Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín b>. Amosar todas as publicacións
18.2.21
29.10.20
Fotos e Recursos para o Samaín
![]() |
| 4ºC |
Ver máis fotos
Recursos
| Historia do Samaín abreviada En Vieiros Máis completa | Vídeo didáctico con música | |
| Descargar o libro do Samaín (materiais para traballar na aula) | - Conto "Indo eu para Samaín" - O Sacauntos | U. Didáctica do Samaín cos Bolechas |
| O Samáin coa familia Trebón (video de debuxos animados) Os defuntos falaban Castelao (curta) | Libro "Samaín: A Festa das Caliveras" | Música: "Brinca Vai no Samaín" Música -video "Danza Macabra |
| Xogo | Deixa en Herdanza a túa lingua | PDF "Traballar as Emocións: O Medo" Materiais de varios Equipos de Coruña (contos, debuxos ...) Ver máis Recursos para O Samaín |
30.10.19
O caveiras no Samaín 2019
| Todas |
Aquí temos unha selección das orixinais caveiras presentadas na escola. Que difícil é escoller as mellores !!! Ver máis fotos
9.11.18
29.10.18
CALDO DE CABAZO

"A tradición culinaria galega sería inmensa e riquísima de non ser pola amnesia que estamos a sufrir nas últimas décadas, que nos está levando a un baleiro de coñecementos que pode acabar deixando reducida a cociña galega ao máis tópico da mesma: mariscos, peixes, empanadas...
Moitos dos costumes culinarios dos fogares galegos dos dous primeiros terzos do século XX desapareceron na última parte dos mesmo, como se dunha extinción catastrófica se tivera producido na nosa memoria.
Penso que esta desaparición foi debida a unha reacción no máis fondo do ser de nosos avós, pais ou en nos mesmos. Todo o que recordaba as necesidades pasadas ao longo dunha boa parte dos séculos pasado, e a memoria case xenética das fames de séculos anteriores, foi borrado da nosa memoria e dos nosos costumes coma quen borra o disco duro dun ordenador.
Pero o certo é que algúns dos pratos daquela época son verdadeiras obras mestras. Trátase de pratos sinxelísimos na súa elaboración por que naceron da necesidade de cociñar cos poucos elementos que había na casa, pero con resultados certamente espectaculares.
Podería poñer moitos exemplos desta realidade, pero hoxe vou falar do caldo de cabazo, que en tempos foi comida propia do inverno, especialmente nos días en que as circunstancias climatolóxicas impedían recoller verdura fresca na horta para amañar o tradicional caldo de grelos ou repolo. Hoxe xa case pertence á arqueoloxía gastronómica.
Estes días posteriores ao Samaín en moitas casas hai cazabas que van acabar no lixo. Na miña non. O 31 o meu rapaz de 7 anos puxo na porta da casa unha enorme cabaza, como eu facía cos amigos cando tiña a súa idade, hai xa diso catro décadas. Daquela eu non oíra falar do Halloween anglosaxón, nin do Samaín galego, pero si sabía que o das cabazas era tradicional na miña vila dende tempos remotos.
O caso é que este ano dentro da cabaza no canto de poñer unha vela puxemos unha lanterna, de maneira que non chamuscamos a carne de tan extraordinaria peza, co obxectivo de posteriormente reciclala en chulas (están pro facer), purés (con porros e patacas a cabaza da un puré exquisitos) e caldo de cabaza, do que tantas veces oíra falar e nunca probara.
Así que onte preparei o caldo, seguindo a receita tradicional galega. O resultado é fantástico. Se un cociñeiro moderno incorpora a receita ás súas propostas ten o éxito asegurado, sempre, claro está, que a venda como creación propia e nunca como tradición popular. O mercado gastronómico está así nos nosos tempos.
A receita e ben sinxela. Póñense a cocer en auga fría dous puñados de fabas previamente remolladas dende o día anterior. Cando van case cocidas, engádese a cabaza cortada en dados do tamaño dunha noz pequena, e patacas preparadas do mesmo xeito.
Mentres vai cocendo todo xunto, ponse aceite nunha tixola e rústrese na mesma unha cebola picadiña. Cando xa está ben feita, pero sen chegar a dourarse, retírase o rustrido do lume e agregase pemento doce ou picante, ao gusto de cadaquén, inda que un chisco de picante sempre lle vai ben. Reméxese ben o pemento e vertese o rustrido derriba do caldo, momento que aproveitamos para engadir o sal preciso. Unha vez que as patacas e as fabas estean cocidas (a cabaza practicamente estará desfeita) retirase do lume e sérvese ben quente.
Onte rematei o día cunha boa cunca deste caldo que me pareceu exquisito. Hoxe penso comezar a comida con outra". Sacado de Colineta - Gastronomía e literatura
26.11.17
1.11.17
O Outono e o Samaín 2017-18
Relacionado: Poemas do Vento - Ler a historia do Samáin
Máis na Etiqueta Samaín - Ver artigos no blog da Biblioteca
29.10.15
Samaín 2015 - Que medo !!!
Clica nas imaxes para ver os traballos feitos nesta semana de medo. No poema están algúns dos traballos literarios dos Froitos de Outono que se fixeron conxuntamente co Samaín.Ver as fotos da páxina web do cole
Máis sobre o samaín :
Historia, cancións, xogos .... (Historia máis completa)
Descargar o libro do Samaín (materiais para traballar na aula)
Escoitar a Danza Macabra
Ver páxina Recursos para O Samaín
Ver o libro "Samaín: A Festa das Caliveras"
PDF "Traballar as Emocións: O Medo"
PDF "Unidade Didáctica do Samaín cos Bolechas"
26.10.15
24.10.15
23.10.15
22.10.15
De Troula polo Samaín
Un conto feito coas cabazas e caveiras da nosa escola, por unha ex-alumna da escola (Amalia F. D)
Dámoslle as grazas pola súa colaboración, e os parabén por este embruxado conto.
Os defuntos falaban "castelao"
Un vídeo apropiado para estes días. Esperamos que vos guste.
Artigo relacionado
Felices Microvacacións.
Máis sobre o Samáin
17.10.15
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






