30.10.19

O caveiras no Samaín 2019

Todas






Aquí temos unha selección das orixinais caveiras presentadas na escola. Que difícil é escoller as mellores !!! Ver máis fotos

11.10.19

Actividades Dinamizadoras do Galego do Concello de Pontevedra 2019-20

 Ver as actividades en PDF

- Xornadas micolóxicas: solicitude ata o 25 de outubro ou ata rematarmos os obradoiros contratados. (Este ano a actividade está preparada para 5º e 6º)

- Obradoiros do 2º e 3º trimestre e charlas: solicitudes  ata o 30 de outubro
- Camiñadas e exposicións: ao longo de todo o curso.

Solicitar curso na paxina do Concello

Saída dos de 6º polo río Gafos - Outono 2019


martes 1 de outubro e o 11 de novembro de 2019,  os de 6º de primaria (75 alumn@s), cos seus profesor@s e coa colaboración da Asociación Vaipolrío ,  fixemos a saída polo río "Ghafos" até o Muíño de Cabanas. Entre outras cousas coñecimos, o sendeiro,  os restos dos muíños que temos no tramo urbano na zona antes coñecida entre o río  Menexo e o Gorgullón, as árbores da ribeira do río, o nome das súas pontes, algunhas das plantas do río  , as autóctonas como o narciso , as invasoras,  nomes de  algúns paxaros,  as lendas (A Moura do río GafosO demo Asubiador, Os Trubincos )e  remataremos cunha visita ó Muíño de Ver traballo -Ver fraseoloxía das pontes - Fraseoloxía do río -
Con Eva Gómez Cortés
Cabanas, na zona de Salcedo.  Como curiosidade da primeira saída dicir que nos atopamos con Beatriz Gómez Cortés, unha lenda da natación galega.

VER NOVA NA PRENSA

PREGUNTAS  DO TRABALLO : As solucións podelas atopar nas ligazóns do texto anterior,
  1. Que sifnifica a palabra Gafos?
  2. Cales son árbores máis importantes da ribeira do río Gafos?
  3. Cales son os muíños da zona urbana do Gafos? Máis no blog de E. Física
  4. Como se chamaba o muíño que había dentro do recinto do colexio de Campolongo e do Crespo Rivas?
  5. Que significa Gorgullón?
  6. Cal é o afluente máis cercano ó muíño de Cabanas?
  7. Cales son as partes máis importantes dun muíño ?
  8. Desde que ano está cuberto o río na zona de Campolongo?
  9. Que outros nomes tiña o río na zona de Campolongo?
  10. Que planta se atopou polo río Gafos que é endémica desta zona?
  11. Cal é a lonxitude do río Gafos? Cal é a lonxitude da parte cuberta?
  12. Cales son lendas que temos no río Gafos?
  13. Cal é a árbore máis alta da zona urbana do río Gafos?
  14. Cal é a árbore onde podemos ver carrabouxos?
  15. Que diferenza hai entre un niño de morcego a un de paxaro dos que colocou a Asociación Vaipolorío?
  16. Quenes son os Trubincos? E o Demo Asubiador ?
  17. Cales son as plantas e árbores invasoras máis importantes no río Gafos?
  18. Onde nace o río Gafos?
  19. Cales son as árbores representativas das Brañas? E das Fragas? E dos soutos? Ver díptico.
  20. Nos consellos sobre unha marcha quen debe ir primeiro nun grupo grande? Ver díptico.
  21. Que diferenza hai entre unha cascada e unha fervenza?
  22.  Fraseoloxía do río  -     Ver traballo de fraseoloxía sobre o río Gafos.  
  23. Coñecer algunha adiviña sobre o río. Ver Adiviñanceiro do río
Cos freixos no Gorgullón
Outras curiosidades:
  1. Ver traballos do cole :  Sabugueiro Loureiro, Freixo ...
  1. Outras ligazóns de interese: Sabugueiro, Amieiro, Bidueiro, Salgueiro ...