4.6.19

Miñas cousas - Cantigas galegas

Ai, la la, ai la la...Ai, la la, 
Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela, (BIS)
da miña comadre o galo (BIS)
non me veña dar con ela.
Ai, la la, ai la la...

Veño de ver o meu liño,
que me dá pola cintura, (BIS)
non sei se é liño, se é herba, (BIS)
bagalla non ten ningunha.
Ai, la la, ai la la...

Unha pera, dúas peras,
non tiña máis a pereira, (BIS)
unha será para o xastre, (BIS)
outra para a costureira.
Ai, la la, ai la la...

No hay comentarios:

Publicar un comentario