31.1.18

O Día da Paz no curso 207-18


Alumnado pintando o símbolo da Paz
Alumnado pintando o símbolo da Paz


Monitores e representantes das aulas 
Máis de 500 nenos facendo o símbolo

Comunicándonos en Yogote


Coreografía Juan XXIII
Grupo Ecopercusión
Este ano escollemos o símbolo da Paz que nun inicio comezou para pedir o desarme Nuclear . Dentro do símbolo recitamos o poema de Gloria Fuertes, e acompañámolo con Yogote. No acto o Centro Educativo de Educación Especial Juán XXII participou no Manifesto e cunha fermosa coreografía. Uníronse a esta celebración o alumnado de Ecopercusión do centro. Rematamos cantando  "Todos somos capitáns" de Magín Blanco . Ler a historia do símbolo  - Ver o vídeo do Yogote  - Ver fotos na web do cole. - Ver vídeo na páxina web do cole.

29.1.18

Murais do Día da PAZ - 2018



Máis sobre a Paz

Un dos símbolos da Paz


Un círculo con tres liñas no seu interior, unha na parte superior e dúas na inferior en forma de pegada de ave, que tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura e movemento  hippie. Foi creado en 1958 polo deseñador británico  Gerald  Holtom para a campaña de desarmamento
 " British  Campaign  for Nuclear  Disarmament", aínda que despois o seu significado estenderíase ao sentido máis xeral de "paz" co que se interpreta hoxe en día.  Holtom baseouse nas letras (Nuclear  Disarmament) segundo o abecedario semáforo onde  N representaríase con ambos  brazos cara abaixo (un ao carón doutro ) e o D  cun brazo vertical cara arriba e outro vertical cara abaixo. Tempo despois  Gerald  Holtom admitiu que se inspirou na pintura de Goya "3 de Maio en Madrid" onde un campesiño está a piques de ser fusilado, el arrepentiuse da connotación negativa do símbolo e quixo que se investise, é dicir que apuntase cara arriba, pero o seu desexo foi ignorado. Ver máis símbolos

25.1.18

MAGIN BLANCO - TODOS SOMOS CAPITANS

Imos á procura dun soño, faremos lúas de papel
Levamos a choiva nos ollos, o mellor aínda está de ser.

Imos á procura dun soño, tentarémolo conseguir
A maxia está do noso lado e levarémola xunto a ti

Todos somos capitáns
Compañeiros de lugar
Ti sorrís coma nós
Porque somos coma vós.

Imos á procura dun soño, por lonxe que pareza estar
Nadaremos cos golfiños polas ondas do teu mar

Imos á procura dun soño, pecha os ollos e verás
Hai estrelas e camiños que sempre nos guiarán

Todos somos capitáns...

Imos á procura dun soño, faremos lúas de papel
Levamos a choiva nos ollos, o mellor aínda está de ser

Todos somos capitáns ...

Todos somos capintáns, compañeiros de lugar,
Ti sorrís coma nós, porque somosssss coma vóooooos

Os mil e un nome de bechos

"Así como a lingua galega ofrece máis de 100 termos para denominar os diferentes tipos de choiva, o léxico tamén aporta infindas ideas para denominar á fauna e á flora.  Unha rápida busca no dicionario da Real Academia Galega abre ante nós un grande abano de nomes, case sempre creados grazas a séculos de sabedoría popular.
Son de sobra coñecidas as diferenzas á hora de denominar algunhas especies de peixe dependendo do lugar da costa galega onde se capture. É, por exemplo, o caso da xarda, tamén coñecida como cabala, correolo, escombro, rincha, rinchón ou verdel. Non en tanto, nestas liñas ímonos centrar nas especies de insectos e outros animais de pequeno tamaño.
Unha das especies máis ricas en canto a definicións é o vagalume (Lampyris noctiluca). Máis dunha decena de sinónimos: bicho do lume, cociñeiro, coco de luz, lucecú, meiga, vella, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo as papas, vella facendo o caldo, vella sen dentes, velliña da cea, verme canteiro, verme carpinteiro, verme da luz ou verme de luz". 
 Artigo sacado de Galiciencia 

10 mulleres científicas

1- Marie Curie (Polonia, 1867-1934)
2-Lise Meitner (Austria, 1878-1968)
3- Rachel Carson (Estados Unidos, 1907-1964)
4- Mae Jemison (Estados Unidos, 1956)
5- Rosalind Franklin (Reino Unido, 1920-1958)
6- Inge Lehmann (Dinamarca, 1888-1993)
7- Katherine Johnson (Estados Unidos, 1918)
8- Ada Lovelace (Reino Unido, 1815-1852)
9- Mary Anning (Reino Unido, 1799-1847)
10- Barbara McClintock (Estados Unidos, 1902-1992)

Ver en castelàn

Billie King - Unha da mellores tenistas e deportistas de todos os tempos


Billie King, foi unhas das  grandes xogadoras do tenis. 
Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”.
O sindicato STES elexíuna para o seu calendario "Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo" (mes de xaneiro).

Sahara. Paz. Palabras de Caramelo

17.1.18

María Victoria Moreno - Letras Galegas 2018





"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor". María Victoria Moreno



Trotacontos ou Conto Viaxeiro - Xuntanza da organización 2017-18

A xuntanza fíxose no CEIP Campañó. O título  elixido foi "Os asubíos da fraga". Cada cole escolle a temática que considere relacionada co título: animais,  árbores e prantas, medio ambiente, incendios, .....

Farase un só conto, xuntando infantil e 1º ciclo de primaria.

Cada aula fai unha páxina. Como sempre en A3 horizontal (297 x 420), deixando un marco na páxina.  Letra lexible, pensando que as páxinas van a ser reducidas para impresión,  seguramente en A5 (148 x 210)

A portada farémola en Campolongo cunha selección  de todo o material que entreguedes, intentando que saia algo de todos os  colexios participantes.

Non esquezades de enviar por correo as fotos dos grupos das aulas que traballan.

Se enviades un anaco de video podemos facer tamén unha montaxe igual que o ano pasado.

Acordamos entregar todo como máis tardar o  venres 6 de abril Entregarase o material na conserxería do CEP Campolongo, que é o centro coordinador neste curso.    -  Ver Contos de outros anos

NOTA. Este artigo está neste blog na etiqueta "Trotacontos", por se nalgún momento queredes recordar algo do acordado.

Nº Exemplares: Alumnado, profesorado e Biblioteca

CEP:  Campolongo: 85  -          Nº páxinas: 3
EEI Crespo Rivas: 85   -           Nº páxinas: 3
EEI  Xeve :  48              -          Nº      "         3
EEI Fina Casalderrey: 70 -        Nº     "         3
CEIP Campañó: 90          -        Nº      "        4
                                     

Total: 408 exemplares   + 10 do Concello = 418 
Total páxinas:  18 + Indice/Portada/Contraportada+ fotos = 24

GASTOS:
CUSTO IMPRESIÓN  (Grupo Tres):  2,05 € + 4% IVA cada exemplar
CUSTO CONTACONTOS (Polo correo do vento): 1573 € (IVA incluído). Todas as sesións

13.1.18

Balea Varada

"S. Barandán ou San Brandán, prior de máis de tres mil monxes, das terras de Irlanda, buscando o paraíso, viuse un día envolto nun Nubeiro viaxando nun dos seus barcos, e arrastrado polos ventos foi parar preto dunha das nosas illas. Como aínda non tocaba terra, unha balea protexida polos mouros deulle un empuxón e arrastrouno dentro da ría . O santo salvouse pero a balea quedou varada e non puído saír. San Brandán sentíuse tan agradecido que implorou durante noventa días e noventa noites ós deuses pola balea, conseguindo deste xeito, que aínda hoxe se poida ver a “Balea Varada” (Illa de Tambo) dentro da ría de Pontevedra, no mesmo sitio onde quedara encallada". Ver o conto en Galicia Encantada