31.10.13

Exposición da Vida e Obra do Arquitecto "Sesmero"


Do 28 de outubro ata o 8 de novembro estará este mural coa vida e obra en Pontevedra do arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González, impulsor do modernismo en Pontevedra despois do derribo da muralla que rodeaba a cidade.

O seu bisneto Francisco José Portela Sandoval escribiu un artigo para aclarar algunhas cousas sobre a vida do seu bisavó e a súas obras. Unha dela foi, por exemplo, a dos erros nos apelidos.

30.10.13

Mural do Samaín na escola


Villa Pilar - A saga dos Martínez Bautista




Palacete construído en Pontevedra (rúa Riestra), rematado en 1905. Construído por Manuel Martínez Bautista. Crese que o autor do proxecto foi feito por Antonio Crespo, porque se conservan dous anteproxectos de 1889, de similar planta e altura, pero con diferente diseño ó finalmente executado. A construción de estilo modernista, con tres pisos de altura e un corpo único. O máis destacable da Casa, arquitectonicamente falando, é a irregularidade da súa planta e fachada, esaxerada no remate desta. A casa áchase rodeada dunha pequena finca. De Manuel Martínez Bautista o edificio pasou por herdanza a seu sobriño Ramiro Trapote Martínez, inxenieiro residente en New York, que de vacacións en xullo do ano 1936, este último tivo que recurrir ó consulado para poder volver a EEUU.
Nun dos pisos vivía ata fai pouco a señora María Meijón. No segundo piso, estivo o colexio de arquitectos de Pontevedra, pero en 2011 púxose en venta. (600.000 euros).
Pola casa desfilaron como inquilinos  unha serie de persoeiros e entidades, como Vicente Riestra, Ernesto Caballero, unha notaría ...

Historia: Manuel Martínez Bautista era o segundo irmán de nove que tivo o matrimonio formado por Rosendo Matínez Pazos, natural de Tenorio, e Juana Bautista Lubiáns, da vila de Pontevedra.
Manuel emigrou a américa (La Habana)  con 17 anos e cunha carta de recomendación para don Pedro Fernández Villaverde,  que desempeñaba este un alto cargo na administración na illa cubana.
Montou de alí a pouco un almacén de louza, "La joven América". Tras del emigraron tamén os seu irmáns Bernardo e Gabriel á illa cubana e o Juan a New York, dedicándose este último á bolsa, probablemente coa a axuda financiera do seu irmá Manuel. Coa bolsa e outras empresas Juan, deixou no seu testamento unha fortuna de máis de 100.000 dólares en accións. Nomea de albacea a seu irmán Manuel, que con este motivo trasládase a EEUU e continúa cos seus negocios, co encargo de pasar unha pensión de mil pesos mensuais ó seu sobriño Ricardo Pazos e o resto da renda do seu capital ós seus pais e irmáns.

A contrución fíxoa Manuel nun deses viaxes de veraneo que facía á súa querida terra galega, mercando o solar e mandando facer o palacete, ó mesmo tempo que fixo numerosas donacións para obras sociais: teatro, liceo, grupo escolar, mausoleo de Armesto, Monte de Piedad ....)
Morreu solteiro e foi enterrado no cemiterio de Greenwood.

Gabriel, deixaba en 1880 unha fortuna de 30.000 pesos cubanos, e no seu testamento deixou un tercio para catro expósitos da casa de maternidade, e o resto para ós seus pais, sendo a albacea o seu irmán Bernardo.

Bernardo foi o único dos emigrados da familia que casou, deixando descendencia e volvendo a Pontevedra, onde morreu en 1904. Entre as súas obras sociais destacamos a "Sala de San Bernardo" no Hospital Provincial e logo contruéu unha fermosa vivenda na rúa San Xosé, en cuxos baixos está o actual Café Moderno. O seu fillo Manuel Martínez Bautista-Herrera foi un grande mecenas do Atletic Clube Pontevedra.

Comentar finalmente que o primeiro Manuel Martinez Bautista foi republicano e mandaba puntualmente as revistas de ciencias, artes e literatura editadas en New York.

Cabazas e cabazóns (69 Kg)



Máis sobre o Samaín

Noite de defuntos - Samaín


Historia da Agricultura - O Neolítico


17.10.13

16.10.13

Arquitecto Alejandro Rodríguez- Sesmero González


Este ano  2013 celébrase o centenario do finamento de Alejandro Rodríguez-Sesmero González, o arquitecto que modernizou Pontevedra a finais do século XIX, durante os primeiros anos da Restauración. 

De ahí que o Concello de Pontevedra, neste curso, e neste primeiro trimestre,  desenrola o "Roteiro Sesmero", no cal imos  participar o alumnado do terceiro ciclo os días luns 28 de outubro, 6ºA e 5ºA, o  luns 4 de novembro, 6B e 6C, e o xoves 7 de novembro 5C e 5B. As tres saídas serán de 12:00 - 14:00 h. 

Adiantamos aquí unha pequena biografía deste importante persoeiro da cidade de Pontevedra:

Foi o brazo executor dunha sociedade e clase política da época que sacrificou os restos das murallas medievais en aras de proxectar unha cidade cosmopolita, con arquitectura ecléctica e afrancesada do mesmo xeito que as grandes urbes europeas onde se sentaban as bases para que a capital non fóra nunca máis cuestionada.

A don Alejandro Sesmero debémoslle, de 1880,  a antiga Avenida de Santa María  , o Palacete de Mendoza (o da foto), a actual Casa Consistorial, a  o deseño da Alameda (arriba na foto) e As Palmeiras, o Cemiterio Municipal de San Mauro, conxuntamente co seu pai o edificio da Deputación Provincial, a  Praza de Abastos, a reforma da capela da Virxe do Camiño e a actual Subdelegación de Defensa

O Concello fora construído sobre a Bastida Grande, unha das trorres da muralla, ó lado da "Porta da Vila", que tamén se chamou do Arrabal e de Santo Domingo. (ver mapa completo). Hoxe está porta é a entrada (porque foi trasladada)  do que foi durante moito tempo Facenda, preto da igrexa de San Francisco.

A problemática dos cemiterios urbanos (Alhóndiga, Sagasta ...) solucionouno  levando todos para San Mauro.

Tamén construíu os depósitos en San Mauro para a traída de augas na cidade, colocando así mesmo en varias rúas as soadas fontes de ferro fundido (a da foto). E prácticamente executou toda a expansión urbana de finais de século XIX deseñando e aliñando os viais cara a Ourense, Marín, Vigo e as rúas García Camba, Riestra, Sagasta, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Fernández Villaverde.

Alejandro Rodríguez-Sesmero González era fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero (Medina do Campo) do que tomou vocación e profesión. Pola súa participación conxunta en varios proxectos e utilización dunha arquitectura moi identificativa, a poboación comezou a referirse  a eles como “Os Sesmeros”, devindo o seu uso popular en Sesmeros.

Seu pai, Domingo Sesmero chegou a Galicia escapando dun conflito pola validez do seu título de arquitecto expedido na Real Academia de Matemáticas e Nobres Artes da Purísima Concepción de Valladolid no que se argumentaba que non pasara pola recente Escola de Arquitectura creada en 1844. Aínda que ao final lle foi recoñecida a súa validez, o seu prestixio naquelas datas quedara en entre dito,  polo que decidiu emigrar a Galicia, alcanzando o posto de arquitecto municipal na cidade de Vigo en 1871. Desempeño no que continuou ata 1886 en diferentes etapas debido a unha enfermidade  e onde lle axuda o seu fillo Alejandro Sesmero. Trasládase a vivir á Coruña desde onde continua realizando proxectos nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra (a igrexa de San Andrés en Praceres), Cotobade, Caldas de Reis ou Tui.

O seu fillo Alejandro  obtivo o título de arquitecto na Escola Especial de Arquitectura de Madrid, nun momento en que aparelladores e arquitectos dirimían sobre as competencias duns e outros e ao que –como se fora unha maldición familiar- sucedéralle algo similar ó seu pai, como  se verá  máis adiante.

Alejandro, ante a primeira ausencia do seu pai no seu posto de traballo debido á mencionada enfermidade, pasou a ocupar o posto de Arquitecto interino de Vigo desde maio de 1875 ata xullo de 1876, momento no que o arquitecto titular de Pontevedra, Justino Flórez LLamas pasa a ocupar definitivamente o de Vigo deixando vacante o seu equivalente en Pontevedra

Como dun cambio de cromos se tratase Alejandro veu a Pontevedra tamén de interino e asinou durante once esplendorosos anos como Director Facultativo de Obras Municipais de Pontevedra, momento no cal unha parte da Corporación Municipal quere premialo co posto definitivo en agradecemento a tan bela reforma emprendida en todos e cada un dos seus proxectos. Pero unha parte da corporación mostra a súa oposición ao entender que está en posesión do título de Mestre de Obras e non de Arquitecto e que aínda que pode asinar para particulares, non así proxectos de obras oficiais, de uso público ou financiadas con fondos públicos, podendo aparecer, pola contra, como aparellador ou auxiliar dun arquitecto, salvo que non houbese arquitectos titulados en expectativa de ocupar a praza.

Para sorpresa de todos don Alejandro, ferido no seu orgullo, presenta a dimisión do seu cargo municipal á vez que solicita a legalización do seu título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública, conseguíndoo ao mes seguinte. Restituído o seu prestixio e honor e por causas que se descoñece, abandona a muller e fillos e emigra a Arxentina onde o Goberno o nomea profesor na cátedra "Arquitectura e Debuxo Arquitectónico" da Facultade de Ciencias Físico-Matemática da Universidade Nacional de Córdoba, compaxinando a súa actividade docente coa realización de importantes obras. Falece o 22 de Outubro de 1913 na cidade de Córdoba.

Oficialmente a Alameda leva o nome de Arquitecto Sesmero. Logo tamén, na súa homenaxe , ten nome de rúa Alejandro Sesmero, a  que se extende dende a Avenida da Coruña ata a Santiña, e discurre paralela a Manuel Murguía  (preto de Pasarón). No plano estaría en D2


Información sacada basicamente de Cesar Abal, do blogue Pontevedra Viva. e de Pepi González Clavijo de "Las calles de Pontevedra".

Artigo relacionado:

Cambios importantes en Pontevedra de 1870 - 1900


11.10.13

CEP Campolongo dentro dos admitidos no programa "Nós tamén creamos"


Neste curso volvemos a participar no Programa "Nós tamén creamos". Este ano cambiou o formato, primeiro faremos un curso "en liña" coa Plataforma Platega da Xunta, e logo pasamos a editir unha nova curta de animación dun conto da Editorial OQO.
 Se queredes ver a do curso anterior podedes ir o artigo deste blogue, ou ben ir direcamente a páxina da CRTVGA  e ver  " A noite das mudanzas".

5.10.13

Ollos de Aula nº 9 - Curso 13-14

 Revista da CGEDNL 

Sumario:

 - Por unha escola inclusiva 

 - Actividades Extraescolares: cantas e cales?

 - Facendo visible a diversidade

 - Palabras do ensino: PT/AL

 - Consello dun libro e dun sitio para visitar

- Ferramentas dixitais





Guía mestres - Navega con rumbo pola rede


Clica na imaxe para ver uns consellos sobre como utilizar internet

Ver Guía Pais e Nais

Ver Guía Alumnado.

Guia de pais e nais - Navega con rumbo pola rede


Clica na imaxe para ver uns consellos de como actuar cos nosos fillos cando utilizan internet

Ver tamén "Guía do alumnado".

Ver Guía Mestres

Guía do alumnado - Navega con rumbo, navega con sentidiño pola rede


Clica na imaxe para ver o "Decálogo para estar seguro navegando pola rede"

Ver Guía para pais e nais.

Ver Guía Mestres

2.10.13

Curiosidades do mes de outubro

1492 - O navegador Cristobal Colón desembarca en San Salvador, nas Bahamas. Este feito fica marcado como o descobremento da América. (12/outubro/1492).

1517 - Martin Lutero crava súas 95 teses na porta da Igrexa de Wittenberg, marcando o comezo da Reforma Protestante da igrexa na Alemaña. (31/outubro/1517).

1846 - O médico William Thomas Morton utiliza por primeira vez o éter como anestésico, comezando a partir de entón a realizar cirurxías sen dor aos pacientes. (16/outubro/1846).

1879 - O americano Thomas Edison inventa a lampada eléctrica. El consegue deixar seu invento aceso por 45 horas. (21/outubro/1879).

1881 - Nace Pablo Picasso, pintor español. (25/outubro/1881).

1945 - É fundada a Organización das Nacións Unidas, formada por 51 países. (24/outubro/1945).

1962 - O astronauta norteamericano Walter Schirra dá seis voltas na Terra en nove horas e 14 minutos, na cápsula espacial Sigma 7. (03/outubro/1962)

1974 - O americano David Kunst termina a primeira volta ao mundo feita a pé. El gastou 21 pares de zapatos e demorou 4 anos para completala. (05/outubro/1974)

2001 – É rexistrado o primeiro caso de antraz nos Estados Unidos. A vítima é Robert Stevens, de 63 anos, editor de fotos do semanario The Sun. El morre o día seguinte. (04/outubro/2001).