e de toda condición social", explicou o presidente de PuntoGal e académico, Manuel González, "aspiramos a que participen escritoras consagradas pero tamén nenas e nenos, mulleres e homes do común". Na primeira edición optaron ás distincións case 400 microrrelatos, que o pasado ano medraron até case medio milleiro  (Xornal Nós ).  - Ver nova na RAG - Ver na páxina da xunta  - Ver outro concurso: Concurso literario infantil e xuvenil Día das Letras Galegas 2020

24.9.16

Como anda a nosa lingua? Coñecerás ti ó derradeiro galegofalante?


Clica nas imaxes para ler dous interesantes artigos para reflexionar sobre a situación e o futuro da nosa lingua. O Primeiro está no Portal Das Palabras, e o segundo nun blogue de aula de Lingua e Literatura Galega denominado  Caderno da Lingua .

4.10.15

Presume de Galego. Queres participar?

Elixe un  tema, un conto, unha poesía ... o que queiras. Prepárao e logo durante un minuto cóntallelo a alguén que te poida grabar. Ou incluso o podes grabar ti mesmo. Dállelo ó mestre Nito para que o poida subir a esta plataforma que "Presume de Galego"

Colabora para que o Galego dure Milprimaveras máis

Rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 da CGEDNL

 Premios da Cultura Galega 2015.

No apartado de Lingua, o premio concecido a CGEDNL foi rexeitado pola mesma pois considerouse  "unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega".




2.5.15

Recurso de amparo contra o Decreto do Plurilingüísmo

A Academia, por acordo do seu Plenario, decidiu presentar un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o previo recurso de casación relativo á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario.  Ler máis

16.2.15

Obra gráfica de Castelao

O día 23 de Decembro de 2011 o Consello da Xunta de Galicia declaraba Ben de Interese Cultural Inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), co fin de garantir a súa protección, difusión e investigación. Daquela, decidiuse organizar este proxecto para poder levar a cabo un estudo minucioso dunha parte da obra deste artista: a súa obra gráfica.

4.12.14

O bilingüísmo e o Alzeimer

Investigadores da Universidade de Gante (Bélxica) observaron que as persoas con alzheimer que son bilingües adoitan desenvolver os primeiros síntomas da enfermidade entre catro e cinco anos máis tarde que quen só falan unha lingua.

No estudo incluíron a un total de 134 pacientes dos que case a metade, 65, eran bilingües. Neste grupo de pacientes os primeiros síntomas de demencia debutaron aos 76,1 anos mentres que a idade media do diagnóstico foi aos 77,3 anos, fronte aos 71,5 e 72,5 anos de media respectivamente en quen só falaban un idioma.

As análises controlaron outros factores que podían influír no resultado como a educación, a profesión e o status socioeconómico, pero en realidade ningún tivo un efecto sobre a idade de inicio dos síntomas.

Estes achados confirman investigacións previas que suxiren que o bilingüismo pode retardar o envellecemento cognitivo e contribuír á reserva cognitiva.

Segundo recoñecen os investigadores, parece que o control constante que require dominar dous idiomas é como un adestramento para o cerebro, que desafía ás células da materia gris e protéxeas da súa dexeneración.

Nova sacada do blog  EDNL Divina Pastora de Ourense

28.11.14

Campaña da CGEDNL "Presume de Galego"

Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí  (imaxe) podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben! Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa! Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo... Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa!  Como participar?

27.11.14

O virus lingüístico en Campolongo


A actividade Lingua Forza 3 (para 5º e 6º no noso centro) consistiu nunha divertida xincana lingüística integrada por xogos que combinaron habilidades físicas, lingüísticas e mentais arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral, da man de Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural.
 As actividades  que se fixeron  foron os seguintes:
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.

2. Feirón con tres probas rotatorias:
Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.

Aínda que o alumnado superou as tres probas que se fixeron, as  conclusiósn das tres "Doutoras" foi que todo o colexio está contaxiado do virus lingüístico pero que aínda se teñen os medios suficientes e aínda estamos a tempo para combatelo con forza, só é necesario cambiar de rexistro idiomático cando fora preciso, practicándoo todos os días e non deixando morrer a nosa lingua.

Ver máis fotos        Ler máis