Transcorreron mais de sete décadas dende a liberación dos campos de exterminio nazis, e Erika cóntanos a súa historia para lembrarnos que a mellor maneira de que non se repita é manter viva a memoria. Ver na editorial
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
30.1.20
Ferdinando o Touro
Un clásico de 1936 referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo; censurado por uns, encomiado por outros e premiado. Ler a historia
A Academia e Punto.Gal buscan os mellores microrrelatos
"Duascentas palabras deben abondar a quen queira obter o premio de microrrelatos da Real Academia Galega e a Asociación Punto.Gal. É o límite de extensión dos textos que par-ticipen na terceira edición do certame que as dúas entidades convocantes presentaron onte na Coruña."As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade", expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, "esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posíbel, imaxinación, selección argumental...". A estas técnicas deberán responder os relatos que opten aos nove premios do concurso: tres por categoría, que son a infantil (até 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas.O prazo de presentación de orixinais durará todo o mes de febreiro e a recepción será no enderezo electrónico actividades@academia.gal. Quen obteñan os galardóns serán agasallados con "distintos premios tecnolóxicos, ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros, relacionados coa lectura."Mediante esta iniciativa pretendemos chegar a un alto número de persoas de todas as idades e de toda condición social", explicou o presidente de PuntoGal e académico, Manuel González, "aspiramos a que participen escritoras consagradas pero tamén nenas e nenos, mulleres e homes do común". Na primeira edición optaron ás distincións case 400 microrrelatos, que o pasado ano medraron até case medio milleiro (Xornal Nós ). - Ver nova na RAG - Ver na páxina da xunta - Ver outro concurso: Concurso literario infantil e xuvenil Día das Letras Galegas 2020
"Dicionário Visual"
O Dicionário Visual Através constitúe unha potente ferramenta de aprendizaxe que nos servirá para nomear o mundo que nos arrodea en galego-portugués. "O mundo para crianças sintetizado em 3.000 imagens"
29.1.20
Desplastifícate
Plastiquina |
Mensaxe de Plastiquina |
Rap do CEP Campolongo |
25.1.20
Ricardo Carvalho Calero - A pegada do compromiso
Héctor Cajaraville regresa este ano cunha nova biografía dirixida para o público infantil e centrada na figura homenaxeada das letras galegas, desta volta con Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, un percorrido xeral pola súa biografía composta por sete pezas teatrais sobre momentos concretos da vida do intelectual galeguista, introducidas por un breve estudo que dá conta da relevancia do autor. (B.B). Sacado do xornal Nós - Máis sobre Carvalho Calero
24.1.20
A 2ª "Milla Saudábel" na escola
23.1.20
Cagón: o becho que constrúe vermes de area á beira do mar
Camiñamos á beira do mar e de súpeto aparecen: uns pequenos montículos de area en forma de vermes amoreados elévanse cada pouco tempo, formando ás veces extensións de tamaño considerable. Pero ao tocalos, nada se move. Que hai detrás desta curiosa imaxe? A resposta está na Arenicola marina, coñecido en galego como cagón, entre outros nomes, un anélido poliqueto que adoita vivir en zonas lamacentas e no espazo intermareal. Hai uns días, o Museo de Historia Natural de Londres explicou nun audiovisual a formación destes montículos.“É o que se coñece como sedimentívoro non selectivo. Inxire o sedimento e no tracto dixestivo selecciona a materia orgánica, e o resto desbótao”, explica Xandro García, biólogo experto en invertebrados mariños e divulgador no blog marabaixo.gal. En Galicia, o verme recibe tamén o nome de mangón, cagulo ou sangrón (“chámanlle así porque se usa como carnada na pesca dalgúns peixes, e solta moito sangue cando se mete no anzol”, aclara Xandro).
A presenza destas moreas de area atrae, por tanto, a pescadores en busca de isca para as súas canas. E a súa captura está tamén regulada pola Consellería do Mar; os datos de Pesca de Galicia expoñen que todos os anos pasan polas lonxas varios centos de quilos, a un prezo medio de máis de 30 euros. Porén, para atopar ao cagón hai que buscala baixo a area, porque non se deixan ver pola superficie para estar a salvo dos depredadores. “Constrúen nunha galería en forma de U. Preto da cabeza pode verse unha pequena depresión no terreo, porque é a zona por onde collen a area, e desde aí tragan a area e sácana polo outro estremo”, engade O cagón adoita confundirse con outras especies semellantes, polo que ás veces tamén recibe o nome de miñoca, nome máis utilizado para a Lumbricus terrestris. Porén, a súa morfoloxía pode axudar a distinguila doutros vermes: “Ten dúas partes diferenciadas: unha que se coñece como a torácica, algo máis grosa e escura, onde se poden distinguir as branquias, e outras máis estreita e clara, por onde excretan a area”, apunta Xandro García. Pode acadar máis de 20 centímetros de lonxitude, e chegan a remexer enormes volumes de area durante a súa vida.
Como curiosidade, a Arenicola marina foi obxecto de investigación polo seu potencial na biomedicina para a produción de hemoglobina. Texto sacado de Galiciencia
22.1.20
19.1.20
18.1.20
Os de 5º no "Cross escolar Campo a Través 2020" na Illa das Esculturas
Noelia (5ºB) |
Alicia 5ºB |
Percorridos |
5º Primaria Feminino |
Saída dos de 5º Feminino |
Saída dos 5º Masculino |
Alumnado de 5º de Campolongo |
15.1.20
Calendario científico 2020
Xaneiro 1 |
Xaneiro 2 |
Ver en PDF. Páxina onde se pode descargar completo (Hai tamén unha guía didactica do mesmo)
Ven comigo
Máis sobre o Día da Paz
14.1.20
13.1.20
EXPERIMENTOS GALEFAS POR CURSOS
Fonte de auga con cor (4ºA)
|
Lámpada de lava caseira (4ºA)
|
||
A auga que sobe (4ºA)
|
|||
EXPERIMENTOS ENTREGADOS – 4ºB
|
|||
O paxariño na gaiola (4ºB)
|
O gato con tripas (4ºB)
|
||
Un ovo que flota (4ºB)
|
Escuma de clara de ovo (4ºB)
|
||
EXPERIMENTOS ENTREGADOS - 4ºC
|
|||
- O cabalo máxico (4ºC)
|
Atrapados no arroz (4ºC)
|
||
O ovo saltarín (4ºC)
|
O óso de Goma (4ºC)
|
||
A lata equilibrista (4ºC)
|
|||
EXPERIMENTOS ENTREGADOS 5º
|
|||
A botella que respira (5ºA)
|
|||
Un electroimán (5ºA)
|
|||
Airbag caseiro 5ºB)
|
O fantasma na botella (5ºB)
|
||
Un electroimán (5ºC)
|
|||
EXPERIMENTOS ENTREGADOS 6º
|
|||
Aerodeslizador - (6ºC)
|
|||
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)