29.11.18

Campaña Carné GALEFAS


1º Nivel
2 Nivel

3º NIvel
Parte de atrás
 Proposta de  modelo de campaña de normalización lingüística con  carnés GALEFAS (Galego falantes)Adaptado para o CEP Campolongo. Dáselle ó alumnado o carné que merece segundo consiga uns obxectivos. Tratase de fomentar a oralidade.  1º Nivel: MOUCHO:  Colabora nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego de cando en vez" (sempre que un mestre llo fale). 2º Nivel:GOLFIÑO. Participa nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego cando outros llo falan" (incluído os compañeiros) . 3º Nivel: DINOSAURO. Colabora e partipa nas actividades de Normalización Lingüística. Axuda a que outros tamén o falen. "Fala galego sempre ou case sempre" (dentro do horario lectivo).

17.11.18

Traballos do Outono 2018


Marcos G. 5ºB
Dario Z. 3ºA



Pedro L. 3ºA
?


Patri 2ºC
?



Rubén 1ºB
?
Noela 2ºC

Nicolás  1ºA
Artigo relacionado

14.11.18

Trompada 2018- Día da Festa

Participantes
Clasificación por nivel

Debuxos e premios


Participantes
Premiados
Non contamos os trompos pero sabemos que este ano batimos o récord de nº de participantes na Trompada. Calculamos que máis de 300  rapaces/as trouxeron este antigo enredo para desfrutar no "Día de San Martiño cos trompos ó camiño".

10.11.18

O magosto

O magosto é unha festa de orixe pagán, que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó so, deus fecundador da terra.
Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios fo mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas. 
Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

O magosto, hoxe en día, faise na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facerse no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal. Nas aldeas prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente. Despois de cantar, comézase a face-los preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose outras familias ou amigos, búscase o lugar apropiado (escampado, encrucillado, longa laxa de pedra), todos cantando e Facendo Leiras. Búscase frouma, palla e tamén acios de amorodos que estean a madurar.
Acéndese o lume. Pícanse as castañas para que non rebenten. Espérase a que desapareza o lume e fiquen as brasas para esparexe-las castañas, e despois hai que controla-lo seu punto.
Xunto coa festa do Maio e outras celebracións na actualidade forman parte en moitos centros do currículum escolar, que se xunta coas Cantigas e os Xogos Populares

Magosto 2018 - Traballos


O Magosto, unha festa relacionada co Samaín


 Ler máis "O calendario e a tradición galeica" (II Parte)

Ler a I Parte