10.4.19

Cantigas galegas "A Regueifa"

A regueifa está na mesa
e no medio ten un ovo,
para corta-la regueifa
veñan as de Portonovo (BIS)
Ailalelo ai lalá laaaa

Si mo ves por ahí (BIS)
ó borracho do meu home,
fai o favor de decirlle
que hoxe na casa non dorme (BIS)

Ailalelo ai lalá laaaa

Unha vella é ben vella (BIS)
vella da cabeza branca,
botou un peido na cama
fixo levanta-la manta (BIS)
Ailalelo ai lalá laaaa

Alá vai a despedida (BIS)
despedida dunha rosa
como me vou despedir-e
dunha cara tan fermosa (BIS)

Ailalelo ai lalá laaaa

No hay comentarios:

Publicar un comentario