Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

17.2.21

Recursos sobre Rosalía de Castro - 2021

Campanas de Bastabales-Rosalía de Castro

Adiós ríos, adiós fontes. Poema de Rosalía de Castro cantado por Amanc...

Rexurdimente - CEP Campolongo - Curso 2018-19


Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño mais que darche,
nin ti máis que me pedir.

ADAPTACIÓN DO GRUPO  DE VACAS -    LETRA (Rosalía de Castro)

28.6.20

Adaptación "Adiós Ríos, Adiós Fontes". Homenaxe ós traballadores da pandemia polo COVID-19 - Alessandra G. R.

Unha galega na Suíza deleitanos con esta adaptación. Haberá que  emigrar para valorar o que temos?

Adios ríos, adios fontes,

adiós regatos pequenos,

adiós vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,

terra onde me eu criei,

tamén onde a ti chegou,

esta mal que fai morrer.


Este mal que non fai ruído,

este mal que non se ve,

este mal que non ten cheiro,

canto mal está a facer!»


Nin disparos, nin ballestas,

non hai bombas nin canóns,

só un virus con corona,

fai estragos en todos nós


E nós que creiamos ser,

os reises do universo,

e ante un virus tan pequeno

cambiamos pronto de verso


Pero dentro desta guerra,

temos soldados de ben,

son médicos e enfermeiras

que nos coidan por doquier


Cansos de tanto traballo,

estes bos profesionais,

olvidanse deles mesmos

para coidar os demais

A maior parte das veces,

en moi malas condicións,

arriscándose a contaxiarse

seguen velando por nós

seguen velando por noooossssss ...


Mil grazas dou a quen cura

a quen nos dá unha palabra

de cariño e de tenrura

mil grazas vos dou, mil grazas


Grazas tamén a quen limpa

grazas tamén ós que aguantan

policias, dependentes,

xentes que poñen a cara


E por riba de todo,

vida a tí che dou as grazas,

leva os virus e as coronas,

deixanos a terra mansa


Fai maxia non pobres homes,

enseñándonos a amala

que quede a terra sementada

de humildade e de esperanza


Adios ríos, adios fontes

adiós regatos pequenos

adiós vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.

non sei cando nos veremoooooooos



19.12.19

Situación da estrela Rosalía de Castro

Estrela Rosalía de Castro
Rosalía de Castro xa ten estrela a 240 anos luz da súa terra. Xa  forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, unha colección de datos estelares compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e os seus colaboradores do Observatorio de Harvard, nos Estados Unidos. Pola súa parte, o planeta que o acompañará nese recuncho do universo, Río Sar, foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler. Ten un tamaño algo maior ca Xúpiter e xira moi preto do seu ‘sol’, facendo unha órbita completa arredor del cada catro días.

5.3.19

Día de Rosalía


Para festexar o día de Rosalía  co alumnado de 1º, 2º e 3º decidimos cantar o poema "Adios ríos, adios fontes...", coa axuda do mestre Alberto que nos acompañou coa súa guitarra.
A continuación podedes ver uns vídeosco resultado final. Esperamos que vos guste. Moi bo traballo rapaces!!!! 3ºC /3ºB/3ºA/2ºC






XENIAL RAPACES!!!

27.2.19

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO) 3º A,B,C e 2ºC

Para festexar o día de Rosalía  co alumnado de 1º, 2º e 3º decidimos cantar o poema "Adios ríos, adios fontes...", coa axuda do mestre Alberto que nos acompañou coa súa guitarra.
A continuación podedes ver uns vídeosco resultado final. Esperamos que vos guste. Moi bo traballo rapaces!!!!

3ºC



3ºB


3ºA



2ºC

XENIAL RAPACES!!!

26.2.19

A xustiza pola man - Rosalía de Castro


Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―――
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

A xusticia pola man. "Follas Novas"
Rosalía de Castro

5.3.18

Rosalía Universal - Campanas de Bastales en 21 linguas

Na Universidade de Edimburgo celebróuse o Día de Rosalía de Castro onde se  le “Campanas de Bastabales” en 21 linguas diferentes.