21.6.13

Premio Leixaprén 2012-13






















O 21 de xuño, inicio do verán e remate do curso 2012-13, tivemos o honor de facer a entrega do Premio Leixaprén que outorga  a  CGEDNL. Este ano o galardón concedeuse no ámbito deportivo e o gañador foi o triatleta Javier Gómez Noya.   Despois de ler unha pequena presentación do premio, recolleron  o agasallo o seu adestrador asturiano Omar González e   e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba.

O  galano concedido foi un cadro alegórico donado polo  artista galego "Alvaro Negro"   (ver páxina web)
Nós na escola, aproveitamos o día tamén para entregar outros premios de ámbito deportivo e facer uns xogos, un deles,  " O xogo da Carrasquiña" , fíxémolo despois do acto , en honor a Javier Gómez Noya.  "Ver o xogo  ". (Este que aquí vedes foi gravado no Magosto). Rematouse esta pequena homenaxe  pedíndolle ó seu adestrador e a representante da Federación, que todos os nen@s de Campolongo esperamos unha visita deste campión galego cando teña un mellor calendario que faga posible unha escapada ó noso centro. Agora mesmo atópase en Manzaneda, preparándose na montaña para a próxima proba internacional que será en Austria.

Artigo relacionado:  O CEIP Campolongo entregará o Premio Leixaprén...

19.6.13

Eurodeputados instan a aprender a lingua minoritaria desde idade temperá

A Comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou por unanimidade un informe para instar aos Gobernos a que protexan as linguas en risco de desaparición e promovan a súa aprendizaxe na escola desde a idade máis temperá. O informe recolle de modo explícito a importancia de que os idiomas minoritarios se ensinen na etapa preescolar. O acordo por unanimidade incluíu varias emendas de compromiso, unha delas a de instar aos Estados membros a que establezan políticas lingüísticas que permitan aos nenos aprender a lingua en perigo como lingua materna desde a máis temperá idade.

Ver nova na prensa

14.6.13

Presentación do Trotacontos "Cunha man chea de auga ..."


Trotacontos de Infantil, feito por varias escolas de Pontevedra: CEIP Campolongo, CEIP Campañó, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve,  EEI Verducido e EEI Fina Casalderrei.

Ver o trotacontos de Primaria"O sunami que estragou a cidade das figuras xeométricas"

  Artigo relacionado

Presentación do Trotacontos "O sunami que estragou o país das figuras xeométricas"


Trotacontos de 1º Ciclo de Primaria , feito polas escolas de Pontevedra: CEIP Campolongo, CEIP Campañó, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Marcón e EEI Verducido.

Ver  o outro trotacontos, o de infantil,  "Cunha man chea de auga"

  Artigo relacionado

9.6.13

O Premio Leixaprén para Gómez Noya, será entregado no CEIP Campolongo este venres 21 de xuño



O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, centrouse na súa edición de 2013 no ámbito deportivo, que constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influíntes hoxe en día na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade.

O triatleta Javier Gómez Noya ( gañador desta edición),  de enorme prestixio mundial e un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade, resultou ser o deportista máis votado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.

O ciclista Gustavo César Veloso, a adestradora Pilar Neira Martínez e a futbolista  Verónica Boquete completaron o elenco de candidaturas propostas polo comité de selección do Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén,  da CGEDNL,  será entregado no CEIP Campolongo o día 21 deste mes, xuño, ás 12:00 h, despois de xogar e correr na Festa de Fin de Curso.

7.6.13

Xogando coa Camelia



Clica na imaxe e aprende xogando con este edilim feito na nosa escola,  curiosidades da Camelia. Se tes  algún traballo feito da camelia igual o atopas no xogo.
Este , xunto con outros, podes atopalo  neste blogue na categoría ou coa etiqueta "Xogos LIM" ou na páxina web da escola, na Categoría ESCOLA UNESCO  ou algún deles na Categoría Xogos,  Educación Física.

3.6.13

Ecolingüísmo - Teresa Moure


Neste artigo a autora fálanos de cómo naceu a ecolingüística, reflexionando sobre ideas como que ninguén protexe o que non coñece ou a conexión das linguas co seu contorno; explícanos a diferenza entre ecolingüismo e ambientalismo, en que debería consistir o activismo lingüístico e, por último, insiste na idea de que o futuro das cosmovisións que hai detrás de cada lingua -patrimonios culturais e intelectuais da humanidade-, pasa por ter unha actitude responsable que precisamente trate de evitar a perda de linguas no mundo.

Artigo da CGEDNL da revista para Pais/Nais "A letra Miúda"


Máis artigos.