Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades b>. Amosar todas as publicacións
4.12.20
23.3.20
A orixe do apertón de mans e os bicos para saudarse
Durante séculos, os humanos fixeron xestos moi concretos para saudarse, tanto entre amigos como entre descoñecidos. Os bicos e apertóns de mans son unhas das formas máis antigas e máis estendidas de saudarnos. Cambiará a pandemia do coronavirus cambiar estes costumes tan arraigados?
As persoas saúdanse de moitas maneiras dentro do mesmo territorio. Se se ten certa confianza, un par de bicos nas fazulas é un tipo de saúdo moi apreciado, incluso un abrazo, pero o máis educado e estendido, sobre todo entre descoñecidos, é estreitarse a man dereita. Pero a situación actual de pandemia de Covid-19 parece que está a cambiar, polo menos de momento, un costume practicamente milenario. Por exemplo, Francia pediu aos seus cidadáns que non se biquen, e mesmo se están pechando acordos chocando os cóbados. Cambiará o coronavirus a maneira de saudarnos?
A ORIXE DO APERTÓN DE MANS
Existen diversas teorías sobre as orixes do apertón de mans. A primeira e máis popular é que empezou como un xesto de paz: demostraba que non se sostiña unha arma e ao mover as mans arriba e abaixo asegurábase un de que o outro non levaba nada escondido na manga. Este xesto aparece xa representado no mundo grego en cerámicas e lápidas que mostran a deuses pechando tratos, guerreiros que marchan ao combate e almas dos defuntos que chegan ao inframundo. Tamén os antigos romanos o facían cando, por exemplo, dous coñecidos se atopaban no Foro, no Senado ou nunha celebración.
Pero cal é o auténtico significado deste xesto? A súa ampla representación en diversos contextos fai difícil a súa interpretación. No século XIX, en Estados Unidos parece ser que estreitarse a man foi un modo de saudarse impulsado polos cuáqueros (unha comunidade relixiosa fundada en Inglaterra no século XVII). Este grupo relixioso pensaba que darse a man era unha forma de saúdo máis "democrática" que facer unha reverencia ou descubrirse a cabeza. Era unha maneira de eliminar as xerarquías. De feito é algo que aínda facemos na actualidade.
En 2015, un grupo de científicos israelís fixo un experimento. Gravou apertóns de mans entre centos de persoas descoñecidas e déronse conta con certa sorpresa de que case un cuarto dos participantes cheirábase as mans despois. Así pois, a nivel biolóxico, talvez o apertón de mans usábase dun modo inconsciente para detectar sinais químicos e como medio de comunicación, como fan algúns animais cando se cheiran uns a outros?
O BICO, UN SAÚDO ÍNTIMO
Bicarse, aínda que sexa na fazula, é unha forma de saúdo moito máis íntima, aínda que tamén se usa no mundo occidental entre descoñecidos. De feito, utilizárono os romanos que tiñan tres versións do bico: o osculum (bico na fazula, típico entre amigos), o basium (bico nos beizos, destinado ao esposo ou esposa) e o suavem (bico entre amantes). O cristianismo incorporou moi pronto este xesto e usouse en cerimonias relixiosas. San Pablo, na súa Epístola aos romanos, recomendaba aos seus seguidores "saudarse cun bico sacro".
Na Idade Media dábase un bico como sinal de fidelidade e para selar acordos. Crese que durante a terrible epidemia de peste que arrasou Europa no século XIV, en Francia este costume puido abandonarse e non se recuperaría ata despois da Revolución Francesa, en 1789.
DARSE A MAN, UN XESTO CHEO DE XERMES
En 1929, unha enfermeira chamada Leila Given escribiu un artigo lamentando a perda dalgúns saúdos tradicionais en favor do apertón de mans. Given xa dixo entón que as mans eran "axentes de transferencia bacteriana" e que realizando este xesto podíanse transmitir xermes con facilidade. Recomendou o costume chinés de saudarse estreitando a propia man. (Traducido de National Geographic)
O bautizo dunha borrasca custaba 199 € no 2011
En xaneiro do 2009, unha ciclogénesis explosiva varreu Galicia deixando ao seu paso un refacho de vento marca de case 200 quilómetros por hora, a miles de veciños sen luz durante días e un regueiro de danos millonarios. Ao famoso ciclón extratropical bautizóuselle entón como Klaus. Non era o nome de pila do primeiro meteorólogo que o viu formarse na pantalla do computador, senón o que tocaba por quenda na lista que cada ano elabora o Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín cos nomes elixidos polas persoas que queren apadriñar unha borrasca ou un anticiclón que afecta a Europa.
Desde o 2002, ano no que se puxo en marcha este servizo (www.met.fu-berlin.de/adopt-a-vortex/), calquera pode bautizar ciclóns, aínda que non é gratis: en 2011 as borrascas valían 199 euros e 299 os anticiclóns (agora non sei). A diferenza de prezo estriba en que as baixas presións duran menos que as altas e, por iso, non aguantan tantos días nos mapas do tempo. O diñeiro recadado, segundo os meteorólogos alemáns, destínase a seguir estudando a atmosfera e á observación do clima. Hai algunhas regras máis: non se admiten apelidos ou nomes de empresas e nos anos impares, como este, os anticiclóns levan sempre nomes femininos, e as borrascas, masculinos (nos anos pares a regra invístese). Investiga canto pode custar agora.
23.1.20
Cagón: o becho que constrúe vermes de area á beira do mar
Camiñamos á beira do mar e de súpeto aparecen: uns pequenos montículos de area en forma de vermes amoreados elévanse cada pouco tempo, formando ás veces extensións de tamaño considerable. Pero ao tocalos, nada se move. Que hai detrás desta curiosa imaxe? A resposta está na Arenicola marina, coñecido en galego como cagón, entre outros nomes, un anélido poliqueto que adoita vivir en zonas lamacentas e no espazo intermareal. Hai uns días, o Museo de Historia Natural de Londres explicou nun audiovisual a formación destes montículos.“É o que se coñece como sedimentívoro non selectivo. Inxire o sedimento e no tracto dixestivo selecciona a materia orgánica, e o resto desbótao”, explica Xandro García, biólogo experto en invertebrados mariños e divulgador no blog marabaixo.gal. En Galicia, o verme recibe tamén o nome de mangón, cagulo ou sangrón (“chámanlle así porque se usa como carnada na pesca dalgúns peixes, e solta moito sangue cando se mete no anzol”, aclara Xandro).
A presenza destas moreas de area atrae, por tanto, a pescadores en busca de isca para as súas canas. E a súa captura está tamén regulada pola Consellería do Mar; os datos de Pesca de Galicia expoñen que todos os anos pasan polas lonxas varios centos de quilos, a un prezo medio de máis de 30 euros. Porén, para atopar ao cagón hai que buscala baixo a area, porque non se deixan ver pola superficie para estar a salvo dos depredadores. “Constrúen nunha galería en forma de U. Preto da cabeza pode verse unha pequena depresión no terreo, porque é a zona por onde collen a area, e desde aí tragan a area e sácana polo outro estremo”, engade O cagón adoita confundirse con outras especies semellantes, polo que ás veces tamén recibe o nome de miñoca, nome máis utilizado para a Lumbricus terrestris. Porén, a súa morfoloxía pode axudar a distinguila doutros vermes: “Ten dúas partes diferenciadas: unha que se coñece como a torácica, algo máis grosa e escura, onde se poden distinguir as branquias, e outras máis estreita e clara, por onde excretan a area”, apunta Xandro García. Pode acadar máis de 20 centímetros de lonxitude, e chegan a remexer enormes volumes de area durante a súa vida.
Como curiosidade, a Arenicola marina foi obxecto de investigación polo seu potencial na biomedicina para a produción de hemoglobina. Texto sacado de Galiciencia
15.1.20
19.12.19
Situación da estrela Rosalía de Castro
![]() |
| Estrela Rosalía de Castro |
Rosalía de Castro xa ten estrela a 240 anos luz da súa terra. Xa forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, unha colección de datos estelares compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e os seus colaboradores do Observatorio de Harvard, nos Estados Unidos. Pola súa parte, o planeta que o acompañará nese recuncho do universo, Río Sar, foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler. Ten un tamaño algo maior ca Xúpiter e xira moi preto do seu ‘sol’, facendo unha órbita completa arredor del cada catro días.
7.12.19
Que é o que sabes sobre as pilas?
| UD |
As pilas e acumuladores son toda fonte de enerxía eléctrica xerada pola conversión directa de enerxía química. Poden consistir nunha ou máis celas primarias (pilas non recargables) ou nunha ou máis celas secundarias (pilas recargables ou acumuladores). As pilas e acumuladores portátiles proporcionan autonomía con respecto á rede eléctrica. Por iso son moi útiles nos nosos fogares e nos desprazamentos fóra da casa. Son moitos os dispositivos que se alimentan con estas pequenas fontes de enerxía: Mandos a distancia, calculadoras, reloxos, xoguetes, computadores, teléfonos móbiles, cámaras dixitais, lanternas e moitos máis.
A primeira pila da historia: En 1938 un equipo de arqueólogos descubriu en Iraq o que algúns cren que podería ser a primeira batería da historia coñecida ata a data. Foi datada fai uns 2.000 anos e tratábase dunha vasilla cerámica que contén no seu interior un cilindro de cobre encaixado nunha barra de ferro. Cando se procedeu a introducir no seu interior zume de limón ou vinagre, a modo de electrolito, viuse que se comportaba de forma similar á dunha pila eléctrica moderna.
COMPOSICIÓN QUÍMICA PILAS : Algúns dos tipos máis comúns son:
Botón: mercurio, litio, óxido de manganeso, óxido de prata, zinc-aire.
Pilas estándar: alcalinas ou de manganeso, zinc-carbono, litio
Recargables: níquel-cadmio, níquel-metal hidruro, litio, chumbo-acedo
• As pilas e baterías usadas son uns dos residuos máis contaminantes que xeramos.
• O consumo de pilas en España sitúase en máis de 500 millóns de unidades ao ano
Se non son xestionamos correctamente, os metais pesados que conteñen poden contaminar o solo e a auga, afectando gravemente aos ecosistemas e aos seres humanos.
Máis datos de interese:
• unha pila alcalina podería chegar a contaminar 175.000 litros, a auga que con- somen 6 persoas ao longo de toda a súa vida;
• unha pila de óxido de prata, 14.000 litros de auga;
• unha pila de zinc-aire, 12.000 litros de auga;
• e unha pila de zinc-carbono, 3.000 litros de auga.
Saber máis: Ver UD
De onde vén a palabra Feixoa ?
Non semella unha palabra galega? De feito é un nome galego cunha historia con voltas e reviravoltas, xa que o froito foi bautizado por un alemán en homenaxe a un brasileiro. Verás:
João da Silva Barroso, naceu en 1760 no Río de Xaneiro, Brasil. Afeccionado á natureza e á mineraloxía, veu a Europa a estudar matemáticas e filosofía na Universidade de Coímbra. Estando en Portugal, en 1778, entrou a formar parte dun grupo dos mellores alumnos de Domenico Vandelli para crear o Museo de Historia Natural de Lisboa. Para iso, tivo que facer unha estadía de máis de dez anos en Cabo Verde. É arredor desta época cando muda o seu apelido de pluma polo dun dos científicos que maior fama gozaban naquela altura e co que coincidía en ideoloxía, un ilustrado relixioso: Frei Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764). Tan só simplificou a duplicación vocálica, pasando a chamarse João da Silva Feijó. Tempo máis tarde, aló por 1783 , o científico comezou a enviar mostras botánicas do Ceará brasileiro ao Xardín Botánico de Prusia. Alí, Otto Karl Berg, botánico e farmacólogo alemán da Universidade de Berlín, especializado en flora suramericana, nomeou o froito co nome de feijoa para homenaxear o brasileiro. Foi entre os anos 1855 e 1859.
E é así como o noso Feijoo –sen velo nunca, nin saber del–, deulle nome a este froito. Por brincar, podemos revirar un pouco máis a historia, xa que resulta que o apelido –como é evidente–, vén de feixón, que é unha planta da familia das leguminosas tamén coñecida como faba –sobre todo a semente; as vaíñas son os feixóns verdes–, palabra que compartimos co portugués, idioma no que lle deu nome a un dos pratos máis típicos do Brasil: a feijoada. Sacado do Portal das Palabras
A danza do abellón
"Agora que remata o ano dedicado a Antonio Fraguas, quédanos unha última oportunidade para introducírmonos nunha das súas divulgacións antropolóxicas, a Danza do abellón. O cotobadés recolleu un relato sobre esta superstición no seu volume "Galicia insólita", publicado primeiro na colección Biblioteca Básica de Galicia da editorial Librigal e maís tarde noutras. Este rito documéntase por primeira vez nun poema de Alfredo Brañas.
E de que vai esta curiosa historia? Segundo a experiencia relatada por Alfredo Brañas neste poema, el mesmo descubriuna cando participou nun velorio en Vilanova de Arousa. Nun momento dado entraron todos os asistentes no cuarto onde se velaba a defunta e… comezaron a dar voltas arredor dela zoando baixiño coma un abellón! A crenza que estaba detrás deste curioso comportamento sostiña que aquel que deixase de fungar sería o primeiro en morrer. Polos comentarios dos versos, Brañas parecía non estar moi de acordo e pedía a prohibición desta superstición por parte da Igrexa. Poida que para que o poeta tivese esa opinión axudase a catástrofe que seguiu aquel episodio: con tanta xente e tanto baile, o piso cedeu, algúns asistentes quedaron esmagados e mesmo morreu unha vella (outra)". Do Portal das palabras.
18.11.19
Clärenore Stinnes foi a primeira persoa en planificar e dar a volta ao mundo en automóbil.
A alemá Clärenore Stinnes (1901-1990) foi a primeira persoa en planificar e dar a volta ao mundo en automóbil. En contra da opinión da súa familia adiñeirada organizou unha aventura que durou desde o 25/05/1927 ao 24/06/1929 a bordo dun coche Adler/Standard 6. "Quero ver o mundo desde o meu propio punto de vista", explicou cando comezou a viaxe. Co patrocinio da industria do automóbil do seu país, que xa a coñecía por ser un excelente piloto de carreiras, saíu con tres revólveres, cento e pico ovos duros que devoraba conducindo, e acompañada por dous mecánicos e un camarógrafo (o sueco Carl-Axel Sóderström) en dirección aos Balcáns. Ao pouco tempo os dous mecánicos abandonaron e só Carl-Axel, a pesar de maldicir todos os días nos seus diarios o intre no que aceptara aquel traballo, continuou engaiolado pola forza de aceiro da súa xefa.

Beirut, Damasco, Bagdad, Teherán, Moscova, Siberia... atravesan o lago Baikal xeado! (a primeira vez que se facía cun vehículo de motor) cruzan o deserto do Gobi e chegan a Pequín (tamén a primeira vez que un coche chegaba a Pequín desde Europa). Seguen en transbordador ata Xapón. Polo Pacífico con escala en Hawai ata América do Sur. Pasan a cordilleira dos Andes. En Valparaíso (Chile) embarcan en dirección aos Estados Unidos. Dende Os Ánxeles atravesaron USA causando sensación por onde van. En Detroit o propio Henry Ford amósalles a súa fábrica e en Washington recíbeos o presidente Hoover. Viaxan en barco ata Le Havre. Aí sube Martha Söderström para percorrer os últimos quilómetros co seu esposo e con Clärenore Stinnes. Ata Berlín a viaxe é monosilábica. Son recibidos con honores tras completar un periplo de 47.000 quilómetros a través de 23 países diferentes.

Atrás quedaban rutas a 50º. Frío de morrer conxelados. Fame e persecucións de bandas de ladróns. Avarías de todo tipo arranxadas con moito enxeño. Abrirse camiño con dinamita e case morrer de sede logo de beber ata a auga de refrixeración do auto. Por diante unha nova andanza xuntos logo do divorcio de Söderström. Deste nova viaxe el baixa no 76. Clärenore Stinnes chega a fin do traxecto en 1990.
Texto copiado de "Marcos López Concepción" nas redes sociais.
22.2.19
Estrenamos novo parque recreativo en Campolongo
O venres 15 de xaneiro de 2019 inagurouse o novo parque en Campolongo.
Ver nova en Pontevedra Viva (con máis fotos)
24.1.19
A píllara. Ave deste ano 2019
A Sociedade Española de Ornitoloxía SEO Birdlife vén de elixir, mediante votación popular, a que será a ave deste ano 2019 que acaba de comezar. A píllara das dunas ou píllara papuda é o nome co que coñecemos en galego a esta pequena ave limícola que habita nos areais. Ler máis
29.1.18
Un dos símbolos da Paz
Un círculo con tres liñas no seu interior, unha na parte superior e dúas na inferior en forma de pegada de ave, que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento hippie. Foi creado en 1958 polo deseñador británico Gerald Holtom para a campaña de desarmamento
" British Campaign for Nuclear Disarmament", aínda que despois o seu significado estenderíase ao sentido máis xeral de "paz" co que se interpreta hoxe en día. Holtom baseouse nas letras (Nuclear Disarmament) segundo o abecedario semáforo onde N representaríase con ambos brazos cara abaixo (un ao carón doutro ) e o D cun brazo vertical cara arriba e outro vertical cara abaixo. Tempo despois Gerald Holtom admitiu que se inspirou na pintura de Goya "3 de Maio en Madrid" onde un campesiño está a piques de ser fusilado, el arrepentiuse da connotación negativa do símbolo e quixo que se investise, é dicir que apuntase cara arriba, pero o seu desexo foi ignorado. Ver máis símbolos
11.1.18
Calendario Escolar 2018 - CEP CAMPOLONGO
Calendario Escolar feito por todas as titorias da escola. As persoeiras traballadas están todas relacionadas coa literatura, "Mulleres que contan".
17.11.17
3.11.17
2.3.16
O Can de Palleiro
Traballo presentado en Word e en Power Point, sobre o Can de Palleiro, can galego en perigo de extinción.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












