Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
30.12.14
27.12.14
24.12.14
20.12.14
19.12.14
18.12.14
Contos do Apalpador de 4ºC
Clica na imaxe para ver os contos do Apalpador que fixeron os alumunos/as de 4º coa profe María.
Máis sobre o Apalpador
17.12.14
Armillaria mellea
Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.
Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Inglés: Honey coloured agaric. Fran: Armillaire coulert de miet,Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi
14.12.14
Libros para agasallar neste Nadal
Libros recomendados dende algúns dos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística Galegos para agasallar neste Nadal . Clica na imaxe para velos.
Ver os de infantil
Ver os Secundaria
Ver os de infantil
Ver os Secundaria
7.12.14
Descuberto en Cerdedo un novo cogomelo `Ramaria Cercedensis`
O experto pontevedrés en micoloxía, Jaime Blanco Dios, anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo.
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur). O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"
Ollos de Aula - nº 18 - Decembro
Entre outras pequenas e importantes novas atoparás:
O primeiro ano de escola
- A educación da masculinidade no século XXI
- Palabras do Ensino: RRI (Regulamento de Réxime Interno
- Punto GAL na rede
- Reconmedacións de viaxes e lecturas
Números anteriores na páxina da CGEDNL
Números anteriores na Etiqueta "Ollos de Aula" deste blogue
O primeiro ano de escola
- A educación da masculinidade no século XXI
- Palabras do Ensino: RRI (Regulamento de Réxime Interno
- Punto GAL na rede
- Reconmedacións de viaxes e lecturas
Números anteriores na páxina da CGEDNL
Números anteriores na Etiqueta "Ollos de Aula" deste blogue
4.12.14
O bilingüísmo e o Alzeimer
Investigadores da Universidade de Gante (Bélxica) observaron que as persoas con alzheimer que son bilingües adoitan desenvolver os primeiros síntomas da enfermidade entre catro e cinco anos máis tarde que quen só falan unha lingua.
No estudo incluíron a un total de 134 pacientes dos que case a metade, 65, eran bilingües. Neste grupo de pacientes os primeiros síntomas de demencia debutaron aos 76,1 anos mentres que a idade media do diagnóstico foi aos 77,3 anos, fronte aos 71,5 e 72,5 anos de media respectivamente en quen só falaban un idioma.
As análises controlaron outros factores que podían influír no resultado como a educación, a profesión e o status socioeconómico, pero en realidade ningún tivo un efecto sobre a idade de inicio dos síntomas.
Estes achados confirman investigacións previas que suxiren que o bilingüismo pode retardar o envellecemento cognitivo e contribuír á reserva cognitiva.
Segundo recoñecen os investigadores, parece que o control constante que require dominar dous idiomas é como un adestramento para o cerebro, que desafía ás células da materia gris e protéxeas da súa dexeneración.
Nova sacada do blog EDNL Divina Pastora de Ourense
28.11.14
Campaña da CGEDNL "Presume de Galego"
Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí (imaxe) podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!
Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa!
Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo...
Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa! Como participar?
27.11.14
O virus lingüístico en Campolongo
A actividade Lingua Forza 3 (para 5º e 6º no noso centro) consistiu nunha divertida xincana lingüística integrada por xogos que combinaron habilidades físicas, lingüísticas e mentais arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral, da man de Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural.
As actividades que se fixeron foron os seguintes:
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.
2. Feirón con tres probas rotatorias:
• Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
• Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
• Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.
Aínda que o alumnado superou as tres probas que se fixeron, as conclusiósn das tres "Doutoras" foi que todo o colexio está contaxiado do virus lingüístico pero que aínda se teñen os medios suficientes e aínda estamos a tempo para combatelo con forza, só é necesario cambiar de rexistro idiomático cando fora preciso, practicándoo todos os días e non deixando morrer a nosa lingua.
As actividades que se fixeron foron os seguintes:
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.
2. Feirón con tres probas rotatorias:
• Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
• Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
• Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.
Aínda que o alumnado superou as tres probas que se fixeron, as conclusiósn das tres "Doutoras" foi que todo o colexio está contaxiado do virus lingüístico pero que aínda se teñen os medios suficientes e aínda estamos a tempo para combatelo con forza, só é necesario cambiar de rexistro idiomático cando fora preciso, practicándoo todos os días e non deixando morrer a nosa lingua.
Ver máis fotos Ler máis
Audios dos programas de "Dalle a lingua" durante o curso 2014-15
Xa temos a ligazón para escoitar os programas de radio que se grabaron en outubro de "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio.
Pódese descargar o audio se un quixer
Clica na imaxe para escoitalos
Artigo relacionado (coas fotos)
25.11.14
24.11.14
San Martiño
A celebración é o 11 de novembro.
Unha das historias de San Martiño é a seguinte:
"San Martín de Tours naceu en en Hungría no ano 316 aínda que toda a súa educación recibiuna en Pavia (Italia).
Desde moi novo sentiuse atraído cara ao tema relixioso, pero aos 15 anos viuse obrigado a entrar no exército, servindo a cabalo na garda imperial romana. É neste período cando xorde unha das historias máis belas e máis coñecidas do noso San Martiño. Un día de inverno moi frío, a tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí, Martín atopa a un pobre espido que lle implora caridade, e non tendo moedas para darlle, Martín sacou a espada, cortou a capa que levaba polo medio e deulle a metade a aquel pobre home. Foi obxecto de burlas por parte dos seus compañeiros, pero a acción caritativa foi docemente recompensada, xa que a tradición conta que aquel mesmo día pola noite, viu en soños a Xesucristo que lle dicía: " Martín, hoxe cubríchesme co teu manto”
Parece que en agradecimento, existe o chamado " Veraniño de San Martiño", que permite capear os rigores do inverno por uns días.
A festividad de S.Martin, o 11 de novembro, é celebrada en infinidade de pobos e cidades de Europa
Para moitos este día marca o inicio do inverno, comeza a matanza do porco para poder abastecerse del todo o inverno, gardándose hoxe en día en grandes conxeladores, antes en artesas con sal.
14.11.14
13.11.14
11.11.14
Ollos de Aula- Nº 17 - Revista para as Familias (Novembro)
Se clicas na imaxe poderás ler :
Catro anos de Decreto do Plurilingüísmo
Que significa educar en emocións
Nace unha nova revista de humor. O botafumeiro
10.11.14
7.11.14
26.10.14
25.10.14
Samaín 2014
Ver as caveiras
Conto do Samaín
Vídeo Didáctico
Xogo do Samaín
Historia do Samaín
A cabaza. Raíña da festa.
Canción de Brincavai do Samaín
Curta "Os defuntos falaban Castelao"
Feitizos do Samaín no programa "Dalle a lingua" de Onda Cero
Conto "O bosque encantado" (Audio en Onda Cero)
Case todo o anterior, e máis, podedes atopalo no Gloster feito por Magdalena do CEP Marcos da Portela
Máis artigos relacionados na Etiqueta Samaín deste blog.
Conto do Samaín
Vídeo Didáctico
Xogo do Samaín
Historia do Samaín
A cabaza. Raíña da festa.
Canción de Brincavai do Samaín
Curta "Os defuntos falaban Castelao"
Feitizos do Samaín no programa "Dalle a lingua" de Onda Cero
Conto "O bosque encantado" (Audio en Onda Cero)
Case todo o anterior, e máis, podedes atopalo no Gloster feito por Magdalena do CEP Marcos da Portela
Máis artigos relacionados na Etiqueta Samaín deste blog.
15.10.14
Programa de radio "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio no curso 2014-15
Máis de 100 alumnos da nosa escola participaron hoxe no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Radio, patrocinado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
A estructura do programa comezou cos xogos de sortes que son aquelas letras con rima que se utilizan para escoller nos xogos dos rapaces, e rematous con frases da campaña de oralidade do curso anterior (13-14). E no medio deles foron tamén os seguintes temas:
- Árbores do parque de Campolongo
- Herbas aromáticas e mediciñais
- Aves galegas en perigo de extinción
- Receitas con froitos ou produtos da horta galega
As emisións de radio que grabamos hoxe serán emitidas do 20 ao 31 deste mes de outubro (de luns a venres) en ONDA CERO radio.
A estructura do programa comezou cos xogos de sortes que son aquelas letras con rima que se utilizan para escoller nos xogos dos rapaces, e rematous con frases da campaña de oralidade do curso anterior (13-14). E no medio deles foron tamén os seguintes temas:
- Árbores do parque de Campolongo
- Herbas aromáticas e mediciñais
- Aves galegas en perigo de extinción
- Receitas con froitos ou produtos da horta galega
As emisións de radio que grabamos hoxe serán emitidas do 20 ao 31 deste mes de outubro (de luns a venres) en ONDA CERO radio.
Frecuencia: 103.6 FM
Ás 11:55 h da mañá.
Clica na imaxe para ver as fotos.
NOTA. Unha vez emitidos os programas mandarán a ligazón dos audios para poder escoitalos en calquera momento.
Ver e escoitar "Dalle a Lingua" Curso 2013-14
NOTA. Unha vez emitidos os programas mandarán a ligazón dos audios para poder escoitalos en calquera momento.
Ver e escoitar "Dalle a Lingua" Curso 2013-14
13.10.14
O río da memoria
CALROS SOLLA pariu un novo libro que ten como fío condutor o río dos Gafos.
TÍTULO : O RÍO DA MEMORIA.
Cartafol do río dos Gafos. (1745-1970)
EDICIÓNS: MORGANTE
Nº DE PÁXINAS:457
ILUSTRACIÓNS: 330
PREZO: 20 EUROS
Libro relacionado co Gafos, de Calros Solla:
Andar Primeiro de río
TÍTULO : O RÍO DA MEMORIA.
Cartafol do río dos Gafos. (1745-1970)
EDICIÓNS: MORGANTE
Nº DE PÁXINAS:457
ILUSTRACIÓNS: 330
PREZO: 20 EUROS
Libro relacionado co Gafos, de Calros Solla:
Andar Primeiro de río
12.10.14
11.10.14
Dous libros galegos entre os mellores do mundo
A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano.
Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.
Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.
10.10.14
A orixe dos nomes dos meses do ano
O calendário que usamos hoxe é unha evolución do antigo calendario romano, no cal varios meses foron batizados con nomes de deuses paganos. O primeiro calendário romano, criado no século 8 a.C., tiña só dez meses e ía de marzo a decembro. Ainda no mesmo século foron acreditados xaneiro e febreiro, axustando o calendário ao ano lunar inicial , con 355 dias. Nesa época os 12 meses xa foron batizados con practicamente todos os nomes que usamos hoxe. As excepcións foron xullo e agosto, que recebiron eses nomes centenas de anos despois - entre os séculos 1 a.C. e 1 d.C. - cando o calendário romano xa adaptara ao ano solar, con 365 dias.
Os líderes romanos Júlio César e Augusto foram os últimos a ser homenageados no calendário
Xaneiro provén do latín ianuarius e toma o seu nome do deus Jano, que era un deus que tiña dúas caras mirando cara a ambos os dous lados do seu perfil. Jano era o deus das portas, o señor dos solsticios, os comezos e os finais.
Febreiro foi chamado así en honor ás Februa, unha festa de purificación que os sabinos celebraban anualmente.
9.10.14
Ollos de Áula - Nª 16 - Revista para as familias
Clicando na imaxe poderás atopar os seguintes artigos:
- Como se crea o hábito nos nenos?
- Nova lei de educación. Os novos cambios no curso.
- Que é a aprendizaxe por proxectos?
- Un menú rico para a lingua
- Libros e recunchos recomendados.
.......
- Como se crea o hábito nos nenos?
- Nova lei de educación. Os novos cambios no curso.
- Que é a aprendizaxe por proxectos?
- Un menú rico para a lingua
- Libros e recunchos recomendados.
.......
4.10.14
19.9.14
VI Edición do Xadrez na Rúa
Ver todas as fotos
Un ano máis , o CEP Campolongo, colaborando nesta xornada lúdica de xadrez coa Escola de Xadrez de Pontevedra.
Recordamos aquí a 1ª Edición
10.7.14
O noso Apalpador
Aquí temos o noso Apalpador. Se queres saber máis sobre este persoeiro podes:
Ler o conto
Escoitalo
Velo en Pictogramas
Ver a súa páxina web
Máis na Etiqueta deste blog "O Apalpador"
Contos do Apalpador de 4ºC
Escoitar outra canción
Agasallar en Galego
Recorda que os consellos do Apalpador sobre os xoguetes. A poder ser:
1: Non merques, faino.
2. Todos somos artistas
3. Reutiliza
Ler o conto
Escoitalo
Velo en Pictogramas
Ver a súa páxina web
Máis na Etiqueta deste blog "O Apalpador"
Contos do Apalpador de 4ºC
Escoitar outra canción
Agasallar en Galego
Recorda que os consellos do Apalpador sobre os xoguetes. A poder ser:
1: Non merques, faino.
2. Todos somos artistas
3. Reutiliza
22.6.14
Ranilda na CRTVG
Xa temos na CRTVGA a curtametraxe de Ranilda feita na escola co alumnado de 2º Ciclo.
Ver algunhas fotos da "curta"
Artigo relacionado
Ver todas as curtas presentadas
Máis versións de Ranilda
Os gañadores deste curso:
"As Pousadeiras do rei" - EEI de Sarria (Infantil)
"Non quero ser un polbo" - CEIP Canosa Rus (1º Ciclo)
"Os sete chineses" - CEIP de Merza (2ºCiclo)
" O último canto" CEIP M. Fraga Iribarne de Cariño (2º Ciclo)
Ver a curta do curso pasado "A Noite das Mudanzas"
20.6.14
A noite das mudanzas
Vídeo "A noite das mudanzas" que se presentou no concurso "Nos tamén creamos" , organizado este por Política Lingüística e a Editorial OQO. e que estivo na CRTVGA Infantil durante un tempo. Agora poñémolo en youtube para poder seguir visionándoo. Recordamos que o traballo foi feito polo alumnado de 1º e 2º ciclo no curso 2013-14
Artigo relacionado
Curta de animación ...
Ver a curta do curso 2013-14, Ranilda.
8.6.14
5.6.14
O Conuco do Tío Coello
Ver fotos
4.6.14
Ranilda en Nós tamén creamos
Este ano o conto elexido para facer a curta foi o de "Ranilda" da editoria OQO.
Aquí temos algúns dos murais e personaxes da historia. Axiña poderemos vela, de momento está en fase de concurso. O ano pasado fíxose "A noite das mudanzas"
1.6.14
Amelia quere un can
31.5.14
O Carro Galego en "Ponte nas Ondas"
No XX Aniversario do programa "Ponte nas Ondas" a nosa escola colabora con esta aportación didáctica do "Carro Galego"
Máis sobre na etiqueta "Carro" en Ghafos Campolongo
30.5.14
Teatro de monicreques- "O Merlo Branco"
Alumnado de 4ºB facendo unha adaptación da obra de teatro de Candido Pazó "O Merlo Branco"
Debaixo o segundo grupo facendo a mesma obra.
28.5.14
Nós tamén creamos
Aquí temos algúns dos murais e personaxes da historia. Axiña poderemos vela, de momento está en fase de concurso. O ano pasado fíxose "A noite das mudanzas"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)