Amosando publicacións coa etiqueta Lexislacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lexislacion. Amosar todas as publicacións

2.5.15

Recurso de amparo contra o Decreto do Plurilingüísmo

A Academia, por acordo do seu Plenario, decidiu presentar un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o previo recurso de casación relativo á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario.  Ler máis

15.3.14

O Parlamento aproba por unanimidade a ILP Paz Andrade

Incorporar o galego ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobaba esta mañá por unanimidade logo de ser apoiada por máis de 17.000 sinaturas. Parlamentarios de todos os grupos destacaron a oportunidade que supón para o noso país procurar un maior achegamento coa lusofonía. Ver texto normativo

22.9.13

Lingua de Referencia Inicial


Se se cumprira este pequeno acordo (proposición non de lei)  consensuado polos tres partidos que actualmente están no parlamento, coido que o problema do galego quedaría nunha porcentaxe moi alta solucionado.

Para que fan acordos se logo non se cumpren?

ou, como dicía Xose Manuel Pintos:

"Que terá, Señor,
esta  fala Galega, 
para ser tan refugada,
 aínda polos mesmos fillos de Galicia?

Decreto do Pluriguísmo de 2010. Capítulo II. Artigo 3.1. A lingua na administración educativa


Ver todo o Artigo 3, do capítulo II

Ver artigos anulados

Artigo 14. Punto 3 da Lei de Normalización Lingüística

Artigo 14

3. As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.

Ver Lei de Normalización Lingüística

Ver máis lexislación

Ver Doga

Ver Lexislación da Secretaría X. de Política Lingüística