Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

22.11.17

RUBICUNDO Teatro dos Ghazafelhos

 Unha das obras de teatro que vimos este ano foi Rubicundo. Deixamos aquí un pequeno resumo: Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio… pois así é esta rapaza, curiosa e soñadora.  Ver fotos deste saída

22.6.16

Teatro - "O bigote de Mimí"





O alumnado de 3ºC representou a obra de teatro "O bigote de Mimí"  de Manuel María. Esta adaptouse  para que poidera participar toda a clase. Enriba tes o vídeo por se queres vela. A duración é de 13 minutos.

21.5.16

Teatro: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"


Ler o obra en PDF

Unha simpática  e maxistral obra  de Manuel María  interpetada polo alumnado de 4ºC durante a Semana das Letras Galegas no curso 2015-16.
Debaixo temos a mesma obra pero feita por outro grupo da mesma aula (4ºC).  
As dúas están moi ben

.

5.6.14

O Conuco do Tío Coello


Pequena obra de teatro feita polo alumnado de 3ºC no mes da lingua, durante o curso 2013-14

Ver fotos

1.6.14

Amelia quere un can

Obra de teatro escenificada polo alumnado de 4ºC no curso 2009-10 no CEIP Campolongo, baixo a tutela da súa mestra Sira Á. S.

30.5.14

Teatro de monicreques- "O Merlo Branco"


Alumnado de 4ºB facendo unha adaptación da obra de teatro de Candido Pazó "O Merlo Branco" 

 Debaixo o segundo grupo facendo a mesma obra.

 

11.10.13

CEP Campolongo dentro dos admitidos no programa "Nós tamén creamos"


Neste curso volvemos a participar no Programa "Nós tamén creamos". Este ano cambiou o formato, primeiro faremos un curso "en liña" coa Plataforma Platega da Xunta, e logo pasamos a editir unha nova curta de animación dun conto da Editorial OQO.
 Se queredes ver a do curso anterior podedes ir o artigo deste blogue, ou ben ir direcamente a páxina da CRTVGA  e ver  " A noite das mudanzas".

14.5.13

O Espantallo Amigo


Este ano, nestes días das Letras Galegas, o alumnado de 2ºD, agasallounos con esta pequena obra de teatro chamada "Espantallo Amigo", de Neiras Vilas. Noraboa tanto ó alumnado como a súa mestra María, polo bo traballo que fixeron.

9.3.13

Cocorico


Pequena obra de teatro do conto "Cororico" feita polo alumnado de 3ºB e que participa este ano nas Actividades da XIV Edición do Salón do Libro de Pontevedra.