A castaña quere en agosto arder e en setembro beber
A chuva no mes de agosto non é chuvia, é mel e mosto
Agosto ardenteiro, herba no palleiro
Agosto e vendima non son cada día
Agosto, frío no rostro
Agosto madura e setembro vendima as uvas
Agosto marchou, o que mallou mallou
Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito e outros con dano.
Aí vén san Lorenzo co caldeiro penso
Auga de agosto, azafrán, mel e mosto
Ceba o porco desde agosto se queres que estea gordo
Despois da Peregrina, o inverno vén enriba
En agosto da o frío no rostro
En agosto sol posto, noite connosco
En agosto viño mosto
En agosto está a auga tras do toxo
En agosto, o porco pon o entrecosto
En agosto, sol posto, noite connosco
En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
En xullo e agosto estroupelear, que é o tempo do liño mazar.
Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira
Ó que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña
O mes de agostiño fai o bo viño
O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu
Pasados os Remedios e san Roque (16), xa non hai sesta nin merendote
Porco agostado é medio cebado
Pasados os Remedios e San Roque xa non hai sesta nin merendote
Por santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña
Por santa Mariña mata a túa galiña
Por santa Mariña sementa a nabiña.
Primeiro de agosto, primeiro de inverno
Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto
Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
Se queres ter bo lomo, ceba o porco desde agosto
Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro