31.1.13

Traballos no Día da Paz

From Traballos da Paz 2012-13


Algúns traballos sobre a Paz e un poema cantado polos nenos de 2ºD facendo xestos de Yogote no retrouso da Cantarela dos Nenos de Neiras Vilas.

23.1.13

Irena Sendler

"A razón pola cal rescatei os meniños ten orixe no meu lar, na miña infancia. Fun educada na crenza de que unha persoa necesitada debe ser axudada co corazón, sen importar a súa relixión ou nacionalidade". - Irena Sendler

Cando a Alemaña Nazi invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de ben estar social de Varsovia, que organizaba os espazos de comedor comunitarios da cidade. Ali traballou incansabelmente para aliviar o sufrimento de millares de persoas, tanto xudias como católicas. Grazas a ela, eses locais non só proporcionabam comida para orfos, anciáns e pobres, pois tamén entregábanlles roupa, medicamentos e diñeiro. En 1942, os nazis crearon un gueto en Varsovia, e Irena, horrorizada polas condicións en que ali se sobrevivia, uniuse ao Consello para a Axuda aos Xudeus, Zegota. Ela mesma contou: Conseguín, para min e a miña compañeira Irena Schultz, identificacións do gabinete sanitario, entre cuxas tarefas estaba a loita contra as doenzas contaxiosas. Mais tarde tiven éxito ao conseguir pases para outras colaboradoras. Como os alemáns invasores tiñan medo de que ocorrese unha epidemia de tifo, permitian que os polacos controlasen o recinto. Cando Irena camiñaba polas ruas do gueto, levaba un brazalete coa estrela de David, como sinal de solidariedade e para non chamar a atención sobre si propia. Púxose rapidamente en contacto coas familias e propúxolles levar os seus fillos para fora do gueto, mais non lles podia dar garantias de éxito. Eran momentos extremamente difíciles, cando debia convencer os pais para que lle entregasem os seus fillos e eles preguntaban: "Podes prometerme que o meu fillo vivirá?". Dixo Irena, "Que podia prometer, cando nin sequera sabia se conseguirían saír do gueto?" A única certeza era a de que os nenos morrerían se permanecesem alí. Muitas mais e avós eran reticentes na entrega dos meniños, algo absolutamente comprensíbel, mais que viría a se tornar fatal para elas. Algunhas veces, cando Irena ou as suas compañeiras volvían a visitar as familias para tentar face-las mudar de opinión, verificaban que todos xa foran levados para os campos da morte. Ao longo de un ano e medio, até a evacuación do gueto no verán de 1942, conseguiu rescatar mais de 2.500 meniños por varias vías: comezou a recollelos em ambulancias como vítimas de tifo, mais usaba calquera idea que servise para os esconder: sacos, cestos de lixo, caixas de ferramentas, cargamentos de mercadorias, sacas de patacas, caixóns... nas suas mans calquera elemento transformábase nunha vía de fuga. Irena vivía os tempos da guerra pensando nos tempos de paz e por iso non fica satisfeita só por manter con vida as meniñas e os meniños. Quería que un día puidesen recuperar os seus verdadeiros nomes, a súa identidade, as suas historias persoais e as súas familias. Concebiu entón un arquivo no cal rexistraba os nomes e datos dos pícaros e as suas novas identidades. Os nazis souberon desas actividades e o 20 de outubro de 1943 Irena Sendler foi presa pola Gestapo e levada para a infame prisión de Pawiak onde foi brutalmente torturada. Nun colchón de palla encontrou unha pequena estampa de Xesus Misericordioso coa inscrición: “Xesus, en Vós confio”, e conservouna consigo até 1979, cando a ofereceu ao Papa Xoán Paulo II. Ela, a única que sabia os nomes e moradas das familias que albergabam meniños xudeus, soportou a tortura e negouse a traer os seus colaboradores ou as meniñas e os meniños ocultos. Quebráronlle os ósos dos pés e das pernas, mais non conseguiron quebrar a súa determinación. Foi condenada á morte. En canto esperaba pola execución, un soldado alemán levouna para un "interrogatorio adicional". Ao saír, berroulle en polaco "Corra!". No día seguinte Irena encontrou o seu nome na lista de polacos executados. Os membros da Żegota conseguiron deter a execución de Irena subornando os alemáns, e Irena continuou a traballar cunha identidade falsa. En 1944, durante o Levantamento de Varsovia, colocou as súas listas en dous frascos de vidro e enterrounos no xardín dunha veciña para se asegurar de que chegarían ás mans indicadas se ela morrese. Ao acabar a guerra, Irena desenterrounos e entregoulle as notas ao doutor Adolfo Berman, o primeiro presidente do comité de salvación dos xudeus sobreviventes. Lamentabelmente, a maior parte das familias dos meniños fora asasinada nos campos de exterminio nazis. De inicio, as meniñas e os meniños que non tiñan familia adoptiva foron coidados en diferentes orfanatos e, pouco a pouco, foron enviados para a Palestina. Os meniños só coñecían a Irena polo seu nome de código "Xolanta". Mais anos despois, cando a súa fotografia saíu nun xornal despois de ser premiada polas súas accións humanitarias durante a guerra, un home chamouna por teléfono e díxolle: "Lémbrome da súa cara. Foi a señora que me sacou do gueto." E asi comezou a recibir moitas chamadas e recoñecementos públicos. En 1965, a organización Yad Vashem de Xerusalén outorgoulle o título de "Xusta entre as Nacións" e nomeouna cidadá honoraria de Israel. En novembro de 2003 o presidente da República Aleksander Kwaśniewski concedeulle a máis alta distinción civil da Polonia: a Orde da Aguia Branca. Irena foi acompañada polos seus familiares e por Elżbieta Ficowska, unha das nenas que salvou, que recordaba como "a meniña da culler de prata". 



"Desexamos que os froitos que dean estas maceiras sexan o símbolo da amizade entre Polonia e Alemania", explicou Renata Mock, directora do centro educativo alemán "Irena Sendler" (nome posto para  homenaxeala de por vida)
Irene Sendler foi nomeada para o Premio Nobel da Paz, proposta polo presidente de Polonia, Lech Kaczynski, e pola Organización de Supervivientes do Holocausto, pero ese ano ... déronllelo a Obama e a Al Gore .... Pero a historia desta muller quedará sempre no recordo de todos como unha muller que foi brutalmente torturada e  que arriscou a súa vida para salvar a de moitos outros.

Wangari e as árbores da paz


Unha histoira verdadeira

18.1.13

O Gato e o avó

Conto Viaxeiro ou TROTACONTOS feito por varias centros de Pontevedra,  no curso 2011-12 coa colaboración do Concello de Pontevedra. Clica na imaxe para ver o conto.

Máis contos en Milprimaveros I. 

Máis contos en Milprimaveras II 

Contos en Nlcampolongo 

Contos en E. Física Campolongo.

8.1.13

Galicia

Poema escollido polo noso centro para presentar no proxecto "Poemas do Mundo" no 60 aniversario das Escolas Asociadas Unesco. 

Na linguaxe de signos temos unha versión reducida .Debaixo está enteiro. No vídeo pódese escoitar unha versión cantada.
Numeración dos signos: Galicia: 917, - docemente: 374, - mirando: 1327, - vales: 397, - montañas:92, terras:1438, - traballar:502, - mar:91, - vento:99 - pero:673, -vai:1291, - sentimento:284, -nós:5, - xente:45, - fala:756, -buscas:1405, -ti:2, - encontrala:1274

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!" 

Manuel María (1972) Os soños na gaiola.