Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

21.2.21

21 de febreiro "Día da Lingua Materna"


"Falarlle a alguén nun idioma que entende permite chegarlle ó seu cerebro, pero falarlle na súa lingua materna significa chegarlle ó seu corazón". N.M.   VER  LETRA DA CANCIÓN  -  Artigo relacionado

17.2.21

Rexurdimente - CEP Campolongo - Curso 2018-19


Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño mais que darche,
nin ti máis que me pedir.

ADAPTACIÓN DO GRUPO  DE VACAS -    LETRA (Rosalía de Castro)

25.11.20

Multiplica igualdade e dividirás a violencia!

 O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria  xeral de  Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores  no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).
O obxectivo da convocatoria foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia . O xurado valorou a participación activa do alumnado nesta iniciativa, o traslado dunha mensaxe acorde co rexeitamento da violencia de xénero, a orixinalidade, a creatividade lingüística, a claridade e a adecuación da mensaxe. Os lemas gañadores en cada categoría poderá ser utilizados pola Xunta en futuras conmemoracións do 25 N ou en calquera outra acción de sensibilización. 
No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local. 

19.11.20

21.2.20

Neofalantes e Paleofalantes - 21 de febreiro "Día da Lingua Materna"

Paleofalantes, son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen se instalan nun idioma na idade adulta, chámaselles neofalantes.   Cada 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños

6.2.20

2 de febreiro - Día Mundial dos Humedais


Cada ano o 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais ( DMH) para conmemorar a data da firma do Convenio de  Ramsar, relativo á conservación destes ecosistemas, na cidade iraniana do devandito nome o 2 de febreiro de 1971. O obxectivo desta efeméride é visibilizar e crear conciencia sobre  o valor dos humidais para a humanidade e o planeta. Con este fin, cada ano selecciónase un lema que axuda a centrar a atención nalgún dos seus valores e funcións esenciais. 
O lema escollido para o Día Mundial dos Humidais 2020, “Os humidais e a biodiversidade”, foi seleccionado para chamar a atención sobre o importante papel que xogan estes ecosistemas no mantemento da biodiversidade. Os humidais son ricos  reservorios de biodiversidade. Algunhas cifras que axudan a entender ata que punto son hábitats importantes neste sentido son as seguintes:
Estímase que o 40 % das especies vexetais e animais do planeta viven ou se reproducen en zonas húmidas,
Ata a data documentáronse máis de 100.000  especies de auga doce nos humidais de todo o planeta, o 30 % das especies de peixes coñecidas son de humidal, e cada ano descóbrense 200 especies novas de auga doce,
A perda de biodiversidade en todo o planeta é un feito sobre o que os datos científicos dispoñibles non deixan lugar a dúbidas. As especies están a diminuír máis rapidamente que en ningún outro momento da historia, o ritmo acelérase e o cambio climático empeórao. A biodiversidade diminúe rapidamente, e as especies dos ecosistemas húmidos están a verse especialmente afectadas por esta tendencia. As cifras son  sobrecogedoras:
Entre 1970 e 2012 as poboacións de peixes, aves, mamíferos, anfibios e réptiles de todo o mundo diminuíron nun 58%. Desde 1970 diminuíu o 81 % das especies dos humidais continentais e o 36 % das especies dos humidais costeiros e mariños . O 25 % das especies dos humidais están ameazadas de extinción; isto inclúe ás aves acuáticas, os mamíferos dependentes da auga doce, as tartarugas mariñas e as especies que constrúen arrecifes de coral
Como podemos axudar a deter esta perda de biodiversidade xeneralizada?. Restaurar, conservar e utilizar  racionalmente os humidais é unha das maneiras máis eficaces. É necesario ter claro que hai moito que gañar mantendo humidais saudables e restaurando os degradados. 
Como en ocasións anteriores, a Secretaría do Convenio de  Ramsar deseñou materiais específicos para esta efeméride (carteis, folletos divulgativos, guía para docentes e organizadores, Mapa Mundial de Eventos, etc.), que se atopan dispoñibles no sitio web especificamente creado para o efecto. 
Polo seu lado, tamén este ano o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico quere sumarse á conmemoración deste Día Mundial dos Humidais ao obxecto de aumentar a sensibilización e promover o uso sostible dos nosos humidais e o mantemento da nosa biodiversidade. Con este fin contribuíu con varias accións de difusión: a instalación na fachada do Ministerio dun cartel de grandes dimensións inspirado no lema proposto por  Ramsar para este ano, a publicación de anuncios na nosa web corporativa e na web de  Ramsar, a distribución entre as Comunidades Autónomas de toda a información dispoñible, a emisión dunha nota de prensa, etc
Ver lista de humedais en España