11.11.16

Magosto 2016

 Este ano tivemos de novo o Magosto. O tempo acompañounos. Dában algo de chuva pero aguantou ata o remate das clases. 
Houbo un pouco de todo: xogos, música e castañas. Deixamos aquí algunhas das fotos que fixemos.  Cando teñamos as fotos dos que cantaron porémolas.
A festa do trompo farémola o luns, no recreo, imos facer unha "trompada".  Polo San Martiño trompos ó camiño e Polo San Andrés trompos ós pés. Que bailen e quen non paren.
Para que a xeira sexa completa terémos que ler o Manifesto.
Viva o Magosto.

20.10.16

"Dalle a Lingua" 2016 Onda Cero Radio

Neste curso o alumnado de 6º participou no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Radio cos temas: "Can de Palleiro", "O Ártico Rompe", "Árbores senlleiras de Pontevedra" e varias rúas de Pontevedra do Casco Vello.
Cando nos pasen o Audio poremolo neste artigo.
Ver todas as fotos

A emisión das lecturas do noso centro será:   o luns 31 de outubro ata o venres 11 de novembro, de luns a venres a partir das 11:50 da mañá ( 2 semanas).   Podémolo escoitar EN DIRECTO: -na radio sintonizando o 103.6 FM  -na internet no seguinte enlace: http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/directo/
Cando remate a emisión, subirán  o audio a súa  web local e logo  enviarannos o enlace pertinente cando iso pase.

24.9.16

Como anda a nosa lingua? Coñecerás ti ó derradeiro galegofalante?


Clica nas imaxes para ler dous interesantes artigos para reflexionar sobre a situación e o futuro da nosa lingua. O Primeiro está no Portal Das Palabras, e o segundo nun blogue de aula de Lingua e Literatura Galega denominado  Caderno da Lingua .

20.9.16

O Papagaio - Novo Xornal na nosa escola


Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas. 

Xa se editou de balde para daren a coñecer  o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número.
2 Exemplares cada mes por 64 € ó ano.  Información: 656838830

22.6.16

Teatro - "O bigote de Mimí"





O alumnado de 3ºC representou a obra de teatro "O bigote de Mimí"  de Manuel María. Esta adaptouse  para que poidera participar toda a clase. Enriba tes o vídeo por se queres vela. A duración é de 13 minutos.

21.5.16

Teatro: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"


Ler o obra en PDF

Unha simpática  e maxistral obra  de Manuel María  interpetada polo alumnado de 4ºC durante a Semana das Letras Galegas no curso 2015-16.
Debaixo temos a mesma obra pero feita por outro grupo da mesma aula (4ºC).  
As dúas están moi ben

.

"Legumízate " - Trotacontos 2016


Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó  / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido  /  CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio  teremos o Contacontos que nos vai presentar  esta historia   e algunha do maís do seu peto.

Artigos relacionados:    "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?

1.5.16

O Maio na Festa da Ferraría de Pontevedra - 2016





Xa rematamos o cantar na Ferraría  .  Este ano acadamos un único  3º Premio  pola Interpretación dos rapaces/as  cantando as 4 coplas como manda a tradición. Os nervios condicionaron un pouco a boa interpretación do grupo en xeral.  O nivel, como case sempre foi  moi alto en todas as modalidades.
Ver máis Fotos na Ferraría
Ver  Nova na Prensa

Máis sobre sos Maios

2.3.16

O Can de Palleiro


Traballo presentado en Word e en Power Point, sobre o Can de Palleiro, can galego en perigo de extinción.

6.2.16

Vocabulario do Bosque Encantado

OUTEIRO: elevación do terreo

LEGUA:  antiga medida de lonxitude

FRAGA: bosque con moita biodiversidade

TORO: rebanda grosa de calquera cousa cilíndrica. Por extensión TRONCO

TOBO: gorida, refuxio na terra en forma de furado

REXO: duro, forte, cheo de saúde, louzán

BICO: punto máis alto de todo o que se eleva, dun monte, do tellado, dunha botella

CHAIRA: terra cha

ALBISCAR: ver ao lonxe, divisar, enxergar

RAMALLADA: conxunto de ramas, ramaxe

ESLOMBADO: co lombo dobrado

UZ: tipo de xesta con flor branca. As flores chámanse CHORIMAS

LISCAR: fuxir, escapar

LOUZANÍA: saúde, vitalidade

ESCORREGAR: deslizarse, esvarar, perder pé

TOXEIRA: terreo cheo de toxos, TOUZA, TOUCEIRA

PÓLAS: ramas

CARRIZA: herba alta, brión. ( Musgo en castelán)

FENTO: planta silvestre que se reproduce por esporas. FILGUEIRA é o terreo cheo de fentos

ENTREMECIDAS: enredadas e movéndose unhas a outras

LATEXANTES: que fan un movemento rítmico e oscilante

POEIRENTA: chea de po

CARQUEIXA: carrasco, carqueixa, queiruga, quiroga, carroucha, breixo. pequeno arbusto salvaxe de cuxa raíz se usa para confeccionar cachimbas.

CORREDOIRA: unha das moitas denominacións que teñen os camiños en Galicia: CONGOSTRA, CARREIRO, CARREIRA, VIEIRO, SENDEIRO

PEGA: ave do tamaño dos corvos de plumas brancas e negras

MACHADA: ferramenta para picar leña

RACHAR: esgazar, abrir unha materia fibrosa

ASUBÍO: ruído que se emite cos beizos para fóra. O canto dos paxaros.

COIO: croio, seixo, algunhas das múltiples maneiras que ten o galego de denominar as pedras, segundo o seu tamano e forma. Neste caso trátase dunha pedra pequena, redondiña, en que a composición fundamental é o cuarzo

BIDUEIRO, bido. Árbore caducifolia de cortiza prateada e follas pequenas que medra espontánea en terreos húmidos. Ao seu hábitat están asociadas as amanitas, eses cogomelos vermellos con aro e escamas brancas onde soen refuxiarse os ananiños cando chove.

GROMO:  rebento, gomo, abrocho, As primeiras folliñas que indican que a planta está viva e coleando.

SEIVA: substancia verde que dota as plantas da caracerística cor verde e que lles permite facer a fotosíntese.

RA: batracio verde que anda nos prados moi húmidos, pozas e lagoas

BAGATELA: cousa de pouco valor

ARAME: fío de metal máis ou menos groso

NIÑO: o acubillo que constrúen as aves para poñer os ovos e coidar dos pitiños.

OURIOL: verderolo ou vichelogrego. Pequeno paxaro de plumas cor amarela limón.

RECHOUCHIAR: asubiar. O cantar das aves máis miúdas.

RISTRA OU RESTRA: sarta, rosario de elementos entrelazados. Por exemplo de allos ou cebolas.

ESVELTO, esguío, lanzal. Alto e dereito.

CREBAR: escachar, partir, fender, abrir pola metade

PARDAL: gorrión. Paxaro pequeno que anda en bandadas moi numerosas.

GABARSE: presumir, fachendearse, exhibir algo dun mesmo.

COUZA: caruncho, povilla, insecto que ataca a madeira practicando túneles ata reducila a po.

LIQUE: tamén chamado brión. É a primeira materia orgánica que se adhire ás pedras.

QUEIRUGA: carrasca, carqueixa, quiroga, breixo, carroucha.

PREGUIZA: nugalla, pouca gana de facer calquera cousa.

PALPEBREXANTE: que move rapidamente as pálpebras. Intermitente.

BOROA: pan de millo

PIÑEIRO: a árbore que dá os piñóns

ACIVRO, ACIVO OU XARDÓN: árbore de folla perenne, moi lisa e brillante, de cantos rematados en pico. Dá acios de boliñas vermellas moi estimadas por algúns animais. É a única palabra que ten grupo consonántico VR no noso idioma.

CEDRO: conífera de gran altura que varía segundo a orixe. Haina do norte de África, do Himalaia, de Norteamérica. A súas piñas son redondas e máis pequenas ca as do piñeiro común. A súa madeira sempre foi moi estimada para facer lápises. No insti temos media ducia de fermosos exemplares do cedro do Atlas.

NOGUEIRA:  árbore das noces

VIMBIEIRA: árbore da familia dos salgueiros que dá varas idóneas para a confección de cestos, canastos ou paxes.

GANDO: conxunto de animais cuadrúpedos que se crían para tirarlle o leite ou a carne.

EMBORRALLAR: encher de borralla, enzoufar, estercar.

GORIDA: tobo, refuxio dos animais salvaxes.

RENXER: facer un ruído característico as portas ou ventas de madeira.

RABUÑAR: esgazar a pel con algo cortante

TEIMA: obsesión, idea fixa

ESCORRENTAR: axotar, facer fuxir

RUEIRO: conxunto de casas, aldea

AMOLAR, contrariar, facer rabear alguén.

RACHA: pode ser de vento ou de madeira. Esta última é cando esgazas a madeira en dirección á veta, cada fragmento é unha racha o acha.

GRAN: de millo, de centeo. Cada unha das sementes que dá unha planta.

REGATOS: ríos pequenos, regueiros

FUNGOS: hainos microscópicos e hainos visibles. Estes últimos son setas ou cogomelos.

OURIVE: artesán que fai xoias

PORCO TEIXO. teixugo, pequeno mamífero carnívoro común no bosque atlántico.

PICAPINOS ou PAXARO CARPINTEIRO ou PETO: paxaro de tamaño medio que fai o seu niño no tronco dos piñeiros practicando un furado

RODEIRAS: as marcas que deixan as rodas do carro nas grandes pedras que enlaxan os camiños

MORCEGO: mamífero insectívoro nocturno dotado de voo. Guíase polo sentido acústico, actuando o seu oído como un radar.

FENDA, grecha, laño, fendedura. Corte que presenta a superficie de calquera materia.

FUCIÑO: lugar na cara dun animal onde converxen o nariz e a boca

TÉPEDO: nin quente nin frío, morno

CADEIRA: asento con respaldo.