A nosa escola comeza unha nova andaina na
rede social profesional (mestres) "Redeiras", da Consellaría de Educación. As novas tecnoloxías avanzan na escola. O primeiro grupo creado é o de
"Nós tamén creamos". Agora só queda
unirse ó grupo ou crear outros grupos.
a finalidade é a de compartir e visualizar outros traballos que están a facer noutros centros educativos. Agardamos que aínda que sexa amodo, a rede teña éxito para o ben do ensino público e da súa calidade.
NOTA. Para entrar hai que poñer as mesmas claves que un pon no xade ou no correo electrónico da Xunta.