21.2.21

21 de febreiro "Día da Lingua Materna"


"Falarlle a alguén nun idioma que entende permite chegarlle ó seu cerebro, pero falarlle na súa lingua materna significa chegarlle ó seu corazón". N.M.   VER  LETRA DA CANCIÓN  -  Artigo relacionado

20.2.21

Brincaletras sobre Rosalía de Castro

Concurso de debuxo "A Nosa Rosalía" durante o curso 2020-21


- Concurso celebrado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar a celebración do "Día de Rosalía" (24 de febreiro). Día do seu nacemento.


- Máis sobre Rosalía de Castro na Aula Virtual da nosa escola.


O Entroido e a a lúa

 "O día principal e case final do Entroido —aínda queda o enterro da sardiña e as piñatas — é o Martes Gordo. Como é ben sabido, a data varía cada ano pois está condicionada pola de Pascua de Resurrección e esta á súa vez polos calendarios solar e lunar. O Domingo de Resurrección será o primeiro posterior á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera —21 de marzo—. Escollérono así os primeiros cristiáns para que coincidise coa Pascua xudía pois parece que esa era a festa que se celebraba cando a Última Cea. E como a igrexa marca o tempo en corentenas, o período precedente, o da Coresma —de xaxún e abstinencia—, debe durar outros corenta días. Así que descontando esa corentena —sen computar os domingos— fixamos a data exacta do día grande de Entroido que será sempre martes por ser domingo o de Resurrección. O que sempre coincide é que os días grandes do Entroido caen en período de lúa nova e a Semana Santa en lúa chea. Isto ten moitas e interesantes lecturas e interpretacións sobre a migración das almas que hoxe non temos lugar para comentar".    -  Antonio Reigosa  do Xornal Nós Diario

17.2.21

"Chove en Santiago" - Carlos Díaz - Poema galego de García Lorca

Recursos sobre Rosalía de Castro - 2021

Campanas de Bastabales-Rosalía de Castro

Adiós ríos, adiós fontes. Poema de Rosalía de Castro cantado por Amanc...

Rexurdimente - CEP Campolongo - Curso 2018-19


Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño mais que darche,
nin ti máis que me pedir.

ADAPTACIÓN DO GRUPO  DE VACAS -    LETRA (Rosalía de Castro)

16.2.21

Antonio Luz- ENTROIDO

Felos de Maceda - Que nos pille reboleando

Musíca do Entroido - Que non pare a festa

A canción é un percorrido polos diferentes personaxes e lugares do entroido galego. A letra de Ramón Veiga vai presentando unha comitiva na que o boteiro, a madama ou o chocalleiro se xuntan co boi, a gárgola ou a marela para festexar o final do inverno e o comezo da primavera. Unha viaxe polo entroiro de Riós, Boborás, Viana, Celanova, Esgos, A Veiga ou Buxán na que as crianzas se poderán mergullar no universo do carnaval galego, nun ano que fará moi difícil que se poida celebrar nas condicións habituais.
 

1.2.21

Refraneiro de Febreiro

Neste mes de Febreiro temos dous santos refraneiros: A Candeloria, o 2, e San Brais o 3. Na Candeloría é cando se di que casan os paxaros, e no San Braís xa se nota como medrou o día.
Clicando nas ligazóns anteriores atoparás máis do que temos aqui neste artigo.
- Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
- A castaña e o besugo en febreiro están en zugo.
- A chuvia en febreiro fai o palleiro. 
- A neve febreiriña vaise axiña.
- A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa.
- Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
- Auga de febreiro , enche o cabaceiro.
Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado non comerás bocado.
- Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro.
- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
- Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino.
"Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou"..
- Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
- Febreiro camiseiro, nen boa meda nen bo palleiro.
- En febreiro corre a auga por calquera regueiro.
- En febreiro garda a leña no leñeiro.
- En febreiro limpan o cu no palleiro.
- En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
- En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
- En Febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro.
- En febreiro, por cada rego un caneiro.
- En febreiro saca o boi do teu centeo.
- En febreiro sae o oso do oseiro.
- En febreiro, sardiñas no fumeiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro.
- En febreiro, sete capas e un sombreiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro".
- En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro.
- En febreiro, un día ó sol e outro ó braseiro.
- Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar.
- Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.
- Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato.
- Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro.
- Febreiro, felerpeiro.
- Febreiro lardeiro...
- Febreiro mollado Maio soleado.
- Febreiro moliñeiro; marzo ventoso; abril chuvioso, maio louro, cuberto de ouro.
- Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
- Neve febreiriña, pícaa a galiña.
- Neve febreiriña, tarde vén e axiña camiña.
- Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro.
- Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
- Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
- Neve febreiriña pica a galiña.
- Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra.
- Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola.
- Polo san Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Por San Brais, dúas horas máis.
- San Brais da barca que afoga e non mata.
- Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
- Se chove en febreiro, nen trigo nen centeo.
- Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.
- Se en febreiro quente estás, en Semana Santa tiritarás.
- Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar.
- O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar.
- Ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro.
- Por San Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado.
- Un día bo en febreiro é un ladrón no eido.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda nin can nin gato.
- Xaneiro xeadeiro, febreiro grileiro.
- Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil.