28.2.19

Ficha para as plantas


Queres investigar agora nas vacacións de Entroido?

Aproveitando o traballo feito no Horto Vertical, imos facer unha ficha con cada planta (pódese presentar tamén en formato dixital). Ver ficha en PDF. Pódese facer na casa con o sen axuda dos pais.

Modelo de ficha para todos:

1-Foto da planta na botella e foto normal ou debuxo.
2-Nome científico da planta. 
3-Nome en galego con sinónimos
4-Outros: castelán, inglés ...
5-Orixe da planta: America, Europa ...
6- Utilidades ou Curiosidades : mediciñais, decorativas, comestible ...
7-  Refráns, Contos, Lendas (se tivera)

Horto Vertical - Documental na TVG

 - Ver o documenal na TVG

 - Ver fotos das botellas en GHAFOS 

- Máis fotos na páxina web do centro (Enlace 1) -  (Enlace 2)

Artigos relacionados na Etiqueta: - Horto Vertical

Transcripción do audio do documental:  "Esta é a nova estética que loce a parede norte do CEP Campolongo de Pontevedra. Un proxecto impulsado pola ANPA en colaboración co centro e a estación fitopatolóxica Areeiro transformou o muro nun xardín vertical elaborado polos alumnos.

"Os obxectivos do proxecto primeiro é facer unha reciclaxe e que que os rapaces aprendan como é o proceso da plantación. Primeiro pensamos facerlles o traballo. Deixarlles as botellas preparadas, traerlles unhas plantas, pero pensamos que era moito máis didáctico que fixesen eles o traballo, poñerse as luvas, meter as mans na terra, darse conta do compost, que sempre lles fai moita graza de que sexa esterco, e que escollesen eles a propia planta", di Antonio José Rodríguez, presidente da ANPA.

Esta mañá os alumnos de quinto e sexto de primaria finalizaban o proxecto plantando os seus esgallos en cadanseu testo reciclado e decorado por eles.

"Temos que botarlle antes unha terra, despois un pouco de fertilizante, tamén chamado compost e despois outra vez terra. Despois facemos uns buratiños e plantamos a planta".

"Primeiro trouxemos a nosas botellas decoradas que está moi ben porque reciclamos o plastoc, e despis pnatamos as plantas. Primeiro botamos a terra, o compost enrriba, fixemos uns buratiño e puxemos a nosa planta e despois a pechamos e asi quedou", din os nenos.

Unha experiencia que non remata hoxe, xa que a partir de agora cada un deberá encargarse do coidado diario da súa planta para que o xardín perdure.

"Ao entrar ao cole ou ao saír vimos coa botella de auga que temos na clase e regamos as plantas para que poidan coidarse".

"Despois do colexio ou antes cada día botarlles un pocuo de auga, salvo que chova", din os pequenos.

A iniciativa foi moi ben acollida polos alumnos, tanto pola súa vertente didáctica como polo resultado.
"Moi chulo, a verdade, porque é moi divertido plantar as plantas con cousas recicladas". 

"Así queda máis decorado", aseguran.

O resultado, un xardín vertical onde a natureza se mestura coa arte."

Horto Vertical - Colocando as plantas nas botellas

Nais e Pais da ANPA explicando como colocar a terra e o compóst para que prendan ben as  plantas nas  botellas.

Ver todas as botellas  - Ver documental na TVG

- Máis fotos na páxina web do centro (Enlace 1) -  (Enlace 2)

Artigo relacionado (fotos de algúns grupos de alumnos)

- Etiqueta Horto Vertical

27.2.19

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO) 3º A,B,C e 2ºC

Para festexar o día de Rosalía  co alumnado de 1º, 2º e 3º decidimos cantar o poema "Adios ríos, adios fontes...", coa axuda do mestre Alberto que nos acompañou coa súa guitarra.
A continuación podedes ver uns vídeosco resultado final. Esperamos que vos guste. Moi bo traballo rapaces!!!!

3ºC



3ºB


3ºA



2ºC

XENIAL RAPACES!!!

26.2.19

Día de Rosalia de Castro - 24 de febreiro









Máis sobre Rosalía de Castro

Horto Vertical - As botellas e as plantas




Ver algunhas das botellas
Etiqueta Horto Vertical  - Ver documental


Entroidos de interese turístico


Novos Galegas Golfiños 1ºB - 1ºC


1ºB
1ºC

 Máis sobre os Galefas

A xustiza pola man - Rosalía de Castro


Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―――
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

A xusticia pola man. "Follas Novas"
Rosalía de Castro

25.2.19

Horto vertical organizado pola ANPA


CEP Campolongo
6ºA
6ºA


6ºD
6ºD
5ºA



5ºC
Ver as botellas coas plantas  - Ver documental

Artigo relacionado


Etiqueta Horto Vertical

Plantación de árbores en Salcedo



Máis fotos


Mais na web da Comunidade de Montes de Salcedo

Na saída que fixemos ó Monte de Salcedo pudemos ver dende o novo mirador as vistas de case toda Pontevedra, logo dunha pequena parva plantamos 70 "Pseudotsugas  ou Abeto de Douglas"  entre todos os cursos en tres días. Rematamos visitando algunha das pedras  con petróglifos que forman parte do Patrimonio Material desta parroquia e coas lendas que as envolven (Patrimonio Inmaterial)
Da súa páxina web sacamos as seguintes: "Existen na parroquia de San Martiño de Salcedo (concello de Pontevedra) un conxunto de petróglifos —o catalogado como Grupo Nº 5 dos petróglifos de Outeiro da Mina— coñecidos como Pedra do Fundamento ou Pedra da Moura. Estas pedras gravadas teñen unha lenda de mouros asociada que di así“A xente conta que na Pedra da Moura habitan dúas mouras moi fermosas que se convertían en serpes. Din que estas damas belidas gustaban de ir á festa, como o común dos mortais, e cando regresaban para o monte acompañadas dalgún mozo, pois a súa fermosura era engado para acompañantes, ó chegar un pouco antes da devandita pedra parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló.
 
Un día un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra e cal foi a súa sorpresa cando viu que as mouras que acompañara esa noite se transformaban en serpes arrepiantes e desaparecían na peneda. Tamén contan que outra vez unha destas mouras díxolle ó seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co pesado encantamento. A moura díxolle ó rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase non se asustara. Así fixo o mozo, pero tan pronto chegaron á pedra, a moura transformouse en serpe e amosouse ante el con tal repugnante fasquía e un caravel nos beizos. O rapaz asustado saíu correndo sen cumpri-la súa promesa de axuda-la a se desencantar”.

Cativos na cociña. Un neno peruano cociñando en galego

 Antonio, meco do Ghrove, merca e cociña un polbo da ría.

22.2.19

Exposición "Da razón de Goya aos monstros de Dalí"





A través de 80 gravados orixinais de Salvador Dalí e a selección de 19 gravados orixinais de Goya, tivemos a oportunidade de poder gozar da obra de dous xenios da pintura mundial e comprobar que ambos os artistas están moito máis preto do que se podería pensar. Dalí utiliza a técnica do heliogravado para reproducir os caprichos orixinais engadíndolles cor, ademais da súa característica iconografía e imaxinario surrealista. Así, nas reinterpretacións de Dalí aparecen reloxos brandos en alusión ao paso do tempo; as muletas e falos afastados, símbolos do medo á impotencia sexual; as caveiras, en referencia á fugacidade da vida; as chaves, simbolizando a mente; as pedras, en referencia á paisaxe da súa contorna natal; e o saltamontes, animal polo que sentía terror . A importancia da relectura que realiza Dalí dos caprichos goyescos radica na sátira que facía Goya no seu tempo sobre os vicios dos homes e os absurdos da conduta humana, con temas coma a corrupción do poder, os privilexios das clases gobernantes, a luxuria ou as inxustizas da lei. Destacar que o único título que Dalí respectou integramente dos orixinais de «O soño da razón produce monstros», considerado por moitas persoas unha das primeiras obras surrealistas.
Goya foi

Estrenamos novo parque recreativo en Campolongo



O venres  15 de xaneiro de 2019 inagurouse o novo parque en Campolongo.

 Ver nova en Pontevedra Viva  (con máis fotos)