28.4.13

Trotacontos 2013 de Infantil



Neste curso o Trotacontos quixo chamar a atención dos máis pequerrechos sobre a importancia da áuga, pois para a UNESCO, este ano 2013 é tamén "Ano Intenacional da Auga". Por iso, "Cunha chea de água... poden acontecer moitas cousas..."

Nel traballamos seis escolas do Concello de Pontevedra (CEIP Campolongo, CEIP Parada-Campañó, CEIP Santo André de Xeve, CEIP San Bieito de Lérez, EEI Fina Casalderrei  e a  EEI de Verducido  

  Ver máis páxinas

18.4.13

Galicia/Galiza xuntas dende o 2003




Tanto Galicia como Galiza son válidas na Normativa Galega. Esta última foi incluída, por estar documentada en moitos textos da idade media e por ser recuperada nos nosos tempos, na chamada "Normativa da concordia" do 2003.

Podemos dicir que "preferentemente" a oficial é "Galicia" pero que para  outras moitas cousas, pódese dicir "Galiza",  tal e como lle chaman os portugueses ó noso "país", e recordamos que para moitos "o Portugués é fillo do Galego". Curiosamente, existe un pobo chamado Galiza preto do Algarve (Portugal), outro "Galizas" a altura de Porto.

Ver na páxina 41 das Normas Ortagróficas na nosa páxina web da escola

13.4.13

Nós tamén creamos


Estamos a punto de comezar a "rodar a película de animación" con todas as personaxes, e demais figuras que fixeron, a maioría con material de regugallo, ó alumnado de terceiro nivel do conto de OQO "A noite das mudanzas". Ver bases da convocatoria.

8.4.13

Pintor Rafael Alonso


Clica na imaxe para ver o traballo do Pintor Rafael Alonso feito por Sira, de 5ºB

A introdución das camelias en Pontevedra

Nun principio creuse que as primeiras camelias en chegar a Europa entraron por Portugal a mediados do século XVI e traídas por antepasados do conde de Campobello. Con todo hoxe está aceptado que as primeiras importacións de camelias chegaron a Portugal sobre 1808 - 1810 desde un viveiro londinense, MILE END e importadas por un tal Vanzeller. 
D.José Marques Loureiro gran horticultor, de orixe humilde, naceu no ano 1830, en Besteiros, distrito de Vizeu e se foise a Porto aos 15 anos para traballar nun pequeno viveiro propiedade de Pedro Marques Ribeiro, a QUINTA DÁS VIRTUDES. No ano 1849-50 pasa ás súas mans chegando a ter en 1972 máis de 750 variedades das cales máis de 150 eran de creación portuguesa e desde alí veñen a Pontevedra, Vigo e a todo o Sur de Galicia, para seguir estendéndose polo Norte de España e ao resto da Península. No seu catálogo nº 1 editado en 1865 figuran 169 variedades portuguesas. O noso investigador Odriozola afirma que as primeiras camelias de Pontevedra e Vigo proveñen efectivamente do establecemento de Marques Loureiro e baséase nunha factura fechada o 28 de Xaneiro de 1876 pasada á Escola de Agricultura de Pontevedra (1873 a 1886) e que hoxe está na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na que figuran entre outras "trepadeiras, arbustos de follaxe permanente e de folla caduca" e 25 variedades de camelias cos seus nomes respectivos, 17 portuguesas e 8 estranxeiras de prezo entre 400 e 700 reais, carísimas, con Alba Plena, Peonía rubra e Coletti Beira, entre outras.  Despois a propia Escola publicou un Catálogo de plantas, arbustos, etc. en 1882 con 130 variedades 60  portuguesas e 50 estranxeiras. Tamén existe a constancia de que foi o  Marques Loureiro ao que chaman enxeñeiro paisaxista o que estableceu no ano 1860 os xardíns do Pazo do Marqués Valladares hoxe o núcleo do Parque Quiñones de León- Vigo. Posteriormente en 1890 o viveiro portugués pasou a denominarse COMPANHIA HORTICOLA AGRICOLA DE PORTO xunto con Geronimo dá Costa.

Máis en Camelias.Net.


As dez virtudes da camelia

1-Lonxevidade: Pensábase noutros tempos que a camelia tiña máis longa a vida que calquera outro arbusto ou árbore, e esta era una virtude vida do Ceo.  2-Inmutabilidade: As follas da camelia permanecen sempre verdes ao longo das estacións, e isto amosa a virtude da inmutabilidade.
3-Continuidade:  A camelia inxírese doadamente,  e así amosa a virtude da continuidade.
4-Resurrección: A camelia estoupa en botóns ou abrochos na tempada primaveral, mesmo despois do frío paisaxe do inverno, e esta é a virtude da reviviscencia.
5-Pureza:  A camelia branca é símbolo da pureza, e todas as camelias deben medrar con limpeza. Esta é a virtude da pureza e a tersura .
6-Beleza: A camelia amosa unha beleza inmutable durante a época da floración, en calquera lugar que medre. Esta é a virtude da permanencia da beleza:
7-Colorido:  A camelia ofrece o animado contraste das súas verdes lustrosas follas co vermello dos pétalos e o amarelo dos estames, e esta é a virtude da variedade.
8-Tesón: A camelia conserva, perante toda a súa vida, as características de fermoso e pequeno árbore florido. Esta é a virtude da inflexibilidade.
9-Servizo:  A camelia danos as súas marabillosas flores cando son moi poucas as outras que florecen. As flores úsanse para facer ramos, e tamén nas cerimonias relixiosas, e a pequena árbore serve para embelecer a paisaxe. Esta é a virtude do servizo.
10-Utilidade:  A madeira da camelia, sobrante da poda, úsase para facer carbón, que vale para a cociña e para braseiro. Das sementes sácase aceite, que se usa para moitas cousas, como guisar ou suavizar os cabelos. Esta é a virtude do beneficio.


Anrakuan Sakuden (1554-1642)

Versión Galega de Álvaro Cunqueiro


7.4.13

C. nitidissima, a camelia amarela por excelencia



Durante séculos moitos contos de camelias amarelas se contaron. Moitos exploradores que negociaron  e viaxron ó Extremo Oriente falaron sobre as camelias amarelas que viran. Estes contos aumentaron o apetito dos produtores occidentais da camelia. Había algunhas camelias como 'JAUNE " ( Camellia oleifera)  que levantou as esperanzas dos produtores occidentais  de que unha camelia de floración amarela podía ser realmente posible.  A camelia "JAUNE 'tamén coñecida  como “ Afortunada Camelia Amarela",  ten un centro de petalas  amarelas (pequenos), pero ningunha cor amarela  nos pétalos (ver aquí).

Foi  a finais dos anos 1970 que a nosa procura dunha camelia floración amarela no mundo occidental chegou máis preto de se facer realidade. Durante este tempo, as relacións con China melloraron notablemente, e foi cando se  recibiu por primeira vez material vexetal dunha especie con flores amarelas.

Orixinalmente, a especie foi introducida como Camellia chrysantha, e foi visto no mundo camelia con entusiasmo total. Como as primeiras plantas comezaron a ser distribuídas para os entusiastas de camelia, descubriuse que o nome orixinal non era correcto. Esta primeira especie amarela de camelia resultou ser  realmente a Camellia nitidissima.

As áreas nativas para Camellia nitidissima son  o sur de Guangxi, en China, así como certas partes do norte do Vietnam. As flores teñen unha cor profunda  amarela. As pequenas flores son caracterizados por pétalos moi excepcionalmente grosas, que son moi diferentes das especies que a maioría de nós está familiarizado. As plantas desta especie poden obter alturas de ata 15 metros de altura. A follaxe pode variar a partir de grandes follas anchas para finas follas estreitas, dependendo das variedades  individuais desta especie. A Camellia nitidissima é moito menos forte que Camelia xapónica ou a c. sasanqua , polo que ten  que ser protexida contra o frío extremo. 

Un número de híbridos foron desenvolvidos empregando esta especie como un dos pais, pero ata agora a procura por pasar esta cor amarela intenso para os híbridos foi un pouco decepciónante. Hai moitas outras especies de flores amarelas que están agora a ser cultivadas e utilizando a hibridación  coa esperanza de que o desenvolvemento do híbrido perfecto amarelo. Un híbrido realmente agradable amarelo foi desenvolvido polo Dr Clifford Parques que cruzou a  Camellia nitidissima con outras especies floridas amarelos chamados C. chrysanthoides .

A Camellia nitidissima tornouse un amigo familiar para moitos dos que aman as camelias desde que se introduciu por primeira vez a finais dos anos 1970. Hai moitas outras especies de flores amarelas agora no mundo occidental, pero C. nitidissima sempre será recordada como a primeira que namorou áos cultivadores en non cultivadores.

Fonte Orixinal.

Algunhas camelias no Castelo de Soutomaior

6.4.13

Camelia xaponica na zona norte do cole

Camelio situado na zona norte do cole, aínda ten pouca vitalidade. Demasiada sombra? Pouca terra?

Camelia xapónica en plena floración no CEIP Campolongo


Hai camelias que teñen tamén moita forza en primavera, entre elas están as reticulatas, de momento non sabemos que tipo de camelio é este que temos preto do patio de infantil, pero semella unha delas pola vitalidade que ten e por ser de porte grande as súas flores.

Origami - Camelia

Que un origami ?

A rosa do inverno

O lugar onde a camelia se fai árbore


Un xardín de excelencia internacional

A camelia fai dos xardíns de Soutomaior un referente mundial en Ponte.tv

A Camelia con Carmen Salinero

   

A presidenta Española da Asociación da Camelia, Dona Carmen Salinero (bióloga no Centro Fitopatolóxico do Areeiro), cóntanos algunhas curiosidades sobre as camelias.

5.4.13

4.4.13

Ollos de Aula - Nº 6 - Abril



Revista para as familias


Clica na imaxe  e neste Nº 6 de Ollos de Aula  atoparás :

- A lectura: un tesouro - Agustín Fernández Paz
- Que fago co meu fillo/a adolescente - Alberto Casqueiro (Licenciado en Psicoloxía)
- Palabras do ensino . PCPI (Programas de Cualificación Profosional Inicial) - Lines Salgado
- Cousas para aprender, amar e para percorrer - Gracia Santorum
- Outros: Abril mes dos libros ...

3.4.13

Actividades en Liña de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013


Clicando na imaxe entrarás na páxina do Seminario Galán, onde teñen feitas unhas actividades para os diferentes ciclos de priamria de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas 2013.