4.12.20

A Palabra Galega do Ano 2020

Na escola estamos a elixir as mellores palabras galegas deste ano 2020 (as máis curiosas, simpáticas, novidosas ...). Esta actividade, nada dende o Equipo de Dinamización Lingüística,  foi comunicada a todas as titorias para traballar tamén de forma voluntaria e  particular en cada aula. Nas Aulas Virtuais , os mestres de E. Física teñen postas  as preguntas que hai mais abaixo para poder respostar.  Hai varias maneiras de poder participar:      

    1º  Votar directamente de forma virtual na páxina web "O PORTAL DAS PALABRAS". (Ver as fases do proceso)

    2ª Enviar pola AULA VIRTUAL (1º, 2º, 3º e 4º de E.F.) ou EDIXGAL (5º e 6º de E. F.) as respostas das  seguintes PREGUNTAS:

    1ª Cal foi a palabra do teu aniversario? E a dos teus familiares? (Podes vela aquí). Ou aquí 
    2º Es capaz de debuxala. Se o fas non dubides en enviala pola plataforma ou  dárllela ó teu profesor cando che cadre.
    3º Como se di esa palabra en  castelán, éuskaro, catalán, portugués, francés e inglés?
   4ª Cales son as tres palabras que máis che gustan do galego? Se queres unha axuda consulta aquí.  Ou aquí. 
    5ª Escribe 5 palabras que non coñecías do documento anterior?
          
O Equipo de Dinamización escollerá as palabras máis votadas para dálas logo a  coñecer antes de que remate o curso. A data límite será o día 15 de decembro do 2020 para publicar logo as palabras elixidas.
ANÍMATE   E    PARTICIPA  
   "O galego precisa de ti"

Se queres tamén podes participar na "Palavra portuguêsa do Ano 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario