28.5.19

Cantigas galegas "Mariñada de Rianxo" ("Ai Pepiño Adiós")

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,

quédate con nós (bis)
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós
(Bis toda a copla)


(e havos de pasar a vós.)


Ai Sálvora, ai San Vicente, (x 4 e )
as nenas bonitas hainas en Ourense. (x 2)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...
Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS
Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
As nenas bonitas sonche as de Santiago.

27.5.19

Xogo sobre a compostaxe


Primeiros Auxilios con María, Sara e Manu









Tres futuros enfermeiros/as, María, Sara e Manu, estiveron connosco para ensinarnos catro importantes "trucos" ou maniobras  de Primeiros Auxilios que poden salvar unha vida nunha emerxencia.  Ver máis fotosVer fichas de Primeiros Auxilios.

Máis na Etiqueta Primeiros Auxilios

Xadrez na Rúa e Xadrez Solidario 2019

Debuxo Gañador de P.A.T.

Xadrez Solidario


Outra nova xornada de Xadrez na Rúa na que participamos varios colexios da cidade (Manuel Vidal Portela, Xunqueira II, San Xosé e Campolongo). Xuntamos unha morea de alimentos para o comedor de San Francisco, trouxemos o premio para a escola que se acodou polo 1º posto no debuxo anunciador do evento, e pasámolo moi ben xogando e coñecendo a outros rapaces/as da cidade. Que máis se pode pedir ?
Ver máis fotos

Se te casas en Ourense

Se te casas en Ourense pídelle a proba primeiro (BIS)
da cacheiriña do porco e o bon viño do Ribeiro (BIS)

Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia,
se vas ó Ribeiro, vai por Ribadavia,
vai por Ribadavia, ven por Ventosela,
que hai unha neniña que dá xenio vela,
que dá xenio vela, dá noxo mirala,
se vas ó Ribeiro vai por Ribadavia.

Se me queres por amigo, dáme viño do Ribeiro,
pantrigo de Ribadavia, nenas do Chan de Amoeiro.
Retrouso
Agora xa non se leva pedirlles as fillas aos pais; [BIS]
entrar pola porta adentro: Meu sogro, que tal lle vai? [BIS]
Retrouso
Eu caseime no Ribeiro pola fama do bo viño [BIS]
e o lacazán do meu sogro soio tiña un pipotiño. [BIS]
Retrouso
Eu caseime por un ano por ve-la vida que era; [BIS]
o ano xa vai pasando solteiriño quen me dera. [BIS]

22.5.19

Letras Galegas 2019 e Ano Internacional das Linguas Indíxenas


Ver  Biografía de Antón Fraguas  - Ver Frases das Linguas Indíxenas  -

Biografía de Antón Fraguas - Letras Galegas 2019


Ver díptico  - Ver o acto das Linguas Indíxenas

2019 Ano Internacional das Linguas Indíxenas



LETRAS GALEGAS 2019 (3ºA, 3ºB e 3ºC)

Para celebrar o dia das letras galegas deste ano o alumnado de 3ºA, 3ºB e 3ºC fixemos dúas cancións en galego. A canción do inicio e do final de Dragon Ball Z en galego. De seguido podedes ver algúns dos  vídeos coas cancións...

3ºA

3ºB

3ºC

................................................................................................................................................


Noraboa rapaces e moitas grazas as súas titoras 
(Esther, Carmen e Maite pola súa colaboración)

20.5.19

Palabras Milenarias


Palabras Milenarias
Palabras elixidas


Cada alumno/a trouxo as súa/s palabra milenaria da casa para encher este mapa de Galicia. Bota unha ollada para ver se as coñeces. Se non é así, podes buscar neste dicionario. 

17.5.19

Cantigas galegas "Rumboia"


Federico Antón, Federico Antón
marcha mañana
Federico Antón, Federico Antón
para la Habana  (Bis copla)

Heime de casar pra Castro,
terriña de moita leña,
hei de traguer un feixiño
pra cando a rumboia veña.
-Anda Xoana, árdeche a Troia,
vente comigo, bailaremos a rumboia.
Viva a rumboia, rumboia viva,
viva a rumboia, anque sexa noite e día.

Federico Antón, Federico Antón
marcha mañana
Federico Antón, Federico Antón
para la Habana  (Bis copla)

-Miña comadre Polonia
non vin muller coma ela,
os ósos dállos ao home,
a carne cómea ela.
-Ou lindo lindo, ou miña xoia,
imos a Lugo, bailaremo-la rumboia.
Viva a rumboia, rumboia viva,
viva a rumboia anque sexa noite e día

Federico Antón, Federico Antón
marcha mañana
Federico Antón, Federico Antón
para la Habana  (Bis copla)

Vouvos da-la despedida
colghada da ghramalleira
o que non defenda a casa
vaia deixando a lareira.
Anda Xoana, árdeche a Troia,
vente conmigo bailaremo-la rumboia.
Viva a rumboia, rumboia viva,
viva a rumboia anque sexa noite e día.

Federico Antón, Federico Antón
marcha mañana
Federico Antón, Federico Antón
para la Habana  (Bis copla)

Díptico de Antón Fraguas


Ver en PDF  - Máis de Antón Fraguas

A nosa fonte - O Galego


15.5.19

Entrega de carnés Galefas - Nivel Esquío

A finais de Abril repartimos os novos carnés Galefas (nivel Esquío) eiquí podedes ver un vídeo cos novos carnés... e xa sabedes a seguir falando Galego!!!!


Lendas Galegas -5º e 6º


Lendas 5º
Lendas 6º
 Ver portadas dos libros

Cantigas galegas "Catro vellos mariñeiros"


Catro vellos mariñeiros, [x2]
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. [x2]

Aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá... [×2]

Os mariñeiros traballan [×2]
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. [×2]

Aila leelo...

Traio sardiña e bocarte, [×2] (1)
tamén xurelo pequeno.
Rapaciña de Viveiro,
ven buscar o lote
do teu mariñeiro [×2]

Aila leelo...

12.5.19

Letras Galegas - Antonio Fraguas - Recursos

Seminario Galán

Test sobre Antonio Fraguas


O Maio de Antonio Fraguas

Pasapalabra sobre Antonio Fraguas


Brincaletras sobre Antonio Fraguas

8.5.19

Cantigas galegas "A Carolina"


A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e díspese polos pés.
-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
-Bailaches Carolina?
Bailei abofé
Dime con quen bailaches
-Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina
Bailei abofé

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor

Co teu amor Carolina
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar   (BIS copla)



Cantigas galegas "Foliada de Asén"


Ai teño unha moza en Asén
ai outra no Castiñeiriño
ai quérolle máis a de Asén
aí porque dorme no muíño (Bis)
ailalelo, ailalala

Ai se queres aquí, aquí
ai se queres alá alá
ai se queres na túa porta
Ai na túa porta seráa
ailalelo, ailalala

Aí unha vella nunha fonte
ai por unha berza bebía
ai a berza estaba rachada
ai toda a augha llevertía
ai toda a augha llevertía
ailalelo, ailalala







7.5.19

A Coroa cos farois sae na prensa



A Coroa do Maio saiu na prensa denunciando a desparación das farolas da Ponte do Burgo na súa nova reforma. Por outra banda tamén fixemos unha cantiga romantica da mesma.
"A coroa feiticeira
ilúminase cos trilos
é facho de Breogán
é farol dos peregrinos"

Mural da escola - Letras Galegas 2019

 Máis sobre Antonio Fraguas

Cantigas Galegas - "Fisterra"

Fisterra vai na proa
Camariñas vai no mare
Santa Uxía de Riveira
Poboa do Caramiñale

Retrouso:
Eu tamén choro
eu tamén choro
cando non me alumean
meu ben
eses teus ollos
Eses teus ollos
Eses teus ollos
cando non me alumean
meu ben
Eu tamén choro

Se queres que brile a lúa
pecha os ollos meu amore
que mentras os tes abertos
a lúa pensa que hai sole

(Retrouso)

Para sardiñas Aguiño
para bolos Castiñeiras
para rapazas bonitas
Santa Uxía de Riveira
(Retrouso)

Día do libro (23 de abril)

Dende o departamento da biblioteca (Reyes) propúxose ésta actividade que entusiasmou ao alumnado ( Os 20 min de lectura fixéronse no patio). Alí os máis maiores líanlle uns contos aos pequenos e viceversa. Encantoulles...
Eiquí podedes ver unhas fotos do momento no que o alumnado desfrutaba coa lectura e cos compañeiros...

 

 


 

 

 


 


 

 

 

 

 

                                        FELIZ DÍA DO LIBRO.....23 DE ABRIL!!!!!