Podemos asegurar ser mellor unha Galiza probe falando galego que unha Galiza rica usando outra língua... Ainda que a realidade nos enseña que para ser ricos e fortes, non hai outro camiño que o de ser cada dia máis xurdiamente galegos, dando ao concepto de galeguidade as notas da humanidade superior que lle son propias por naturaleza". E ainda engade umas palavras particularmente caras: "Para o noso galeguismo a historia é sempre vital e moza, e por selo debe rectificar o feito doroso do arredamento de Portugal. Os mellores espritos portugueses e galegos son cidadáns da integridade da Galiza... A língua debe voltar a ser a mesma para fortalecemento do seu ser trascendental... O grande optimismo da galeguidade abrangue as esencias criadoras de Portugal"
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
30.6.21
"A lingua o primeiro", dicía Otero Pedrayo na súa obra "Morte e resurreción".
Copíado do Xornal "Nós"
"O título da coluna desta semana vai entre vírgulas porque, ainda que sexa uma afirmación reiteradamente sustida pelos galeguistas, é aqui unha frase de Ramón Otero Pedrayo nun dos seus ensaios: Morte e Resurrección (Ourense 1932); onde fala do galego como um povo em caminho desde a sua origem céltica, na que "callou o principio da nebulosa maternal de Galiza". Um caminho no qual "a Galiza xoga a morrer e a viver", e no que "o galeguismo quer decir a integridade do ser e da alma galega"; salientavelmente na língua galega. Galeguismo quer dizer reconhecimento dos valores galegos, reconhecimento de Galiza como povo de seu, com a sua identidade própria. Nesses valores, para Otero a língua é o primeiro. O seu abandono é un "estado de suicidio, de renunciamento, de parva imitanza"; mas a ele, infelizmente, "figuran aspirar moitos que se gaban de galegos e de bos galegos". Um parágrafo cara ao remate do ensaio resulta definitório da concepción galeguista nacionalista de Don Ramón (sublinhado seu): "A língua o primeiro. A língua, forma psicolóxica da raza, tem de ser a primeira obligación de todos. Pois co uso e cultivo cotidián chegaráse axiña ao punto de unanimidade mínimo para que a galeguidade seña a fórmula completa das arelas de todos os galegos. Ao caír a língua cai tamén a vida galega...".
27.6.21
26.6.21
Letras Galegas 2021 - Xela Arias Castaño - 5ºC
Máis na Aula Virtual, en Dinamización Lingüística.
Ver o Acróstico sobre Xela feito tamén polo alumnado de 5ºC
Os traballos feitos no centro presentámolos ó certame organizado pola RAG "O Voso Día Das Letras"
21.6.21
Galefas 2021
Algúns dos máis pequenos do centro entran con forza no grupo Galefas. Outros deixan o noso centro para continuar, no instituto ... esta xeira paradoxal que vive a nosa lingua: O galego semella unha lingua estranxeira na nosa terra. Recordamos en honor a eles o poema "Sementeira" de Florentino Cuevillas: «Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega, seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso que sementades ou se solo esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira»
14.6.21
Certame "O Voso Día Das Letras"
O noso centro presentóuse ó Certame "O voso Día das Letras" que organiza a RAG no seu blog "Primavera das Letras". Por orde de chegada no listado de coles estamos no nº 51. Axilizamos dende aquí o que puxeron de texto do noso centro:
"Na ampla peneira de recursos que podemos atopar na páxina especial da aula virtual do centro sobre Xela Arias, hai catro apartados de colleita propia que destacan para nós: o díptico, a biografía, un brincaletras e un conxunto de actividades interactivas."
13.6.21
10.6.21
2.6.21
1.6.21
Refraneiro do mes de xuño
-A auga en San Juan tolle o viño e non dá pan
-Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.
-A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan´
-A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan
-A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
- As trampas de san Xoán, por onde veñen, van.
-Até o corenta de maio, non quites o saio.
- Até o san Xoán, toda a herba é pan.
-Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
- Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán.
-Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño.
-Como sempre, detrás de maio vén san Xoán.
-De San Xoan a San Pedro, cinco días van no medio
-Día de san Paio, a cegoña nos prados.
-De San Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
-En san Xoán, as nove con día dan
-En san Xoán, nin a mexeira dun can.
-En san Xoán, a fouce na man.
- En san Xoán a sardiña molla o pan.
- En san Xoán, nin a mexeira dun can.
-En san Xoán, pés na cama, pé no chan.
- Entre san Xoán e san Pedro cinco días van no medio.
-Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.- Lampreas en san Xoán, para o can.
-Maio longo, san Xoán redondo.
- No dia de san Xoán baila o sol pola mañán.
-No mes de san Xoán secan as fontes e arden os montes.
- No mes de san Xoán pican as pulgas o rabo do can.
- O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas San Xoán.
- O peixeiro trae o peixe, o padeiro trae o pan e as trasnadas, san Xoán.
-Polo san Xoán rapa o carneiro a la.
-Polo san Xoán baila o sol no chan.
- Tantos días de auga en nadal como de auga en san Xoán.
-Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)