23.3.20

A festa dos Maios en diferentes zonas da Galiza

Arriba tes un resumo da tradicional Festa dos Maios en diferentes zonas da Galiza. Logo temos a letra do noso Maio (2011), que, entre outras cousas, tamén fala da lingua.

Somos un e máis de dous
somos miles pola lingua
somos moitos pelexando
para que non sofra mingua.

Moitos séculos escuros
coa Lingua esquecida
resistindo da aldraxe
a que estivo sometida.

Grazas á oralidade
o galego segue vivo
coas tonadas e cantigas
foise abrindo camiño.

Os que desprezan a Lingua
da terra onde naceron
xa semellan renegados
ou o xuízo perderon.

Galegos amade a Lingua
porque é o noso tesouro
agarimo dos que falan
coa palabra dun pobo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario