Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
30.12.14
27.12.14
24.12.14
20.12.14
19.12.14
18.12.14
Contos do Apalpador de 4ºC
Clica na imaxe para ver os contos do Apalpador que fixeron os alumunos/as de 4º coa profe María.
Máis sobre o Apalpador
17.12.14
Armillaria mellea

Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi
14.12.14
Libros para agasallar neste Nadal

Ver os de infantil
Ver os Secundaria
7.12.14
Descuberto en Cerdedo un novo cogomelo `Ramaria Cercedensis`
O experto pontevedrés en micoloxía, Jaime Blanco Dios, anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo.
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur). O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"
Ollos de Aula - nº 18 - Decembro
Entre outras pequenas e importantes novas atoparás:
O primeiro ano de escola
- A educación da masculinidade no século XXI
- Palabras do Ensino: RRI (Regulamento de Réxime Interno
- Punto GAL na rede
- Reconmedacións de viaxes e lecturas
Números anteriores na páxina da CGEDNL
Números anteriores na Etiqueta "Ollos de Aula" deste blogue
O primeiro ano de escola
- A educación da masculinidade no século XXI
- Palabras do Ensino: RRI (Regulamento de Réxime Interno
- Punto GAL na rede
- Reconmedacións de viaxes e lecturas
Números anteriores na páxina da CGEDNL
Números anteriores na Etiqueta "Ollos de Aula" deste blogue
4.12.14
O bilingüísmo e o Alzeimer
Investigadores da Universidade de Gante (Bélxica) observaron que as persoas con alzheimer que son bilingües adoitan desenvolver os primeiros síntomas da enfermidade entre catro e cinco anos máis tarde que quen só falan unha lingua.
No estudo incluíron a un total de 134 pacientes dos que case a metade, 65, eran bilingües. Neste grupo de pacientes os primeiros síntomas de demencia debutaron aos 76,1 anos mentres que a idade media do diagnóstico foi aos 77,3 anos, fronte aos 71,5 e 72,5 anos de media respectivamente en quen só falaban un idioma.
As análises controlaron outros factores que podían influír no resultado como a educación, a profesión e o status socioeconómico, pero en realidade ningún tivo un efecto sobre a idade de inicio dos síntomas.
Estes achados confirman investigacións previas que suxiren que o bilingüismo pode retardar o envellecemento cognitivo e contribuír á reserva cognitiva.
Segundo recoñecen os investigadores, parece que o control constante que require dominar dous idiomas é como un adestramento para o cerebro, que desafía ás células da materia gris e protéxeas da súa dexeneración.
Nova sacada do blog EDNL Divina Pastora de Ourense
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)