Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
Amosando publicacións coa etiqueta Contos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos b>. Amosar todas as publicacións
10.6.21
6.5.21
Contos do libro en prosa de Xela Arias Castaño - Non te amola
Sacados do Consello de Cultura Galega, onde se pode ver o libro enteiro con todo o sumario, limiar ...
Ver só os contos na Aula Virtual de Dinamización do CEP Campolongo
31.1.21
5.1.21
24.4.20
24.3.20
A rateira
Un rato, mirando por un buraco na parede, ve a un granxeiro e a súa muller abrindo un paquete. Sentiu emoción pensando que era o que contiña.- Por fin chegou- dixo o granxeiro.
- Abrámolo- díxolle a súa esposa.
- Que tipo de comida pode haber alí?- pensou o rato.
Quedou aterrorizado cando descubriu, que era ¡¡Unha rateira!!
Foi correndo ao patio da granxa para avisar a todos:
- Hai unha rateira na casa, unha rateira na casa!!
A galiña que estaba cacarexando e escarvando, levantou a cabeza e dixo:
- Descúlpeme sr. rato, eu entendo que é un gran problema para vostede, máis non me prexudica en nada, non me incomoda.
Foi a contarllo ao cordeiro e este díxolle:
- Sr. rato, máis non hai nada que eu poida facer, soamente pedir por vostede, quede tranquilo que será recordado nas miñas oracións.
O rato dirixiuse entón á vaca, e a vaca díxolle:
- Pero seica, eu estou en perigo? penso que non.....é máis.....estou segura que non.
Entón o rato volveu á casa preocupado e abatido para encarar á rateira do granxeiro.
Aquela noite oíuse un gran barullo, como o dunha rateira atrapando á súa víctima, a muller do granxeiro correu para ver o que atrapara.
Na escuridade ela non viu que a rateira atrapou a cola dunha cobra velenosa, a cobra mordeu á muller. O granxeiro lévoa inmediatamente ao hospital, ela volveu con febre, todo o mundo sabe que para alimentar a alguén con febre, nada mellor que unha boa sopa.O granxeiro agarrou a súa machada e foi a buscar o ingrediente principal: a galiña.
Como a enfermidade da muller continuaba, os amigos e veciños foron a visitala, para alimentalos o granxeiro matou o cordeiro.
Máis a muller non mellorou e acabou morrendo, e o granxeiro entón vendeu a vaca ao matadoiro para cubrir os gastos do funeral.
Así que: "A próxima vez que escoites que alguén ten un problema e creas que como non é teu, non lle debes prestar atención.....pénsao dúas veces......."
"O que non vive para servir, non serve para vivir"
"Todos tomamos distintos camiños na vida, pero non importa onde vaiamos, tomamos un pouco de cada quen." Tim McGraw
23.3.20
A rá sorda e o pozo
Isto era un grupo de pequenas ras que atravesaban xuntas un bosque. Pero de súpeto, dúas delas caeron nun foxo moi profundo. O resto de ras, asomáronse para mirala, rodeando o buraco.
Rapidamente déronse conta de que o buraco era moi profundo. As súas compañeiras saltaban e saltaban, pero non podían alcanzar a beira.
As ras comezaron a cuchichear entre si. Todas daban por mortas ás dúas ras, xa que non vían posible que puidesen dar un salto tan alto como para saír do buraco. Así que comezaron a gritar ás ras que non podían facer nada, que non poderían saír de alí.
Deixádeo, non o conseguiredes!- gritaban as ras desde a beira.
Pero as dúas ras continuaban saltando sen parar, ignorando os berros das súas compañeiras, que non deixaban de decirlles que ían morrer igualmente a pesar dos seus esforzos.
- Non o tentedes máis! - gritaban as ras- Non o conseguiredes!
As ras chegáronlles a insinuar ás súas dúas compañeiras que non gastasen máis forzas, que se deixasen morrer. E gritaban tanto, que ao final una das dúas ras que saltaba sen parar deuse por vencida e decidiu parar. Deixouse caer ao chan sen máis, e morreu.
Con todo, a outra ra continuou saltando, a pesar do esgotamento. Cada vez máis alto, cada vez con máis forza. E as demais compañeiras gritaron moito máis alto para que deixase de saltar.
- Deixa de sufrir xa!- gritábanlle unha e outra vez.
E a ra saltaba máis e máis. Ata que de súpeto, logrou saír do buraco. Ela pensou que as súas compañeiras estaban a animándoa todo o intre, fixándose nos xestos que facían. E agradeceulles de todo corazón o ofrecerlle todo o seu alento.
En realidade, a ra era xorda e éralle imposible escoitar os berros das demais.
Ensinanza: Unha palabra de alento ten máis poder do que imaxinas. Dedica palabras positivas e motivadoras a quen o necesita e estaraslle axudando a conseguir o seu obxectivo. Con todo, unha palabra destrutiva a alguén que esta pasando por un mal momento pode ser o único que se necesite para afundilo
21.3.20
Había unha vez un conto que contaba ó mundo enteiro
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, ...... E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.
Francisco Hinojosa
Francisco Hinojosa
7.12.19
A danza do abellón
"Agora que remata o ano dedicado a Antonio Fraguas, quédanos unha última oportunidade para introducírmonos nunha das súas divulgacións antropolóxicas, a Danza do abellón. O cotobadés recolleu un relato sobre esta superstición no seu volume "Galicia insólita", publicado primeiro na colección Biblioteca Básica de Galicia da editorial Librigal e maís tarde noutras. Este rito documéntase por primeira vez nun poema de Alfredo Brañas.
E de que vai esta curiosa historia? Segundo a experiencia relatada por Alfredo Brañas neste poema, el mesmo descubriuna cando participou nun velorio en Vilanova de Arousa. Nun momento dado entraron todos os asistentes no cuarto onde se velaba a defunta e… comezaron a dar voltas arredor dela zoando baixiño coma un abellón! A crenza que estaba detrás deste curioso comportamento sostiña que aquel que deixase de fungar sería o primeiro en morrer. Polos comentarios dos versos, Brañas parecía non estar moi de acordo e pedía a prohibición desta superstición por parte da Igrexa. Poida que para que o poeta tivese esa opinión axudase a catástrofe que seguiu aquel episodio: con tanta xente e tanto baile, o piso cedeu, algúns asistentes quedaron esmagados e mesmo morreu unha vella (outra)". Do Portal das palabras.
1.6.19
9.5.19
18.2.19
14.1.19
As tres reixas
- Oe mestre, un amigo teu estivo a falar de ti con malevolencia.....
- Espera! - interrómpeo o filósofo - xa fixeches pasar polas tres reixas o que vas contarme?
- As tres reixas? - Si. A primeira é a verdade. Estas seguro de que o que queres dicirme é absolutamente certo?
- Non. Oíno comentar a uns veciños.
- Polo menos faralo pasar pola segunda reixa, que é a bondade. Iso que desexas dicirme, é bo para alguén?.
- Non, en realidade non. Ao contrario...
- !Ah, vaia! A última reixa é a necesidade. É necesario facerme saber iso que tanto che inquieta?
- En verdade, non.
- Entón, dixo o sabio sorrindo - Se non sabemos se é verdade, nin bo, nin necesario, sepultémolo no esquecemento
A pedra

O distraído tropezou con ela.
O violento utilizouna como proxectil.
O emprendedor, construíu con ela.
O campesiño, canso, utilizouna de asento.
Para os nenos, foi un xoguete.
Drummond poetizóuna.
David, matou a Goliat.
E Miguel Angel sacoulle a máis bela escultura.
En todos estes casos, a diferenza non estivo na pedra senón no home!
O neno que puido facelo
Dous nenos levaban toda a mañá patinando sobre un lago xeado cando, de pronto, o xeo rompeu e un deles caeu á auga. A corrente interna desprazouno uns metros por debaixo da parte xeada, polo que para salvalo a única opción que había era romper a capa que o cubría.
O seu amigo comezou a berrar pedindo axuda, pero ao ver que ninguén acudía buscou rapidamente unha pedra e comezou a golpear o xeo con todas as súas forzas.
Golpeou, golpeou e golpeou ata que con-seguiu abrir unha greta pola que meteu o brazo para agarrar o seu compañeiro e salvalo. Aos poucos minutos, avisados polos veciños que oíran os berros de socorro, chegaron os bombeiros.
Cando lles contaron o acontecido, non paraban de preguntarse como aquel neno tan pequeno fora capaz de romper unha capa de xeo tan grosa. -É imposible que con esas mans o lograse, é imposible, non ten a forza suficiente como puido conseguilo? -comentaban entre eles.
Un ancián que estaba polos arredores, ao escoitar a conversación, achegouse aos bombeiros. -Eu si sei como o fixo -dixo. -Como? -responderon sorprendidos. -Non había ninguén ao seu arredor para dicirlle que non podía facelo.
O seu amigo comezou a berrar pedindo axuda, pero ao ver que ninguén acudía buscou rapidamente unha pedra e comezou a golpear o xeo con todas as súas forzas.
Golpeou, golpeou e golpeou ata que con-seguiu abrir unha greta pola que meteu o brazo para agarrar o seu compañeiro e salvalo. Aos poucos minutos, avisados polos veciños que oíran os berros de socorro, chegaron os bombeiros.
Cando lles contaron o acontecido, non paraban de preguntarse como aquel neno tan pequeno fora capaz de romper unha capa de xeo tan grosa. -É imposible que con esas mans o lograse, é imposible, non ten a forza suficiente como puido conseguilo? -comentaban entre eles.
Un ancián que estaba polos arredores, ao escoitar a conversación, achegouse aos bombeiros. -Eu si sei como o fixo -dixo. -Como? -responderon sorprendidos. -Non había ninguén ao seu arredor para dicirlle que non podía facelo.
O graduado en Harvard
Un home de negocios norteamericano estaba no embarcadoiro dunha aldea costeira de México cando chegou unha barca cun só tripulante e varios atúns moi grandes. O norteamericano felicitou ao mexicano pola calidade do peixe e preguntoulle canto tempo tardara en pescalo. O mexicano replicou: Oh! Nun intre.. Entón o norteamericano preguntoulle por que non se quedou máis tempo para coller máis peixes. O mexicano dixo que xa tiña suficiente para as necesidades da súa familia. O norteamericano volveu preguntar: E que fai vostede entón co resto do seu tempo? - O mexicano contestou: - Durmo ata tarde, pesco un pouco, xogo cos meus fillos, durmo a sesta coa miña muller, vou cada tarde ao pobo a tomar unhas copas e a tocar a guitarra cos amigos. Teño unha vida plena e ocupada, señor. - O norteamericano dixo con ton burlón: - Son un graduado de Harvard e poderíalle botar unha man. Debería dedicar máis tempo á pesca e coas ganancias comprar unha barca máis grande. Cos beneficios que lle reportaría unha barca máis grande, podería comprar varias barcas. Co tempo, podería facerse cunha flotilla de barcas de pesca. No canto de vender a súa captura a un intermediado, poderíalla vender ao almacenista; ata podería chegar a ter a súa propia fábrica de conservas. Controlaría o produto, o proceso industrial e a comercialización. Tería que irse desta aldea e mudarse a Cidade de México, logo a Os Ánxeles e finalmente a Nova York, onde dirixiría a súa propia empresa en expansión. - Pero señor, canto tempo tardaría todo iso? - De quince a vinte anos. - E logo que? - O norteamericano soltou unha gargallada e dixo que iso era a mellor parte: - Cando chegue o momento oportuno, pode vender a empresa en bolsa e facerse moi rico. Gañaría millóns. - Millóns, señor? E logo que? - Logo poderíase retirar. Irse a un pequeno pobo costeiro onde podería durmir ata tarde, pescar un pouco, xogar cos seus netos, facer a sesta coa súa muller e irse de paseo ao pobo polas tardes a tomar unhas copas e tocar a guitarra cos seus amigos. Bo, pero iso é o que fago agora señor, por que teño que esperar vinte anos?5.6.18
Presentación de "Asubios na Fraga" contado polo "Correo do Vento"
O 4 de xuño, osa de sewgundo, levamos para casa o noso primeiro libro "Asubios da Fraga", feito entre varias escolas de Pontevedra. Viñeron a contarnos a historia do conto Carlos e Quique, os artista de "Polo Correo do Vento".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







