FRASEOLOXÍA DO RÍO
|
|
2- Chover
a regos
|
Muito
|
3- Afogar en pouca auga sabendo
nadar
|
Sucumbir ante un pequeno atranco
|
4- Auga parada non move muíños
|
Prexuízos da inactividade
|
5- Botarlle o peito á auga
|
Amosar valor ou coraxe ante o perigo
|
6- Cando o río soa,
algo/auga leva
|
Outorgarlle creto a rumoroloxía
|
7- Deixar correr a auga
|
Non inmiscir
|
8- En pouca auga, pouco se navega
|
Dío que é conciente das limitacións propias ou alleas
|
9- Facer regos na auga
10- Querer escribir na auga
|
Facer algo inútil
|
11- Gárdate da auga mansa que non
corre
|
Ten coidado
|
12- Levar a auga para o seu muíño
|
Favorecerse
|
13- Vaille tornar a auga a
“fulanito”
|
Querer ver lonxe a unha persoa
|
14- Nadar entre dúas augas
|
Estar indeciso
|
15- Ser como a auga corrente
|
Vulgar, sen importancia
|
16- Ser como a auga mansa
|
Tranquilo
|
17- Estar como un río
|
Ter diarrea
|
18- Moitas pingueiras fan o río
grande
|
Loa do labor colectivo
|
19- De perdidos ó río!
|
Obrar con decisión sabendo o risco
|
20- Has de ir o río e non ver a
auga
|
Despistado
|
21- Ir polo río abaixo
|
Fracasar. Botarse a perde algo ou alguén
|
22- Ninguén vai o río que non se
molle
|
Estar involucrado
|
23- Non chegou o sangue ó río
|
Non tivo consecuencias
|
24- Nunca tal se viu, chocolate
con auga de río
|
Incredulidade
|
25- Saber por onde vai a auga ó
río
|
Coñecedor do asunto
|
26- Se o río Gafos levara coñac, máis
de catro irían alá
|
A quen lle vai o alcohol
|
27- Se o río levara aceite
|
Arela de nugallán
|
28- Se tes frío tírate ó río
|
Dise a quen esaxera dos seu
contratempos
|
29- Andar á miñoca
|
Carecer do necesario. Non ter diñeiro
|
30- A río revolto, ganancia de
pescadores
|
Aproveitarse das circunstancias
|
31- Fillo de peixe, peixe é
|
Axiomas da xenética
|
32- Durmir coma un peixe
|
Durmir profundamente
|
33- Estar como a troita no río
|
Estar a gusto
|
34- Marear o peixe/ ou a perdiz
|
Darlle moitas voltas a un asunto
|
35- Non fixo mala pesca meu pai
que pescou a miña nai
|
Gábase o acerto do home e a calidades da muller
|
36- Non queda rabo de peixe/ ou de
troita
|
Nada de nada
|
37- No río que non ten peixes non
botes a rede
|
Non traballar en van
|
38- O bo peixe para quen o merece
|
A recompensa debe gozala quen máis fixo por acadala
|
39- O peixe grande come ó pequeno
|
Agás cando o enfrontamento de David e Goliat
|
40- Pescar todo no aire
|
Non pasar nada inadvertido. Ser rápido
|
41- Pescar pombos
|
Toquenear. Dar cabezadas (durmir)
|
42- Pola boca morre o peixe
|
Mellor estar calado que falar de máis
|
43- Que chova até que afoguen
os peixes
|
Cando chove con insistencia
|
44- Ser picada da troita
|
Ter pencas
|
45- Ser un bo peixe
|
Ser atravesado, pícaro
|
46- Todo o que cae na rede é peixe
|
Dío quen nada esbota. Aproveita todo
|
47- Andar na fariña
|
Andar na droga
|
48- Botarlle toda a auga ó muíño
|
Por empeño
|
50- Cada muíño quere a súa auga
|
Cada cousa para o que é.
|
51- Cantos burros mantén a fariña
|
Laio pola estupidez da humanidade
|
52- Custa ferro e fariña
|
É moi traballoso de conseguir
|
53- Horas de muíño
|
Hora de comer ou de facer algo
|
54- Moer para fóra
|
Ser infiel no matrimonio
|
55- Muíño albeiro
|
O que moe trigo
|
56- Muíño parado non gaña maquía
|
O que non traballa non cobra. Preguiceiro
|
57- O muíño treina, treina, a auga
faina treinar
|
Non hai efecto sen causa
|
58- Quen con fariña anda branco se
pon
|
Involucrarse
|
59- Quen primeiro chega, primeiro
moe
|
Vantaxes do madrugador
|
60- Ser da mesma fariña
|
Ser da mesma condición
|
61- Ser agudo como o pé dun muíño
|
Persoa lenta de entendemento
|
62- Traer chea o río
|
Estar enfadao
|
63- Vai como un rei nunha cesta polo río abaixo
|
Agóiranse dificultades
|
64- Ser redondo como a moa dun muíño
|
Ben redondo
|
65- Ser un calcafoles
|
Que come moito
|
66- Ser un pousafoles
|
Lento, preguiceiro, aburrido
|
67- Ter debaixo da moa a alguén
|
Aborrecer a unha persoa
|
68- Ter máis penas que un rodicio
|
Dise da persosa desgrazada ou atribulada
|
69- Ter o muíño picado
|
Ter muita fame
|
70- Tragar pedras de muíño
|
Persoa inxénua
|
71- Xa pasou moita auga por debaixo da ponte
|
Xa pasou moito tempo
|
72- Lavar as mans
|
Eludir responsabilidades
|
73- Lavarlle o cerebro a alguén
|
Anular a súa personalidade
|
74- Se lavadiño das falas
|
Ser educado
|
75- Ter a cara máis lavada cas pedras do río
|
Ser un descarado
|
76- Compre nadar e lavar e gardar a roupa
|
Persoa precavida
|
77- Nadar en seco
|
Non avanzar
|
78- Nadar na abundancia
|
Ser inmendamente rico
|
79- Pau se remas, pau sen non remas
|
Dío aquel que non se lle valora nada o que fai
|
80- Tanto remar, tanto remar, e ao chegar á beira afogar
|
Dise do esforzo sen reconpensa
|
81- Axiña afogas
|
Díse ó pusilánime
|
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
26.9.19
FRASEOLOXÍA DO RÍO
24.9.19
Adiviñanceiro do río
É máis prezada ca prata
ten a forma que lle deas
raña, carrexa e canta;
que cousiña pode ser? UAAG
|
Que será unha cousiña cousa
Que entra na auga e non se molla?
BSAROM |
Atrás dun penedo
Pariuno súa nai
Correu pola terra
E casouno no mar . OIR
|
É longo como un camiño
E vai fozando como un cochiño
IOR |
Longo como unha rúa,
Rebulideiro coma un meniño
Cantareiro como un paxaro
E torto como un fouciño. IRO
|
Cruza o río e non se molla
Sobe a montaña e non se cansa,
E chove e non ten frío? BNUE
|
Son dúas irmáns
E nunca xunta as verás
SA IRASBE OD OIR |
Ten ríos, pero non se mollan
Ten montes, pero é chairiño
Con catro dedos abonda
Para coller do Rin ó Miño, PMAA
|
Teño sona de cantante
Sempre vou para adiante
A de Iguazú é moi importante;
Que demo son, diantre? ZAVENFER
|
Unha saba branca sen algodón
Que cobre o mundo e o río non.
ENVE |
Viaxan nun banco e non sentan
Non teñen cu pero teñen rabo
XESIEPE
|
Anda, anda sen parar
E nunca muda de lugar
ÑUMOI |
Anda e non ten pés
Come e non ten boca
E toda a comida lle dan
Toda lle parece pouca. ÑIUMO
|
Cae da torre embaixo e non rompe
E cae dunha ponte e rompe.
PEPLA |
22.9.19
20.9.19
NARCISO E ECO, O MITO SEGUNDO OVIDIO
Entre todas as ninfas da montaña, ningunha había tan encantadora como Eco. Só tiña un defecto: falar demasiado. Falaba todo o día e calquera que fose o tema ela sempre tiña a última palabra.
Un día que Zeus estaba a gozar coas ninfas, apareceu de súpeto a súa dona, Hera. Todas fuxiron menos Eco quen, para distraer á deusa, comezou a falar, e falou tanto e de tantas cousas que conseguiu entreter e despistar á deusa, dando tempo a todas as ninfas para esconderse. Pero apenas se deu conta Hera do engano, montou en cólera.
“Non volverás burlarte nunca máis- lle dixo a Eco-. Esta lingua tan áxil que tes perderá o súa poder. De agora en diante non poderás iniciar conversación algunha, nin facer outra cousa que aquilo do que agora estás tan ansiosa: replicar. En verdade vas ter sempre a última palabra, Eco; pero, só isto poderás falar. Nunca máis poderás falar ti a primeira”. Eco comprendeu ben pronto o cruel que era aquel castigo. Viu, pois, Eco a Narciso vagando polo campo, e ó instante ardeu de amor e seguiuno ás furtadelas, e máis o amaba canto máis o seguía; pero nunca puido falarlle primeiro, porque a súa natureza impedíallo, e houbo de esperar a que el comezase. E isto ocorreu, porque algunha vez que se apartou dos seus compañeiros, Narciso preguntou en alta voz quen estaba presente, e Eco repetiu esta última palabra. Pasmado ó oíla, Narciso gritou "Ven", e ela contestoulle coa mesma voz. Enganado, o mozo seguiu falando, e chegou a dicir: —"Xuntémonos." Contestou Eco coa mesma palabra, e saíu da selva disposta a abrazalo.
Foxe Narciso, e fala: "Morrerei antes que teñas poder sobre nós", e ela tras repetir o últimas catro palabras, volve ocultarse nas selvas, cubreu o seu rostro con follaxe, e desde entón habita en grutas solitarias. Cavernas e rochas montañosos foron o seu fogar. O seu corpo esmirrou pola dor e a melancolía ata que quedou sen carne. Os seus ósos transformáronse en rochas e non quedou dela máis nada que a súa voz, coa cal responde aínda a todo aquel que a chama. Mentres desaparecía pensou: “Para el, queiran os Deuses que, cando ame como eu agora amo, desespere e sufra como a miña alma sofre e desespera”
Némesis, a Deusa da Vinganza, escoitara o rogo daquel pensamento sen voz. Había, no medio dos montes, unha límpida fonte á cal, por unha razón descoñecida, os pastores non levaban nunca a abeberar os seus gandos. (…) A auga era clara e cristalina: ningunha rama morta, ningunha folla morta manchábana.
Atraído pola caza, chegou un día Narciso ata ela. Facía calor e estaba sedento. Inclinouse para beber e viu, reflectida, o seu bellísima imaxe. “É o espírito da auga” díxose, debido a que xamais se viu nun espello. Encantado, arrodillouse para mirar e xa non puido apartar a súa mirada da auga. Inclinouse aínda máis para bicar aqueles beizos semiabiertos e alongou os brazos para abrazar aquela imaxe tan encantadora. Tocando a auga, a imaxe desapareceu, esparexida en mil ondas. Ao cabo dun segundo volveu aparecer, tan clara e nítida como antes.
“Espírito fermoso- dixo Narciso- por que me foxes? Non pode desgustarche o meu rostro, porque todas as ninfas das montañas namóranse de min e ti mesma tes todo o aspecto de non serche indiferente. O teu sorriso responde á miña. Cando tendo os brazos cara a ti, ti fas o mesmo”.
Ardentes bágoas de desexo bañaron as súas fazulas e caeron sobre a superficie cristalina da auga. Desapareceu de novo a imaxe. “Oh, non te vaias- rogou- ; se non podo tocarche, deixa polo menos que che mire!” E Narciso xa non puido afastarse de alí. Un día tras outro quedou, de xeonllos sobre a auga, devorando cos ollos a súa propia imaxe. O amor, que desprezara tantas veces, consumíao agora de tal modo que perdeu a cor e non foi xa máis que unha sombra de si mesmo. Non podía facer outra cousa que suspirar: “Ai! Ai!”, e Eco contestáballe: “Ai!”
Ó fin Narciso desvaneceuse do todo e desapareceu do mundo dos vivos. Pero a súa sombra, mentres atravesaba a Lagoa Estigia, non podía apartar a súa vista do río, para captar por última vez a imaxe tan amada. As ninfas, que lle entregaban o seu amor, construíron con leña dos bosques unha gran pira funeraria pois querían incinerar o seu corpo, como era costume, pero en ningún lugar puideron atopar os seus restos. Só unha flor branca como a cera e co corazón púrpura, atoparon no sitio onde el adoitaba arrodillarse e suspirar. As ninfas, abatidas, deron a esta pálida e melancólica flor o seu nome: Narciso.
6.9.19
3.9.19
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)