31.3.21

Refraneiro do mes de abril

-Xaneiro, xeadeiro;
 febreiro, marmaruxeiro, 
cada surco seu regueiro;
 marzo nin o rabo do gato mollado; 
abril canta poida vir;
 maio pardo; San Xoán craro; 
Santa Mariña calor; 
agosto millor,
 conténtate labrador.


- A abella e a ovella en abril deixan a pelella.
- A auga de abril enche o carro e o carril.
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.
 Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón.
- Abril, augas mil, escoadas por un mandil.
- Abril, augas mil, peneiradas nun candil.
- Abril, augas mil, se non ao comenzo, ao medio ou á fin.
- Abril atoldado e pouco mollado.
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola, pero maio amola.
- Abril, espigas mil.
- Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
- Abril mollado, malo na horta e bo no campo.
- Abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir.
- Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil.
- Abriles e cabaleiros, son ás veces traizoeiros.
- A ti chova todo o ano e a min abril e maio.
- Ao escacho polo abril non hai máis que lle pedir.
- A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril.
- Busca pan para maio e leña para abril e bótate a durmir.
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
- En abril, augas mil.
- En abril, cear sen candil.
- En abril déixame durmir, que en maio de seu me caio.
- En abril queima a moza o mandil.
- En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás a durmir.
- Escárbame en abril, e pódame en maio que chepagaréi o teu traballo.
- Falten augas mil e non falten en abril.
- Garda pan pra maio e palla pra abril.
- Labrador no abril deixate ir hasta o meixil
- Marzo espigas catro, abril espigas mil.
- No abril, pra min; no maio, pró amo, no san Xoán, pró criado.(a lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)
- No mes de abril fai queixos mil.
-Os enxames de abril, gárdallos pra ti,os de maio a quen chos pida, dallos e  os de San Xoan bótallos ó can.
- Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
- O año de abril enche o regazo e o mandil.
- O millo polo San Marcos nin no saco nin nado.( 25 abril día de San Marcos)
- O queixo e o barbeito en abril e maio sexa feito.
- O sol da na cama en abril; deixa labrego de dormir.
- Poeria en abril, lama en agosto.
- Pra cear en abril nin sol nin candil.
- Quen en abril come sardiña, aínda en agosto lle pica a espiña.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Seméntesme tarde, seméntesme cedo,hasta o mes de abril non me verás o pelo.(as patacas)
- Se queres ter boas pitas e bó galo, colle os ovos en abril e bótallos en maio.
- Se queres saber cando é abril, a andoriña viracho dicir.
- Se marzo non marcea, abril cantalea.
- Se ves a cobra antes de San Marcos,inda verás a neve nos campos.
- Sol de abril, ábrelle a man e déixaoo ir.
- Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.
- Vale máis o trebón de abril que os bois e o carro e aquel que vai nil.
- Vale mais abada de marzo que feixe de abril.
- Veñan dúas mil e non veñan as de abril.
- Viño de abril arde no candil; viño de maio pouco e malo.
- Viño de abril non vai ó funil.
Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
- Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.

4.3.21

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021

 Un ano máis, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o prazo das votacións en liña para elixir a mellor canción galega e portuguesa de 2020. Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Por Galicia resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d’Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E por Portugal: Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D’Santiago, Fuga, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka. As persoas que se queiran sumar a esta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poden votar a través do web do certame desde 19 de febreiro ata o día 20 de marzo. Todas elas participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros e cedés. 
Podes velas e ouvilas en versión reducida aquí

Ver versión completa na páxina web de Aritmar

Brincaletras 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 Ver máis recursos

1.3.21

Refraneiro de marzo

 - Auga de marzo, herbanzo.
- A viña de bon amo, pódase en marzo; a viña do ruín, pódase en abril.
- Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.
- Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- En marzo espingarzo.
- Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
- Entre marzo e abril o cuco ha de saír; se ós tres meses non volveu, é porque morreu.
- Marzo, marzán,pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can.
- Marzo chuvioso, verán caluroso.
- Marzo ventoso e abril caluroso,traen a maio frorido e fermoso.
- Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
- Marzo marzal, déixame o viño trasegar.
- Marzo ben feito, patacas a eito.
- Marzo amola e abril esfola.
- Marzo é enganador, un día malo e outro peor.
- Marzo, nen rabo de gato mollado.
- Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano formoso.
- Nas tarde de marzo  recolle o teu gando.
- Marzo chegar, tempo de enxertar.
- Nas tardes de marzo recolle o teu gando.
- No marzo, abrigo, noces e pantrigo.
- Nin marzo con flores, nin moza sen amores.
- No marzo aínda hai lama no pazo.
- O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
- O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
- O vinte e cinco de marzo, entra a merenda e máis o descanso.
- Pan para maio e leña para abril, e  o mellor cepón para marzo compón.
- Polo San Pedro de Cuadrela, sae a cóbrega de debaixo da terra.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo
- San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.
- Se por marzo canta a rá, por maio xa calará.
- Se por San Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela e a ruliña non rulea, má colleita se espera.

NOTA: Se sabedes dalgún podedes dárllelo a alguén do cole ou mandalo por correo.