28.12.20

"Nós" - Palabra do Ano 2020


 

Grupo creador do Xornal
1- "Pronome persoal tónico de primeira persoa do plural tanto para o masculino como para o feminino que funciona como suxeito ou vai tras preposición".


Primeiras Edicións do Xornal
2- Van alá 100 anos : O 20 de outubro de 1920 naceu na cidade de  Ourense a revista Nós.    Ler máis

Xogar con moitas das  palabras deste ano 2020: Brincaletras 1 - Brincaletras II - Brincaletras III

27.12.20

Dicionario para un país "imposibel" (Xavier Seoane)


 

Libros: "E un voou sobre o niño do cuco " / "Acouga, Babau"


 

No tren da Vía Láctea

Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vento’ e ‘Gauche o violoncellista’. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado “o Principiño” da literatura xaponesa.  Ver na Editorial

Palabras do Ano 2020 da escola ( as que máis gustaron, as máis descoñecidas e as dos aniversarios)

Palabras que non se coñecían e
 palabras que  gustaron
 
Palabras dos aniversarios 2020

Clica nas  imaxes se as queres ver todas. (Buscar no dicionario)  - (Ver a orixe deste artigo)
- As palabras que máis gustaron  do galego no 2020 polo alumnado que votou da escola por Edixgal e pola Aula Virtual,  foron:  amorodo: 8 veces  - agasallo: 7 - bolboreta: 8 - agarimo: 6 - bico:  5 -  golfiño: 4.

- As palabras máis elixidas das que non coñecían do documento foron: Xermolo (4/01/2020): 14 veces - garatuxa: 10 - carballiza: 7 - mormeira: 4 - tándem : 4 - curota : 4   - bategada: 3 . Outras: calistro, alpabarda, xanzá, afelio, pándego, chorima, ervella, ávrego, dadaismo ...

- Con respecto ós aniversarios do 2020 os  que máis se repetiron foron

DÚAS PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO:  academia (19/09/2020), alpabarda, arrabalde, cenobio, novidade, feminizar, fontenla, laverca, migración , nota, pándego, patriarcal, orballeira, ovella, parabéns, rosquilla, tándem, trevo, trueiro, xuventude,

TRES PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO : brétema (31/03/2020), chacolí, murchar, trangalleiro, voluntario,

SEIS PERSOAS CO MESMO  ANIVERSARIO: Coello (14 de xaneiro)

Artigo relacionado

4.12.20

Canción "Lingua Guapa" - De Nestor Blanco e Fina Casalderrey

"Teño unha língua moi longa con kilómetros de historia. Leva palabras de azucre que aturuxan na memoria ... " Fina Casalderrey.  Ver  máis cancións : Paisaxe  -  Mundo louco -Vou cambiar o mundo -  Letra de O sapo   . Este libro-disco témolo na  biblioteca da escola. Achégate para escoitalo.

A Palabra Galega do Ano 2020

Na escola estamos a elixir as mellores palabras galegas deste ano 2020 (as máis curiosas, simpáticas, novidosas ...). Esta actividade, nada dende o Equipo de Dinamización Lingüística,  foi comunicada a todas as titorias para traballar tamén de forma voluntaria e  particular en cada aula. Nas Aulas Virtuais , os mestres de E. Física teñen postas  as preguntas que hai mais abaixo para poder respostar.  Hai varias maneiras de poder participar:      

    1º  Votar directamente de forma virtual na páxina web "O PORTAL DAS PALABRAS". (Ver as fases do proceso)

    2ª Enviar pola AULA VIRTUAL (1º, 2º, 3º e 4º de E.F.) ou EDIXGAL (5º e 6º de E. F.) as respostas das  seguintes PREGUNTAS:

    1ª Cal foi a palabra do teu aniversario? E a dos teus familiares? (Podes vela aquí). Ou aquí 
    2º Es capaz de debuxala. Se o fas non dubides en enviala pola plataforma ou  dárllela ó teu profesor cando che cadre.
    3º Como se di esa palabra en  castelán, éuskaro, catalán, portugués, francés e inglés?
   4ª Cales son as tres palabras que máis che gustan do galego? Se queres unha axuda consulta aquí.  Ou aquí. 
    5ª Escribe 5 palabras que non coñecías do documento anterior?
          
O Equipo de Dinamización escollerá as palabras máis votadas para dálas logo a  coñecer antes de que remate o curso. A data límite será o día 15 de decembro do 2020 para publicar logo as palabras elixidas.
ANÍMATE   E    PARTICIPA  
   "O galego precisa de ti"

Se queres tamén podes participar na "Palavra portuguêsa do Ano 2020

Homenaxeando ás "Bravas do Mar"

Entrega de premios

 O alumnado de 5º participou xunto a outras escolas na homenaxe ás "Bravas do Mar" escribindo historias baseadas nalgunha muller da súa familia ou en personaxes creados por eles mesmos. A través dos seus textos, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de  Sequelo, Campolongo, Carballal, e os de 1º e 2º de ESO de Chan do Monte e Illa de Tambo denunciaron a necesidade de igualdade entre homes e mulleres, á vez que reivindicaron todo o protagonismo para estas profesionais. Estes textos, un total de 100 obras, xunto coas Bravas que protagonizaron o material sobre o que traballaron nestes meses, foron os grandes protagonistas da gala celebrada no Edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ver nova na Voz de Galicia - Ver nova no Correo Galego

A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz

Un dos murais da escola
Lema



3 de decembro  "Día Internacional da Discapacidade"

Unha forma de saber cal era a vida media antigamente


 

Recomendacións de libros para o Nadal

Clicando na imaxe poderás ver as recomendacións de libros para Primaria

Ver todos os niveis en formato cataz (infantil, primaria, secundaria e adultos).
Ver outras recomendacións:  Biblodominicus  .
 

2.12.20

Refraneiro de Nadal

- As chuvias de Nadal, non fan mal.
- Aí vén o mes de Nadal, que non deixe  o millo sen apañar.
- Bo ano, Nadal soleado
- Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
- Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
- Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
- Decembro mollado, xaneiro xeado.
- Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
- Díxolle o neno a san Xoán , de ti a min menguarán, de min a ti medrarán.
- En decembro descansar e en Xaneiro traballar
- En decembro moita auga, en agosto lumes
- En Nadal todas as cousas andan mal.
- En Nadal, inverno a caroal. (Moi intenso)
- Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.
- Fías de Nadal, nin tecedeiras fan.
- Friaxe no Nadal, non fai mal.
- Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
- Nadal molladoe xaneiro ben xeado.
- Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro.
- Nadal sen porco non veñan moitos.
- Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val.
- Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro
- Nen en agosto camiñar nen en decembro navegar.
- Non gabes nen desgabes até que pasen sete navidades.
- No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
- No nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
- No nadal, hai veces que se come pardal.
- No nadal, inverno a fartar.
- O coello por san Xoán e a perdiz por Nadal
- O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día.
- O que non é o día de santa Lucía xa será outro día.
- O que queira ter bo allal pránteo no nadal.
- Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste.
- Os allos en nadal, nen nados nen por sementar.
- Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
- Pola Concepción ningunha galiña pon.
- Pola Santa Lucía deita túa galiña
- Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia.
- Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día.
- Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
- Polo Nadal,  frío cordial.
- Por Nadal inverno a fartar.
- Por Santa Lucía a pata dunha Galiña.
- Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.
- Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.
- Por Santos e Nadal, o inverno caroal.
- San Silvestre, meigas fóra.
- Santa Lucía o máis pequeno dos días.
- Santa Vivián, mociñas no liño e vella na lan.
- Santo Tomé agarra o cocho polo pé.
- Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
- Se o nadal nada, sinal de boa anada.
- Se polo Nadal neva, todo se aleda.
- Tantos días de sol en nadal como de auga en san Xoán.

# A Concepción de María celébrase o 8 de decembro.
# ↑ Santa Viviana, 2 de decembro.
# ↑ San Tomé, 21 de decembro; San Matías celebrábase o 24 de febreiro, se ben actualmente trasladouse ó 14 de maio.
# ↑ Santa Lucía, 13 de decembro.
# ↑ San Nicolao, 6 de decembro.
# ↑ Santa Baia, 14 de decembro.
# ↑ Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán.
# ↑ San Silvestre, 31 de decembro.

1.12.20

Cal será a palabra do ano 2020?

Primeira fase:  Recepción de propostas. Recolleremos as vosas suxestións dende o martes 1 de decembro ás 00:00 horas ata o domingo 13 de decembro de 2020 ás 23:59 horas.

Segunda fase: O luns 14 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do venres 25 de decembro.

Terceira fase: Tras recontarmos os votos, o luns 28 de decembro desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2020.

Suxestións: Ver as palabras elixidas  de todo ano agás decembro do "Portal das Palabras"

25.11.20

Multiplica igualdade e dividirás a violencia!

 O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria  xeral de  Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores  no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).
O obxectivo da convocatoria foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia . O xurado valorou a participación activa do alumnado nesta iniciativa, o traslado dunha mensaxe acorde co rexeitamento da violencia de xénero, a orixinalidade, a creatividade lingüística, a claridade e a adecuación da mensaxe. Os lemas gañadores en cada categoría poderá ser utilizados pola Xunta en futuras conmemoracións do 25 N ou en calquera outra acción de sensibilización. 
No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local. 

Os berros da motocicleta

Unha BD (Banda Deseñada)  sobre a vida de Josefina Arruti Viaño. Iniciativa do concello de Pontevedra, através do programa A memoria das mulleres.

Ver máis na páxina web de Pablo Prado.

Ver tamén  algo do seu Humor gráfico

Ver no Xornal Nós


19.11.20

3.11.20

Refráns do mes de Santos ( Novembro)


- No Mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- Por todos os santos, neve nos campos.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.
 - Polo Novembro as noites van crecendo.
- O que cava en novembro, o tempo perde.
 - De Santos á Navidá, é inverno de verdá.
 - Dende Santos ó Nadal é inverno natural.
 - De Santos a Nadal, inverno carnal.
 - De Santos á Ascensión non quites o mantón.
- Andar barquiñas, andar axiña, non vos colla o cordonazo de santa Catarina.
 - No mes dos mortos, mata os teus porcos.
 - Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
 - Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
 - Cando Santos remata, o inverno empeza.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.

Referidos a San Martiño (11 de novembro)

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.
- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
 - Polo San Martiño, trompos ao camiño.
 - Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.
- Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
- Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.
 - No día de San Martiño, abilla o teu viño.
 - Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.
 - Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
 - Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
 - Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
 - O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.
- O verán de San Martiño, pode ser grande ou pequeniño.
- Despois de San Mariño vén o inverno de camiño.
 - Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
 - Polo San Martiño, nen fabas nin liño.
 - Polo San Martiño, buxainas ó camiño.
 - Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
 - Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.
 - A todo porco lle chega o seu San Martiño.
 - O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
 - Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
 - Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
 - As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
 - Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello. -
- O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.
 - Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.

 Referidos a San Andrés (30 de novembro)

-Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés. 
 - Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.
 - Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.
 - Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.
 - Polo San Andrés colle o porco polo pé.
 - Polo Santo André mata o teu parco como o tes.
- Ende vindo Todos os Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é.

29.10.20

Cantos que contan "Mundo Louco" canción do disco "Lingua Guapa"


Vou cambiar o mundo





Unha das canciónsFina Casalderrey e Néstor Blanco  deléitannos con  “Lingua guapa e cos  "Cantos que contan…“, un libro disco de poemas que deu a luz este ano, recén saído do forno. Colobara no disco o "Coro Luís García Limeses"  que dirixe a profesora do noso  cole "Reyes Carballo".   Ver na páxina de Fina Casalderrey  Nas imaxes vemos a portada do disco e dúas das cancións do disco e  unha delas a estamos a cantar estos días no centro . O disco xa está a venda.  - Artigo relacionado "24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares"

Dobraxe de O noso Samaín

Fotos e Recursos para o Samaín


24.10.20

200 cantigas galegas

200 letras de cantigas galegas con ligazóns para poder escoitalas recollidas por Anxo González Guerra e Victoria Ogando Valcarcel na páxina "O galego. eu"

Outra páxina web para poder escoitalas Música.com
 

7.10.20

Pintar ten premio - Concurso Olla a Palabra do día!!

 (Clica en PINTAR PALABRAS TEN PREMIO) .Ver resumo coas palabras seleccionadas.

      A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan,O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de .... , primaria ...

      Establécense as seguintes categorías: ... Primaria 1. Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria. Primaria 2. Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria ...

      Cada traballo presentado ao concurso levará á linguaxe visual as palabras do día do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal) dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020 (de luns a domingo), que xirarán arredor dos seguintes temas: o Día da Nena, a vida e a obra do Protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero, o Samaín e a educación ambiental. Todas as palabras estarán dispoñibles, a medida que se publiquen, na ligazón https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/.

      Os traballos deberán incluír por escrito as 7 palabras da semana en que se inspiran e funcionar como mapas conceptuais ou apuntamentos visuais que sinteticen en imaxes a temática abordada, e que poidan dialogar con outros conceptos relacionados. As imaxes deberán referirse de forma clara cando menos a 5 das 7 palabras do día da semana elixida cando se concorra nas categorías Primaria 2 . Nas categorías de Primaria 1, a participación realizarase por aulas. 

      Cada aula poderá concursar cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas cando menos por outros 7 estudantes (ou toda a aula de seren menos). ...

       Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...). O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro.

Neste  blog do EDNL do CEP Campolongo, na columna da esquerda (versión web da páxina) estará  o logo permanentemente para entrar no Portal das palabras. Por defecto os blogs nos teléfonos móviles só mostran a columna central, nun ordenador de mesa vese o diseño completo.

VER A NOVA NO PORTAL DAS PALABRAS - VER AS PALABRAS TRABALLADAS

Ver as Bases do Concurso



1.10.20

Refraneiro do mes de outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono.  Ver o santoral completo anual


San Francisco, 4 de outubro.  

Os Remedios, o segundo domingo de outubro;

O Pilar, 12 de outubro.

San Lucas, 18 de outubro

San Xudas e San Simón, 28 de outubro.

San Quintín, 31 de outubro.



- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
 -  En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Outono, outonán, mes das San Lucas e maís san Froilán.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.

- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Polo san Simón, camiñar si, navegar non.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pró  amo e mais pró  ladrón.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- De setembro a San Simón, non comas o mexillón.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Outubro viñateiro, pai do bo xaneiro.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

Nota:

 - Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
-  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.

Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubroVer Santoral de todo ano.

Refráns do outono


Concurso "As imaxes do patrimonio"

Prazo de participación prorrogado até o 31 de outubro

Durante este ano 2020, e no marco da celebración do 25 aniversario, Ponte...nas ondas! amplía o prazo de participación no 3º Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos e ás famílias.

Unha actividade que pode axudar a conectar ao alumnado co patrimonio fotográfico da súa família e que se pode realizar como unha actividade individual a través de Internet. Unha actividade que motiva ao xoves a investigar no ámbito máis próximo e na súa propia realidade.

AS IMAXES DO PATRIMONIO

Un Certame para realizar coa familia e na que a xente nova pode coñecer moitos aspectos do patrimonio cultural que se encontran documentados nas fotografías familiares. Con estas imaxes podemos ter acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.

O patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares. Está localizado nas prácticas da vida cotiá que son realizadas polo membros da sociedade e que teñen nas famílias os núcleos básicos.A cultura inmaterial é aquela que é vivenciada polas persoas portadoras e como tal está documentada desde os inicios da fotografía.

As imaxes dos álbuns familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado dos centros educativos. Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da família para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas.


O CERTAME

Pódese participar on line enviando as imaxes co texto ao portal Web www.escolasnasondas.com

http://escolasnasondas.com/iii-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues/

Establécense dúas categorías e os seguintes premios:

1ª Categoría ( alumnado de E.Infantil e E.Primaria ):

• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora

• 2º premio: unha tablet de 10”

3º premio: unha cámara dixital compacta

2ª Categoría ( alumnado ESO, Bacharelato e Formación Profesional:

• 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora

• 2º premio: unha tablet de 10”

3º premio: unha cámara dixital compacta