23.3.20

Algúns refráns de Xosé Manuel Pintos


Estas expresións que a continuación imos comentar son do poema :
" DÁNDOME PARTE FAUSTINO DOMÍNGUEZ DE SU CASAMIENTO CON LUÍSA COUMES GAI LE CONTESTÉ EN 13 DE MARZO DE 1843 A LA SUYA DEL 6 DEL MISMO LO SIGUIENTE".   Do pontevedrés X.M. Pintos (un dos grandes precursor do Rexurdimento Galego). En boca de moitos o máis importante.
 - “Andar ás turras” . Enredar, andar a xogar.
 - “Quen co demo cava a viña, vendima a viña co demo” . O que fai maldades recibirá en pago maldades.
 - “Lavercos”. Maliciosos, pillos, trangalleiros, tramposos (cun certo sentido erótico)
 - “Laverquiñas*”. Mulleres de vida lixeira.
 - “Abrir coroa”. Facerse cura
 - “Triscas” Reloucos, reunións divertidas (moitas veces de xente nova) onde se fai barullo, ruídos ao comer froitos secos ou cos pés.
 - “Andar catando nas uvas sen deixar acio enteiro”.“ Que teñen relacións amorosas con moitas mozas distintas.
 - “Sen migalla de proveito”. Sen comprometerse nunca en serio.
- “Sétimo sagramento”. O matrimonio.
 - “Coquiños”. Arrumacos, meiguerías, agarimos ou enredos que fai o neno con acenos e sons.
 - “Fontes da vida”. Mamas, tetas.
 - “Mirando para a folla xa se coñece ó pereiro”. Vendo como sodes exteriormente xa se coñecen as vosas cualidades”.
 - “Non te babes”. “Disimula o gusto que che dá ver o ben que o fixeches”

Ningún comentario:

Publicar un comentario