Etiquetas
Páxinas de interés
29.10.20
Cantos que contan "Mundo Louco" canción do disco "Lingua Guapa"
Fotos e Recursos para o Samaín
4ºC |
Ver máis fotos
Recursos
Historia do Samaín abreviada En Vieiros Máis completa | Vídeo didáctico con música | |
Descargar o libro do Samaín (materiais para traballar na aula) | - Conto "Indo eu para Samaín" - O Sacauntos | U. Didáctica do Samaín cos Bolechas |
O Samáin coa familia Trebón (video de debuxos animados) Os defuntos falaban Castelao (curta) | Libro "Samaín: A Festa das Caliveras" | Música: "Brinca Vai no Samaín" Música -video "Danza Macabra |
Xogo | Deixa en Herdanza a túa lingua | PDF "Traballar as Emocións: O Medo" Materiais de varios Equipos de Coruña (contos, debuxos ...) Ver máis Recursos para O Samaín |
24.10.20
200 cantigas galegas
7.10.20
Pintar ten premio - Concurso Olla a Palabra do día!!
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan,O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de .... , primaria ...
Establécense as seguintes categorías: ... Primaria 1. Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria. Primaria 2. Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria ...
Cada traballo presentado ao concurso levará á linguaxe visual as palabras do día do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal) dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020 (de luns a domingo), que xirarán arredor dos seguintes temas: o Día da Nena, a vida e a obra do Protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero, o Samaín e a educación ambiental. Todas as palabras estarán dispoñibles, a medida que se publiquen, na ligazón https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/.
Os traballos deberán incluír por escrito as 7 palabras da semana en que se inspiran e funcionar como mapas conceptuais ou apuntamentos visuais que sinteticen en imaxes a temática abordada, e que poidan dialogar con outros conceptos relacionados. As imaxes deberán referirse de forma clara cando menos a 5 das 7 palabras do día da semana elixida cando se concorra nas categorías Primaria 2 . Nas categorías de Primaria 1, a participación realizarase por aulas.
Cada aula poderá concursar cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas cando menos por outros 7 estudantes (ou toda a aula de seren menos). ...
Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...). O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro.
Neste blog do EDNL do CEP Campolongo, na columna da esquerda (versión web da páxina) estará o logo permanentemente para entrar no Portal das palabras. Por defecto os blogs nos teléfonos móviles só mostran a columna central, nun ordenador de mesa vese o diseño completo.
VER A NOVA NO PORTAL DAS PALABRAS - VER AS PALABRAS TRABALLADAS
2.10.20
Madalena Gamalho - Todo o mundo é teu | #MusicandoCarvalhoCalero
1.10.20
Refraneiro do mes de outubro
San Francisco, 4 de outubro.
Os Remedios, o segundo domingo de outubro;
O Pilar, 12 de outubro.
San Lucas, 18 de outubro
San Xudas e San Simón, 28 de outubro.
San Quintín, 31 de outubro.
- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
- En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Outono, outonán, mes das San Lucas e maís san Froilán.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.
Nota:
- Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
- "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes do ano.
Ver tamén curiosidades de outubro. Ver Santoral de todo ano.