19.2.14

Receitas, máscaras e vocabulario do Entroido

Sabes o que é unha androlla, un boteiro ou  un charrúa, .....?

Clica na imaxe  se o queres saber, e ademais verás tamén  receitas clásicas,  diferentes máscaras da Galiza e o vocabulario máis importante sobre estas dastas.

18.2.14

O Samaín de 3ºC


Se queres ler uns contos e pasar un "pouquiño de medo" clica na imaxe e vixarás por eles.

17.2.14

O Carro - Fuxan os Ventos


Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

10.2.14

O carro


Clica na imaxe para coñecer un pouco a historia do que ata fai pouco foi o medio de transporte do rural galego.

Descargar PDF móvil das partes do carro, feito por un pai (Moisés)

4.2.14

A VELLA E O ESCRIBÁN

Nunha vila pequecha había unha vella que tiña unha tendiña de cacharros diante da porta, e un día, pola mañán, o can dun seu veciño que era escribán, tripou polos cacharros e fendeu os máis deles.

A muller primeiro quixo berrar, mais viulle a tempo o trasacordo e daquela calou, non dixo ren, mirou as olas e pucheiros rotos, recolleu os cachos e botou as súas contas. Pola tarde foise, e petou na porta do veciño:

Chove a modo e para.


Clica na imaxe e fai as  sopas de letras que hai para averiguar cantas formas hai de chamarlle a esta forma de chover na Galiza..

Encrucillado relacionado co carro


Busca sinónimos dalgúns destos animais


Por exempolo, na primeira actividade tes oito nomes de como lle chamamos ó porco por diferentes zonas da Galiza  (S)

Algunhas frases feitas e o seu significado


Exercicios en "ogalego.eu"

1.2.14

DENIP 2014 - Ágora da Paz con Nelson Mandela

O venres tivemos unha xornada especial virtual. Aquí temos unha mostra das gravacións (citas de Nelson Mandela) que fixemos na webvinar que creou a Universidade de Vigo para as Escolas Asociadas Unesco. Foi unha experiencia emocionante para moitos dos alumnos que participaron neste evento.

Ver o evento completo coas presentacións das outras escolas e os vídeos da escola con todos os alumnos recitando a frase.