18.12.15

Contos Galácticos con Onda Cero





O alumnado de 4ºB participou neste curso 2015-16 co programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio". Este ano presentamos uns contos inventados por eles facendo un roteiro matemático polas rúas da zona vella de Pontevedra.

Ver máis fotos

Máis na páxina web do cole.

Ver fotos dos libro cos contos.

19.10.15

Arredor de Manuel María


Blog específico de Manuel María aberto para que toda a comunidade educativa colabore. Na etiqueta "O que anda pola rede" pódese  atopar moita información.

4.10.15

Pontenciencia 2016

Comezan os preparativos para o Pontenciencia 2016. A nosa escola asistiu xunto con outras da cidade  para avaliar a xornada anterior  e axudar a organizar esta que imos preparar este curso 2015-16


Ver o traballo presentado na edición do ano pasado

Presume de Galego. Queres participar?

Elixe un  tema, un conto, unha poesía ... o que queiras. Prepárao e logo durante un minuto cóntallelo a alguén que te poida grabar. Ou incluso o podes grabar ti mesmo. Dállelo ó mestre Nito para que o poida subir a esta plataforma que "Presume de Galego"

Colabora para que o Galego dure Milprimaveras máis

Rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 da CGEDNL

 Premios da Cultura Galega 2015.

No apartado de Lingua, o premio concecido a CGEDNL foi rexeitado pola mesma pois considerouse  "unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega".




8.9.15

30 Aniversario de "1000 Primaveras" de Álvaro Cunqueiro


"As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. (…) Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: “aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'”.

Máis .

Ver foto da súa lápida

30.6.15

Passou por mim e sorriu - Deolinda

Versión dunha canción de Deolinda, cantada por Magdalena Gamallo, compañeira fai un par de anos aquí en Campolongo, e que agora está probando coa música portuguesa. A ela e a nós gústannos os fados.
Ele passou por mim e sorriu, 
e a chuva parou de cair 
O meu bairro feio tornou-se perfeito, 
e o monte de entulho, um jardim 
O charco inquinado voltou a ser lago 
e o peixe ao contrário virou 
Do esgoto empestado saiu perfumado 
um rio de nenúfares em flor 

Sou a mariposa, bela e airosa, 
que pinta o mundo de cor-de-rosa 
Eu sou um delírio do amor 
Sei que a chuva é grossa, que entope a fossa, 
que o amor é curto e deixa mossa, 
mas quero voar,por favor! 

No metro, enlatados, corpos apertados 
suspiram ao ver-me entrar 
Sem pressas, que há tempo, dá gosto o momento 
e tudo o mais pode esperar 
O puto do cão com o seu acordeão 
põe toda a gente a dançar 
E baila o ladrão com o polícia pela mão 
esvoaçam confétis no ar 

Sou a mariposa, bela e airosa, 
que pinta o mundo de cor-de-rosa 
Eu sou um delírio do amor 
Sei que a chuva é grossa, que entope a fossa, 
que o amor é curto e deixa mossa, 
mas quero voar,por favor!

Campaña "Presume de Galego" - CGEDNL

A viaxe das bolboretas

 
Traballo feito polo CEP Marcos da Portela no concurso "Nós tamén creamos"

Ver máis curtas

17.6.15

Nº 22 - Ollos de Aula

  Clica na imaxe se queres ler sobre:

- Chegaron as vacacións
- Coeducación,  moito por facer
- Repasar no verán ?
- Os estándares da LOMCE
-   Máis .....

Ver máis revistas

15.6.15

Nº 21 - Ollos de Aula - Revista para as familias

- Clica na imaxe se queres para ler esta pequena revista:

- 17 cousas que podemos facer pola lingua
- A Avaliación de 3º de Primaria
- Educar para a convivencia social

Ver máis revistas

11.6.15

Trotacontos 2015 - "Contos con Luz"


Un ano máis participamos xunto con outras escolas no chamado Conto viaxeiro ou Trotacontos. Máis ben nas últimas edicións está sendo un conxunto de contos relacionados cunha temática. Este ano foi o da Luz, por ser o 2015 "Ano Internacional da Luz"
Os nosos contos foron "As 3 fabas" e "O segredo dos vagalumes"

Se clicas na portada "Contos con luz" poderás ver todo o conto.
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo



27.5.15

VI Edición de Xadrez na Rúa


A Praza de España será escenario o venres 29 de maio, dende 10:30 horas, dunha nova edición de 'Xadrez na Rúa', na que participarán os centros escolares de Campolongo, Manuel Vidal Portela, Xunqueira II ...
A nosa escola participará co alumnado de 5º , un total de 100 alumnos.

Ver nova na prensa

17.5.15

Correlingua 2015

 
Neste ano 2015 o Correlingua chega á súa décimo quinta edición.   O  Galego, a nosa creación común! Un lema inspirado nos versos de Manuel María, activo participante no Correlingua. Un lema que quere facer fincapé na nosa capacidade criadora como pobo, na nosa riqueza como posuidores dunha lingua propia, no feito incuestionábel de que a lingua nos une e que con ela estamos no mundo, somos visíbeis, somos nós.

2.5.15

Maio 2015 Completo na Ferraría - CEP Campolongo

Máis sobre a Festa dos Maios

Pregón do Maio 2015 -- Rafael Quintia

Benvida ao Maio
Benvidas pontevedresas, benvidos pontevedreses, veciños das parroquias que ennobrecen esta vila. Benvidos todos os que hoxe estamos aquí reunidos, nesta nobre ágora que é a Praza da Ferrería, neste torreiro de pedra para dar a benvida ao Maio e acoller o seu alento de vida no seo da Boa Vila.
Aquí vén o maio
florido e galán,
tódalas rapazas
amores lle dan.
E aínda que non sexa eu a moura fermosa de loiros cabelos, a costureiriña bonita de alferga de ouro, nin a labrega belida vestida de flores e hedras, caeu en min este ano o honor de anunciar a chegada do Maio, e a boa fe que o fago con orgullo e emoción. Así que alá imos.
Érguete maio
Moito durmiches
Que pasou o cuco
E tin non o viches.
Pode alguén ter maior honra que dar a benvida á vida? Pode alguén anunciar feito máis celebrado que o esplendor da natureza, que o espertar da Nai Terra no seu anual rito rexenerador?
Invoquemos, pois, as forzas da natureza para esconxurar todo mal e toda ameaza. Loubemos as virtudes da Terra que todo dá para abrirlle os brazos ao Maio, para acollelo na alma do pobo labrego, do pobo que cuspe Terra na fala incluso cando fala con lingua allea.
Na roda do tempo
Hoxe volve o maio
Como volve o cuco
Ao cabo dun ano.
Houbo un tempo en que toda Galiza se enchía de Maios, de Maias, de Ramos de Maio, de Árbores de maio, de Coroas e Cruces de Maio… de Maios humanos que percorrendo as parroquias anunciaban con ledicia a chegada da Nai que calquera fillo da terra agarda. Un tempo ancorado xa na miña infancia no que eu mesmo percorrín os rueiros de Salcedo levando o Maio de casa en casa.
Aí vén o maio
Cargado de flores.
Aí vén o maio
Sementando amores.
Houbo un tempo e un país que cada ano se vestía de fiúncho, de carrasco, de margaritas e papillóns, de rosas e calas, de laranxas e ovos.
Este mes de Maio
É o mes das flores.
Cando os paxariños
Ven os seus amores.
Pois co Maio a primavera acada o seu máximo esplendor, e Pontevedra renace adobiada de Maios e Coroas. Engalanada de verde e ouro, esperta a Boa Vila do seu letargo invernal e co son dos paus, coas voces dos nenos, cos cantos das mozas pousa os seus ollos antergos nas lombas verdescentes da Fracha, nos cumios renacidos de San Martiño, de Santa María, de Santo André de Xeve.
Unha Pontevedra que soubo gardar, ao longo dos anos, o tesouro florido da nosa cultura tradicional mentres noutros lugares dilapidábamos a riqueza herdada de xeración en xeración.
Pontevedra boa vila
Daslle o Maio a quen pasa.
Remato xa e quero facelo lembrando as verbas do noso ilustre poeta Manuel Curros Enríquez cando, naquel poemario “Aires da miña terra” dicía:
Eu sonvos o probe
Do pobo gallego,
Para min nin hai Maio,
Para min sempre é inverno.
Dende aquí, co poder da auga da vella fonte da Ferrería, coa forza do mar de Lourizán, coa frescura do río de Tomeza, co arrecendo da carrasquiña do monte das Croas, co orgullo da Penalonga de Marcón, coa virtude do aceite de San Benitiño de Lérez e das candeas de San Brais, invoco de novo o espírito da Terra e do Maio para romper esa negra fada do pobo galego, para que dende hoxe sempre sexa Maio para Galiza, Maio de vida, Maio de esperanza, Maio para todos nós.
Eiquí está o maio
Co seu poderío.
Líbranos do trono
E do señorío.
Eiquí esta o maio
Para nos liberar
Do que é abusón
Ou quere abusar.
Non hai Maio sen ledicia, sen cantos, sen sátira ou sen risas. Así que nestes tempos incertos, de crise, roubos e saqueos. Nestes tempos de volta á barbarie onde os imbéciles e escuros abrollan como o negro chapapote, chámote Maio canda nós, imploro o teu poder e a forza anovada que traes para librarnos de tanto mal e dos ratos que nos comen o millo da paneira.
Eu son o Maio
Do pobo galego
Sen bruxas nin trasgos
Nin caciques nin cregos.
E ata aquí chegou a benvida. Nin eu teño máis que contarlles nin eu podo máis contare. Tan só me queda unha cousa que dicirlles:
E víchelo Maio
E víchelo ben
E víchelo Maio
Ata o ano que vén.
Moitas grazas e que Vivan os Maios de Pontevedra!!

Rafa Quintía Pereira
1 de maio de 2015

Ver máis da Festa

Maio 2015- CEP Campolongo (unha copla na festa e outra ensaiando)

Ver máis (fotos, artigos relacionados ...)

Letra do Maio do CEP Campolongo - 2015


Ver fotos do Maio 2015

Recurso de amparo contra o Decreto do Plurilingüísmo

A Academia, por acordo do seu Plenario, decidiu presentar un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o previo recurso de casación relativo á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario.  Ler máis