Ai veñen os meus amores [BIS ]
cantando na súa dorniña, [BIS ]
chegan do atardecer,[BIS ]
de pescar moita sardiña, ai
de pescar moita sardiña, ai
Os meus amores, ai… Os meus amores.
Non quero que saias máis de noite a faenar
que pode arreciar o vento a piques de naufragar.
Cala, cala miña meiga, témonos que aproveitar,
xa sabes que non hai sempre boa colleita no mar.
Co diñeiro que ti gañes [BIS ]
adornarei a casiña [BIS ]
e ti poderás recoller-e (BIS)
os enseres desa dorniña, ai…
os enseres desa dorniña, ai…
Os meus amores, ai… Os meus amores.
Retrouso
Ai lalalá, larailalaralá, larailalaralá, larailalaralá
Ai lalalá, larailalaralá, larailalaralá, larailalaralá
Eu sei que ten a morena, eu sei que a morena ten,
eu sei que ten a morena, ai que todos a queren ver
ai que todos a queren ver, ai que todos a queren ver
eu sei que ten a morena, eu sei que carallo ten.
Ai lalalá, larailalaralá, larailalaralá, larailalaralá
Ai lalalá, larailalaralá, larailalaralá, larailalaralá
Ningún comentario:
Publicar un comentario