Amosando publicacións coa etiqueta Maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maio. Amosar todas as publicacións

21.4.20

Coplas Maio 2020

EDNL

Familia Tomás P. B. 6ºC


Familia Nicolás G. C.

Familia Rial García




Victoria 6ºA

Manuela A.M.
J.Antonio F. L. (5ºC)
Aquí temos algunhas das coplas para o Maio que se fixeron até o momento. Ver as de Beltrán

23.3.20

A festa dos Maios en diferentes zonas da Galiza

Arriba tes un resumo da tradicional Festa dos Maios en diferentes zonas da Galiza. Logo temos a letra do noso Maio (2011), que, entre outras cousas, tamén fala da lingua.

Somos un e máis de dous
somos miles pola lingua
somos moitos pelexando
para que non sofra mingua.

Moitos séculos escuros
coa Lingua esquecida
resistindo da aldraxe
a que estivo sometida.

Grazas á oralidade
o galego segue vivo
coas tonadas e cantigas
foise abrindo camiño.

Os que desprezan a Lingua
da terra onde naceron
xa semellan renegados
ou o xuízo perderon.

Galegos amade a Lingua
porque é o noso tesouro
agarimo dos que falan
coa palabra dun pobo.


17.3.20

Elaboración de coplas para o Maio

Maio 2019
Para toda a Comunidade Educativa:  Animádevos a facer algunha copla para o Maio!!!!  Crear e moi divertido!!!
As coplas están formadas por 4 versos de 8 sílabas con rima asonante: riman os versos pares (2 e 4), quedando libres os impares (1 e 3).  Na etiqueta Maio deste blog tes un montón de coplas para ver como son e como se cantan.
Se queres envialas por correo podes facelo ou ben o correo do cole ou ben o correo do Equipo de Dinamización Lingüística: ghafoscampolongo @ gmail. com  Os que tedes Edixgal (5º) tamén o podedes facer por esa plataforma.

7.5.19

A Coroa cos farois sae na prensa



A Coroa do Maio saiu na prensa denunciando a desparación das farolas da Ponte do Burgo na súa nova reforma. Por outra banda tamén fixemos unha cantiga romantica da mesma.
"A coroa feiticeira
ilúminase cos trilos
é facho de Breogán
é farol dos peregrinos"