Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
25.12.12
24.12.12
Gústame o Galego
22.12.12
Cantigas de Nadal
Un bo CD de música "Cantigas de Nadal" con panxoliñas galegas de varios autores.
No vídeo tes unha delas.
Clicando na imaxe podes ver a letra mellor.
No vídeo tes unha delas.
Clicando na imaxe podes ver a letra mellor.
O Pirimpinpín
Para escoitar nestas festas recomendamos, mercar o CD "O Aghinaldo" do grupo Malvela: 01. Nadal en Mos. 02. No pendello. 03. Natal dos simples. 04. Despedida de ano vello. 05. Canto de Reises de Mosende. 06. As Xaneiras. 07. De vila en vila. 08. Kikirikí. 09. Chegaron a pé. 10. Romance vello. 11. Alerta pastores alerta
Nos vídeos: O "Pirimpinpín" e "Maruxiña"
Letras do disco: "Da miña xanela á túa"
15.12.12
Carta do Apalpador
From Apalpador |
Apalpador para colorear.
Esta carta tamén está sen texto na páxina da CGEDNL
14.12.12
Un Nadal de Libros
A Coordenadora de Equipos de Dinamización e Normalización da Lingua Galega de Pontevedra (CEDNL de Pontevedra) elaborou unha pequena lista de libros recomendados para este Nadal. Aquí temos na imaxe os de infantil e primaria.
Clica aquí se queres ver os de secundaria e bacharelato.
12.12.12
Campolongo con Celso Emilio Ferreiro
From Celso Emilio Ferreriro 12-12-12 ás 12 h |
Xa temos algunhas das fotos da homenaxe feita ó escritor e político galeguista Celso Emilio Ferreiro no CEIP Campolongo, polo centenario do seu nacemento (1912). Fixemos , ó igual que moitos centros de Galicia, a lectura simultánea, ás 12 h do día 12-12-2012, dun dos seus poemas máis emblemáticos, "Deitado frente ó Mar".
Como os máis pequenos aínda non saben ler, decidimos que todos os nosos maiores, os de 6º, foran por todas as aulas, na hora prevista (na de lectura) en grupos de 4, para leren o poema en todas as titorias, 19 sen contar os de 6º. Ou sexa que toda a escola, máis de 525 rapaces e rapazas, xunto cos mestres e mestras, estivemos con Celso Emilio Ferreiro
Axiña poremos máis fotos, pois foron catro cámaras as da reportaxe.
Outros poemas feitos no cole.
Moito máis sobre Celso Emilio Ferreiro, na páxina da CGEDNLComo os máis pequenos aínda non saben ler, decidimos que todos os nosos maiores, os de 6º, foran por todas as aulas, na hora prevista (na de lectura) en grupos de 4, para leren o poema en todas as titorias, 19 sen contar os de 6º. Ou sexa que toda a escola, máis de 525 rapaces e rapazas, xunto cos mestres e mestras, estivemos con Celso Emilio Ferreiro
Axiña poremos máis fotos, pois foron catro cámaras as da reportaxe.
Outros poemas feitos no cole.
Caricatura de Celso Emilio para Colorear
9.12.12
8.12.12
7.12.12
6.12.12
Traballos sobre as árbores da nosa contorna
O alumnado do 3º Ciclo da Escola está a facer uns bonitos traballos sobre as árbores do cole e do Parque de Campolongo. Se queres velos clica nas ligazóns que atoparas no neste artigo.
2.12.12
Participación en "Ponte nas Ondas"
Unha posible actividade a facer ou participar.
Ver documento completo. Ver máis na páxina web de Ponte nas Ondas.
Ver documento completo. Ver máis na páxina web de Ponte nas Ondas.
28.11.12
Emisión radiofónica dos nosos traballos en "Dalle a lingua"
A emisión da participación do CEIP Campolongo no programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio, é a partir do
luns 3 de decembro ata o venres 14 ( de luns a venres, ámbolos dous inclusive) a
partir das 11:50 a 12 horas.
Ver fotos do alumnado gravando.
Ver fotos do alumnado gravando.
Pódese escoitar en directo : na radio no 95.3 dende as 11:50 a 12:00 horas e na web de Onda Cero á mesma hora. O modo de escoitar é o seguinte:
1. Entrar na nosa web : http://www.ondacero.es/
2. Pinchar en: "escuchar en directo"
3 Seleccionar Pontevedra e xa está.
En diferido non se pode escoitar.
Os programas estiveron relacionados con:
- II Campaña da Oralidade
- Contos de medo do Samaín
- Feitizos ou Conxuros
- Árbores de Campolongo
- Consellos do decálogo do galego.
Ver categoría contos de medo.
25.11.12
Cantarola dos nenos
CANTAROLA DOS NENOS
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
os nenos de alá
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
os nenos de alá
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
A letra podese atopar no libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas
21.11.12
Esposición de Rosalía de Castro
Estivo con nós pouco tempo esta fermosa exposición de Rosalía de Castro, celebrando o 125 aniversario do seu pasamento. Deixamos aquí unha recolleita de fotos con algúns dos seus poemas e outras curiosidades da súa vida.
Un dos poemas que máis nos gustou foi este de Xan.
Ver todos os paneis da Exposición en PDF.
Ver todos os paneis da Exposición en PDF.
O bosque encantado na radio
Esta foi a 9º sesión dos programas de radio feitos na nosa escola (CEIP Campolongo), onde os de 2ºA contaron este bonito conto que fixeron no outono de Campolongo, no tempo de Samaín.
Artigo relacionado: "O bosque e ncantado"
15.11.12
Feitizos para o programa "Dalle a lingua"
Aquí temos algúns nenos de 2ºA lendo os seus feitizos do Samaín para o programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio.
Ver os feitizos co vídeo feito coa música de Mamá Cabra
14.11.12
A lenda da Camelia e o conto O Ataque dos corvos
Ver o conto O Ataque dos Corvos Ver feitizos.
A beleza da camelia
Un
conto do século XIX
comparaba a camelia
cunha moza
de gran beleza chamada Imperia.
Aquela moza casou cun conde de temperamento delicado e sensible. Pero
o matrimonio non
foi feliz;
Imperia mostrábase fría e distante e aburríase co amor, polo que
un día, o conde xa
non puido
máis e lle dixo “sodes
como a camelia que
un sabio trouxo das afastadas terras de China. Sodes moi bela pero
sen fragrancia. Fáltavos
o verdadeiro perfume que é o amor".
A moza indiferente, contesto "Tedes
razón, son a camelia". Tanta
frialdade levou ó conde ó suicidio, encontraron o seu corpo sen
vida nunha góndola. Imperia
sintiuse confundida,
arrepentida e triste por no ser capaz de ter belos sentimentos como
as outras mulleres.
Clara e Paula, 5ºB
13.11.12
O Xacarandá e O lobo da xente
Esta foi a 6ª sesión de 10 que fixemos para o programa de radio "Dalle a lingua" de Onda Cero. Nesta sesión fálanos María , de 6ºA, dunha das árbores máis bonitas cando está en flor do noso Parque de Campolongo, o xacarandá. Logo segue Iago, de 6ºA, cun conto de medo que leva por título "O lobo da xente", e remata cun feitizo Carla, de 2ºD, e cun consello ou encomenda Clara, de 6ºA.
Ver o guión da sesiónVer ficha do traballo do Xacarandá
Ver o conto "O lobo da xente"
Ver feitizos Ver fotos
Traballos para a Onda Cero Radio
Algunhas fotos dos traballos que se expuxeron hoxe para o programa "Dalle á lingua" de Onda Cero.
12.11.12
Sementeira
Velaquí un fermoso fragmento que nos deixou o poeta e galeguista, Florentino Cuevillas.
É a nosa encomenda.
É a nosa encomenda.
"Compre que os que de veras queren á nosa terra, os que traballan a prol da súa exaltación, os que a sinten no cerne do seu espíritu, os que quixeran convencer e persuadir, os que cen veces sentirían abaixarse o voo do seu corazón, os que dubidaron e dubidan da eficacia e da fertilidade do seu esforzo, deprendan, pra non esquencela, esta verdade: a verdade de que a alma de Galicia non pode deixar de ser nin convertirse noutra alma, e que só desaparecerá cando o mundo desapareza.
Nos anos que han vir veredes quizais debecer aínda mais a nosa cultura, perder terreo a nosa lingua, confundirse os perfís do nos país deca borrárense no neboeiro borrallento que o invade todo. Non desesperedes, os que de verdade sintáde-la emoción galega; seguide sempre con fe, e se vos ocurre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira".
De Prosas Galegas (1962)
10.11.12
Cantigas Magosto 2012
From Traballos do Outono 2012 |
9.11.12
A Escola Encantada
-->
Mar,
Xurxo e Mateo. Mar era valente e atrevida, Xurxo era moi lambón e
Mateo era moi resabido.
Unha
maña, atoparon o encerado pintado, pero non podía ser, porque Mar
fora a ultima en saír e borrara o encerado enteiro.
Que
puido pasar!!!
No
recreo comezaron a falar sobre este tema, e tiveron unha idea: "
esa noite ían ir a escola para ver o que pasaba". Mar e Mateo
estiveron de acordo, pero Xurxo non , porque non quería perderse a
cea do día seguinte, tocaba a súa comida favorita, espaguetes,
ñam, ñam, ñam. Entón comentouno cos amigos para ir a semana
seguinte, e pareceulles ben.
Pola
tarde, xogando no parque, decidiron que como só pasara unha noite
esperarían ao próximo mércores. Pero despois, ó preguntarlle ós
pais, estes lles avisaron que ese era o DÍA DE SAMAIN. Entón Mateo
comezou a ter un pouco de medo.
A
mañá seguinte viron o encerado outra vez pintado, e o saír ó
patio atoparon restos de merenda, envoltorios de caramelos e mondas
de pebidas polo chan.
Os
nenos preguntábanse. Que será o que acontece pola escola polas
noites?
Durante
varios días atoparon restos de sabas
e moitas cousas máis.
Chegou
o día de SAMAIN e os nenos decidiron quedarse na aula pola noite.
Os tres tiñan medo, incluso Mar.
Mateo
e Xurxo pensaron
en irse para as casas, pero
Mar non se daba
por vencido. De súpeto, oíron un bufo e Mateo colleu
medo.
Atopáronse
na porta do colexio e descubriron o enreixado aberto, e no piso de
arriba as luces acesas
Mateo
colleu medo e
Xurxo quixo
entrar porque lle ulía
a xeado. Mar e Xurxo convenceron
a Mateo para seguir adiante.
Entraron
e achegáronse
a súa aula. Ollaron
o que pasaba
pola pechadura da porta. Había
homes lobo, pantasmas, ó
home invisible e tamén
Frankenstein. Logo
tamén
descubriron
que o home invisible estaba
dando clase a
todos, e que estaban
sentados nos pupitres dos alumnos.
Axiña decidiron
coñecelos,
abriron
a porta e todos
os monstros
quedaron
con cara de
admiración e
entusiasmo,
porque nunca viran
xente así. Estes
preguntáronlle
ós
nenos se querían facer unha festa. Dixeron
que si.
Quedaron
toda a noite bailando,
xogando e contando historias.
Os
monstros e os
nenos ensináronse uns a outros as súas materias,
e divertíronse moito.
A
maña seguinte, os demais nenos atoparon ós nosos amigos e aos
monstros na aula durmidos.
Cando
todos espertaron, os
mestres
e nenos do colexio abraiaron
co que viron. Os
monstros pediron se podían quedar na escola.
Dixéronlles
que si.
Aquel
dia foi inesquecible, non houbo clase e xogaron toda a maña.
Comeron lambetadas e déronse moitos sustos.
Conto de medo feito por Sara G. G. (3ºB)
8.11.12
7.11.12
6.11.12
O cuarto encantado
Estaba o día de treboada. Uns nenos
ían pola rúa cando, de súpeto, comezou a chover. Había unha casa
abandonada. Achegáronse e miraron pola fiestra. Como non había
ninguén, entraron e subiron ata un cuarto onde se escoitaba
unha música: tan,tan,tan,tan... E escoitouse unha voz que dicía:
- Que instrumento se pode oír
pero non se pode ver nin tocar?
Os nenos tiñan moitas dúbidas
pero dixeron o piano.
- NON ! Gha,gha,gha ...
- A voz! - Volveron a dicir os
nenos.
Entón o xerro converteuse en
moitas pantasmas con espadas. Os nenos votaron a correr escaleiras
abaixo , era demasiado tarde! Cando a pantasma ía votarlle a man
enriba, soou o reloxo e.....
TODO ERA UN SONO !
Conto de medo feito por Iago e Mariña (3ºB)
Conto de medo feito por Iago e Mariña (3ºB)
A Escola Embruxada
Estou estudando na escola
máis coñecida da cidade, porque se di que é boa en alumnos e
profesores, pero a verdade e que vive unha horrible pantasma que
aparece pola noite cando xa está baleira e soa. Nos recreos falamos
disto e se era ou non verdade o que se dicía da escola. Metíamos
medo dicindo que vagaba o espírito dunha nena que morrera en
estrañas circunstancias. Entón, como as fiestras das aulas daban á
rúa, un día ocorréusenos facer unha aposta de quen era capaz de ir
a escola pola noite e mirar o que alí pasaba, e o que gañara
levaría un ioió novo e unha raqueta de bádminton que pedira o
mestre de E. Física. Cando chegou a noite fomos catro amigos da
escola, eles tremían e tiñan medo, entón sabía que eu sería a
gañadora. Axudáronme dúas delas a subir para asomarse e apoieime
na fiestra, peguei a cara ó cristal e cando ó cabo dun rato empecei
a ver o que había dentro, xa que estaba todo moi escuro, vin a mesa
do mestre e os pupitres, e no fondo da aula algo se movía ás catro
patas e non era un animal. Parecía unha persoa que se movía moi
rápido e "ghabeaba" pola parede da aula. Levei tal susto que caín para
atrás, e as miñas amigas saíron correndo moi asustadas. Cando
estaba no chan paralizada polo medo mirei para arriba e vin entón
uns pelos enormes asomando pola fiestra e votei a correr. Resultou
que esa fiestra era a da miña aula e pasei todo o curso mirando por
riba do ombreiro, porque notaba como se alguén me soprara na cabeza.
Conto de medo feito por Fátima G. P. (3ºB)
Magosto 2012
From Traballos do Outono 2012
Esta semana celebramos o Magosto se o tempo nolo permite. O Venres remataremos cos Xogos Populares, que como sempre dirixirá o alumnado de sexto.
|
O soño coa Santa Compaña
Era unha vez un neno chamado Xan que vivía nun
pequeno pobo de Ourense xunto cos seus pais. Un día normal coma
todos, Xan foi á escola co seu amigo Paulo. Este contoulle unha
historia sobre a Santa Compaña. A Xan asustoulle moito o conto, xa
que non facía máis que pensar niso. Cando chegou á súa casa
contoulles ós seus pais a historia e eles botáronse a rir. Cando xa
eran as 10:30 da noite, Xan foi para a cama porque ó día
seguinte tiña escola. De alí a pouco, ás 12:30, Xan espertou
na metade da noite dun tremebundo pesadelo. Soñara que a Santa
Compaña viña a polos seus pais. Foi correndo ó cuarto deles e
decatouse de que …. NON ESTABAN!!!
Non fora un pesadelo, fora de verdade.
Ana B. R. (6ºA)
5.11.12
Xoán e o zombi
O Samaín é unha celebración moi divertida.
Os nenos divírtense e nos colexios fanse festas. Coloréanse cabazas
e hai disfraces de zombis, momias, bruxas, morcegos, etc.
Os zombis son uns corpos que se
arrastran e dan moito medo. A xente cre que non existen pero un día
un neno chamado Xoán, que estaba na súa casa só, viu na tele que
os zombis existían e que estaban pola cidade. Xoán axiña pechou todas as
ventás e as portas, pero os zombis eran moi listos e un deles entrou
na casa polo sistema de ventilación.
Xoán tiña moito medo, el pensaba que
era unha parvada pero de súpeto viu o zombi na cociña e votou a correr,
porque sabía que o zombi non había de ser moi rápido por ser
zombi.
Xoán chegou arriba e non tiña
escapatoria, logo o zombi seguía intentando correr, correr e correr.
Xoán escondeuse debaixo da cama porque o
zombi tiña unha pinta moi mala e daba moito medo, pero no fondo o
zombi era bo. De alí a pouco, Xoán decatouse de que o zombi quería amigos e non os
conseguía, así que Xoán e o zombi fixéronse amigos.
Conto de medo feito por Amanda (4ºC)
O ataque dos corvos
-->
Fai tempo nunha cidade uns corvos
atacábana a miúdo. Roubaban as xoias e o diñeiro das persoas. O
máis misterioso é que lle levaban as xoias a un esqueleto que
segundo a lenda, este resucitará só coas súas riquezas. Ese
esqueleto era o dono dos corvos. E cando resucite mandará ós corvos
a atacar ás persoas para el ser o dono da cidade. Pero había un
heroe que non o ía permitir, este chamábase “O Arqueiro”, e
era moi bo coas frechas.
Cando o heroe se decatou de que un
malvado aterrorizaba a cidade, foi a salvala. Colleu o seu arco e
marchou. Cando chegou a onde estaba o esqueleto, atravesouno cunhas
cantas frechas.
Ó matar ó esqueleto os corvos
morreron, e todas as riquezas volveron ás persoas que as tiñan.
Conto feiro por Marcial S. C. (5ºA)
A noite de Samaín
-->
Era un martes 13. Todo comezou cunha
nena que estaba camiñando e de súpeto viu unha pantasma que lle
dixo que se fora coa súa familia ou que os mataría a todos. Ela
aparvada pola pantasma, pensou que era unha visión, correu moito
pero non lle deu tempo a chegar. A pantasma enfadada díxolle que o
sentía pero que a tiña que matar se non lle facía caso.
Os pais da nena e ela foron moi lonxe.
A pantasma chamou a uns amigos: á morte e a unha meiga.
Sendo xa pola mañá, a nena espertou,
foi xunto ós seus pais e atopounos mortos. Non sabía que facer e
chamou a policía co móbil de seu pai. Non lle contestou ninguén.
De súpeto observou ó lonxe que marchaban a Pantasma, a morte e a Meiga.
Despois de catro días intentaron
matala pero a nena non estaba. Buscárona por todas partes e axiña a
atoparon, cortáronlle a cabeza cunha machada, e deste xeito foi como
remataron con toda a familia da raza humana.
Conto feito por Paula, Eva (5ºA) e Inés (6ºC)
O lobo da xente
Fai uns
anos, nunha escondida aldea dos montes da Serra do Candán, a uns
sendeiristas fixóxelles de noite nunha escura e tenebrosa
carballeira ,e non tiveron máis remedio que refuxiarse nunha das
numerosas covas que hai na zona ,pero o que non sabían, era
que alí vivía un terrible ser .Os sendeiristas eran de fora da
Galiza e ignoraban que esa cova tiña un nome especial , só o guía
,que era dos arredores coñecía o nome da cova , “ A cova do
lobishome” .
Aquela
noite o guía contoulle ós sendeiristas as historias dos lobishomes
. Logo ,oíron un forte ouleo e distinguiron unha sombra dun lobo
enorme, pero o máis estraño de todo era que estaba erguido , entón
veu ata eles e contemplaron a figura mais terrorífica que endexamais
viran ,era un lobo enorme erguido, con moitos dentes, unha boca
enorme , grandes gadoupas , orellas puntiagudas , corpo robusto e
cheo de pelo ,todos saíron correndo despavoridos polo monte adiante
ata que o lobishome os atrapou de un en un . Ao día seguinte
atopouse o cadáver dun lobo enorme cunha bala de prata no peito ,
dos 20 sendeiristas morreran 4 e foron feridos 6, os que
salvaron a vida débenlla o guía coñecedor das debilidades dos
lobishomes.
FIN
Traballo feito por Iago B. H. (6ºA)
2.11.12
Propostas para facer contos ... divertidos ou de medo
From Traballos do Outono 2012 |
Entrando nas imaxes que temos en Picasa sobre o noso Outono no cole, atoparás un montón de cabazas, pantasmas, castelos... A moitos/as deles puxémoslle nome: Corpuspín, Castañolas, Draculín, Dumbo, Trenciñas, Pánfilo, Vermiga, Macario ... Con estes nomes, ou con outros que a ti che suxiran as imaxes, podes facer a túa historia. Atréveste?
Recorda que o día 12 de novembro algunhas destas historias ou contos leranse no Programa de Radio de Onda Cero que xa temos programado. Anímate. Agora mesmo temos varias, entre elas xa están:
Arturo e a bruxa,
Xovenca a Sanguenta, e
O bosque encantado
E tamén estanse a elaborar uns feitizos, receitas e conxuros. As receitas para xantar poden ser con ollos de caracol, lingua de sapo, ou moco de babosa, por exemplo. Que che parece? Elixe e divírtete con algunhas destas opcións.
1.11.12
Ollos de Aula Nº 1 (Outubro)
Pequena Revista mensual, do CEIP Campolongo para as familias. Este primeiro número pertence ó mes de Outubro. Nas 8 pequenas páxinas (Din A5), temos o seguinte:
Páxina Nº1- Portada da Revista
Páxina Nº2- Dous pequenos artigos: Primeiro, a Presentación da nosa Páxina Web (A súa portada para ver os contidos), nela temos como novidade a inclusión dos anagramas ou mascotas que representan os diferentes blogues que temos actualmente no cole. E como segundo artigo, explicación do que é un ENDL (un Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística).
Páxina Nº 3- Explicación do Nacemento da Revista Ollos de Aula.
Páxina Nº 4-5 - Seis Claves para comezar ben o curso.
Páxina Nº 6 - Palabras do Ensino. Neste caso explica que é a Lei de Educación. Páxina Nº 7 - Cadencias. Nela dase unha serie de recomendacións para que libros podemos ler, que excursión podemos facer, ou que música podemos escoitar.
Páxina Nº 8 - Cousas da Lingua. Neste caso "As linguas Suman"
A revista tamén se pode ver e descargar en PDF dende a páxina web do cole, entrando en EDL (Equipo de Dinamización Lingüística)
Páxina Nº1- Portada da Revista
Páxina Nº2- Dous pequenos artigos: Primeiro, a Presentación da nosa Páxina Web (A súa portada para ver os contidos), nela temos como novidade a inclusión dos anagramas ou mascotas que representan os diferentes blogues que temos actualmente no cole. E como segundo artigo, explicación do que é un ENDL (un Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística).
Páxina Nº 3- Explicación do Nacemento da Revista Ollos de Aula.
Páxina Nº 4-5 - Seis Claves para comezar ben o curso.
Páxina Nº 6 - Palabras do Ensino. Neste caso explica que é a Lei de Educación. Páxina Nº 7 - Cadencias. Nela dase unha serie de recomendacións para que libros podemos ler, que excursión podemos facer, ou que música podemos escoitar.
Páxina Nº 8 - Cousas da Lingua. Neste caso "As linguas Suman"
A revista tamén se pode ver e descargar en PDF dende a páxina web do cole, entrando en EDL (Equipo de Dinamización Lingüística)
31.10.12
Xovenca a Sanguenta
Na noite de Samaín, unha nena chamada Xovenca , quedou soa na casa, pois seus pais saíran cuns amigos a cear . A esta nena non lle gustaba a escuridade, pero esa noite quedara sen luz na casa. Nun momento que ía ó baño da súa habitación, entrou un home que ela non escoitara, e este, afogouna no retrete. Cando os pais chegaron, Xovenca non estaba na casa. Dende aquela cóntase como lenda que si estás soa na casa coas luces apagadas e berras tres veces o conxuro Xovenca a Sanguenta, ela aparecerá e levarate ao Outro Mundo como lle aconteceu a ela. Algo disto que conto aconteceume a min cunha amiga, cando unha vez que foramos ao baño, a tapa do retrete fixera un ruído moi estraño, que sempre recordarei. Por se acaso, non o fagas!
Contos de medo do Samaín. Carla P. (6ºB)
30.10.12
Arturo e a bruxa
Era unha vez
un neno chamado Arturo que vivía nunha aldea preto de Lugo. A súa
nai dixéralle moitas veces que non fora ao bosque que alí había
unha bruxa moi mala.
Arturo era
moi traste, pola noite escapou e foise ao bosque. Cando estaba no
bosque escoitou uns ruídos moi estraños, entón escapou, cando ía
correndo viu ao lonxe unha luces. Arturo quería saber que eran esas
luces e subiuse a unha árbore. Dende o alto viu unha casa. Decidiu
ir cara ela, andou e andou, e ao chegar chamou á porta. Detrás da
porta apareceu unha señora moi rara e vella, tiña un nariz moi
afiado e uns dentes como serras. A señora abriulle a porta e
díxolle: Entra raparigo, entra, que é moi tarde e debes ter fame.
Non, non, grazas señora, confundinme de casa. Entón ela, sen darlle
tempo a marchar, colleuno polo brazo e empurrouno cara dentro.
Arturo tiña tanto medo que fixo pis por el. A bruxa ao velo fíxolle
tanta graza que caeu de cu ao chan coa risa. Arturo, que era moi
listo e rápido, aproveitou a ocasión e fuxiu correndo cara a súa
casa. Pero a bruxa levantouse, colleu a súa vasoira e voou e
voou ata que o alcanzou. Arturo morto de medo berrou: non me
comassss! Foi nese intre cando Arturo espertou.
Contos de medo do Samaín. Teresa G. C. de 3ºB
29.10.12
28.10.12
Queres aprender algo sobre os cogomelos?
Video moi interesante onde explica cales son e como recoñecer algúns dos cogomelos comestibles e cales non se deben coller por ser tóxicos ou perigosos.
Descubre os lemas!
Os alumnos e alumnas de Infantil e 1º de Primaria realizaron estes lemas para a II Campaña pola Oralidade, na clase de Educación Física.
Atrevédesvos a descifralos?
Pois botádelle un ollo á presentación. As solucións están ao final!
Atrevédesvos a descifralos?
Pois botádelle un ollo á presentación. As solucións están ao final!
25.10.12
Exposición do Outono en Campolongo 2012
From Traballos do Outono 2012 |
24.10.12
Cartel da Campaña pola Oralidade de Gonzalo (6ºB)
From II CAMPAÑA POLA ORALIDADE |
23.10.12
Información sobre as Pantasmas
* As pantasmas no flolclore de moitas culturas son supostos espíritos ou almas desencarnadas que se manifestan entre os vivos de forma perceptible, por exemplo, tomando unha aparencia visible, producindo sons ou cheiros ou desprazando obxectos, principalmente en lugares que frecuentaban en vida, ou en asociación coas súas persoas próximastudos
recentes indican que moitos occidentais cren nas pantasmas e
na vida logo da morte.
* A crenza nas pantasmas, testemuñada dende os primeiros textos escritos, sumerios e exipcios, atópase espallada por todo o mundo, con variantes moi diversas. Unha das teorías que intentan explicar a relixión derivaríaos da tendencia do pensamento primitivo e prelóxico a considerar que o mundo dos soños forma tamén parte do real; xa que logo, ver en soños a persoas falecidas indica que non morreron e que poden interferir na vida real. A orixe das pantasmas, pois, non sería distinto ao da relixión.
* Nas civilizacións orientais, moita xente cre na reencarnación. Engadida a esta visión e dentro do estudo
da Metafísica, as pantasmas son almas que rexeitan ser 'recicladas'
dentro do ciclo do Samsara (ciclo da reencarnación), porque deixaron algunha tarefa por rematar.
Os perfectos metafísicos, ou
os exorcistas de diversas relixións, poden axudar á pantasma a reencarnarse ou facela esvaecerse da existencia sobre desta dimensión cuaternaria (segundo
a Metafísica). Na crenza chinesa e india, ademais de
reencarnar, unha pantasma pode tamén optar á inmortalidade, transformándose en semideus e poder a
través da súa elevación espiritual trascender diversos planos,
ademais de servir aos seres humanos, ou pode ir ao inferno e sufrir por ciclos karmáticos.
Traballo feito Luís Guillermo Bouzas Azcueta (6ºA)
Traballo feito Luís Guillermo Bouzas Azcueta (6ºA)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)