OS COGOMELOS (Esta páxina aínda se está armando)
|
|||
Os que están no carballo e no castiñeiro,
ou preto delas non son velenosas (normalmente)
|
|||
REFRÁNS OU DITOS
|
|||
-Moito tes que saber para cogumelos
comer
-Cando fales dos cogumelos fala dos
malos e non terás pleitos cos aconsellados
-Comer cogumelos con aprensión fanche
dano aunque sexan bóns
-O peor do erro e o enterro
- Si queres morrer, a cegas fungos
coller
|
- O
que de cogumelos se farta, non lle ten medo a morte
- Cogumelo
murciado, xa rexeitado
- Falar
pouco, e mal, sí de fungos tes que falar
- Fungo
regalado con discreción riralo
- Vale
máis fungo perdido que comido
- O
fungo bo, pronto deixa sé selo
- Dun erro, faise un enterro
|
||
ADIVIÑAS
|
|||
Redonda,
redondiña,
ten pé e anel, e fariña branquiña.
Ten a cor da moa do muíño
e nunca moeu grao de ningüén.
(O cogordón)
|
Alto pimpín,
redondín, redondín;
follas ten, follas ten
que non llas conta ninguèn.
(O choupano)
|
"Redondiño,redondiño,
como o pé dun borriquiño,
tantas folliñas ten,
que non llas conta
ninguén."
(Pleorotus ostreatus)
|
"No teño cabeza,
pero levo sombreiro,
estou, entre outros,
no carballo e no
castiñeiro."
|
Redondín, redondín,
como o pè dun xardín:
follas ten, follas ten,
non las conta ninguén
|
“Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta
fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba”
(A pinga da auga e o fungo)
|
"Redondiña, redondiña,
nace de pé como un fuso.
Follas ten, follas ten,
non llas conta ninguén."
(Pleorotus ostreatus)
|
Hainos
no campo
cómense
algúns,
coidádo
cos outros
que
cha da un cataplús.
|
Sombra
de lateiro, fungos da muña no abeiro (L. Deliciosus)
|
Ollo
á mexada, si fungos da muña, van na empanada
(L.
Deliciosus)
|
Cásate
con il, si che deixa o anel
(L.
Deliciosus)
|
|
Choupin,
choupiñeiro donde esta o teo compañeiro
(Choupín)
|
“Sete
nun pé choupin malo é”
(Choupín)
|
Choupin
torgallo, a tixola con beluga e allo
(Macrolepiota
rhacodes)
|
|
Zarrota,
zarroteira, dime ónde está a túa compañeira
(Macrolepiota
procera)
|
Cando
as caracochas empezan a pingar os figados podes atopar
(Fistulina
hepatica)
|
||
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
Amosando publicacións coa etiqueta Cogomelos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cogomelos b>. Amosar todas as publicacións
24.3.20
Curiosidades dos cogomelos
20.11.18
Exposición de Cogomelos
Os de segundo fixeron a "Saída Micolóxica" con Jaime Blanco e con Amancio polo Lago Castiñeiras. Trouxeron unha morea de cogomelos, algúns deles tóxicos, para facer unha exposción no cole durante esta semana , ata o venres 23 de novembro.
17.12.14
Armillaria mellea
Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi
7.12.14
Descuberto en Cerdedo un novo cogomelo `Ramaria Cercedensis`
O experto pontevedrés en micoloxía, Jaime Blanco Dios, anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo.
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur). O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"
25.10.14
30.10.12
28.10.12
Queres aprender algo sobre os cogomelos?
Video moi interesante onde explica cales son e como recoñecer algúns dos cogomelos comestibles e cales non se deben coller por ser tóxicos ou perigosos.
25.10.12
Exposición do Outono en Campolongo 2012
![]() |
| From Traballos do Outono 2012 |
20.10.12
O Outono - Cogomelos e castañas -1º Ciclo
Xogo para aprender sobre os froitos de outono, en especial os Cogomelos do Samáin e as Castañas do Magosto
-
-
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





