28.11.12

Emisión radiofónica dos nosos traballos en "Dalle a lingua"

A emisión da  participación do CEIP Campolongo no programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio, é a partir do luns 3 de decembro ata o venres 14 ( de luns a venres, ámbolos dous inclusive) a partir das 11:50 a 12 horas.

Ver fotos do alumnado gravando.


Pódese escoitar en directo : na radio no 95.3 dende as 11:50 a 12:00 horas e na  web de Onda Cero á mesma hora. O modo de escoitar é o seguinte:

1. Entrar na nosa web :  http://www.ondacero.es/

2. Pinchar en:    "escuchar en directo"

3 Seleccionar Pontevedra  e xa está.


En diferido non se pode escoitar.

Os programas estiveron relacionados con:

- II Campaña da Oralidade
- Contos de medo do Samaín
- Feitizos ou Conxuros
- Árbores de Campolongo
- Consellos do decálogo do galego.

Ver categoría contos de medo.

25.11.12

Cantarola dos nenos


 CANTAROLA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
os nenos de alá

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.

Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.

Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

 A letra podese  atopar no libro escrito por Xosé Neira Vilas e Ansinia Miranda: Cantarolas


21.11.12

Xan de Rosalía de Castro

From Exposición Rosalia Castro



Ler todo o conto aquí

Ou no blogue Son de Poetas.

Ver fotos da exposición.

Esposición de Rosalía de Castro

Estivo con nós pouco tempo esta fermosa exposición de Rosalía de Castro, celebrando o 125 aniversario do seu pasamento. Deixamos aquí unha recolleita de fotos con algúns dos seus poemas e outras curiosidades da súa vida. Un dos poemas que máis nos gustou foi este de Xan.

Ver todos os paneis da Exposición en PDF.

Ábrelle a túa porta ó Galego


O bosque encantado na radio



Esta foi a 9º sesión dos programas de radio feitos na nosa escola (CEIP Campolongo), onde os de 2ºA contaron este bonito conto que fixeron no outono de Campolongo, no tempo de Samaín.

Artigo relacionado: "O bosque e ncantado"

14.11.12

A lenda da Camelia e o conto O Ataque dos corvos

No vídeo podedes ver a 7º sesión que se fixo para o programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio". Nel fálanos Clara, de 5ºB, dunha lenda da Camelia, logo continúa Marcial, de 5ºA, cun conto de medo "O Ataque dos Corvos", para rematar cuns feitizos de Rubén e -Aitana de 2º D e unha encomenda de Laura, 6ºA, sobre a lingua.
 Ver o traballo da Camelia     Ver o conto ou lenda "A beleza da camelia"

Ver o conto O Ataque dos Corvos                               Ver feitizos.

A beleza da camelia

Un conto do século XIX comparaba a camelia cunha moza de gran beleza chamada Imperia. Aquela moza casou cun conde de temperamento delicado e sensible. Pero o matrimonio non foi feliz; Imperia mostrábase fría e distante e aburríase co amor, polo que un día, o conde xa non puido máis e lle dixo “sodes como a camelia que un sabio trouxo das afastadas terras de China. Sodes moi bela pero sen fragrancia. Fáltavos o verdadeiro perfume que é o amor". A moza indiferente, contesto "Tedes razón, son a camelia". Tanta frialdade levou ó conde ó suicidio, encontraron o seu corpo sen vida nunha góndola. Imperia sintiuse confundida, arrepentida e triste por no ser capaz de ter belos sentimentos como as outras mulleres. 

Clara e Paula, 5ºB

13.11.12

O Xacarandá e O lobo da xente

Esta foi a 6ª sesión de 10 que fixemos para o programa de radio "Dalle a lingua" de Onda Cero. Nesta sesión fálanos María , de 6ºA, dunha das árbores máis bonitas cando está en flor do noso Parque de Campolongo, o xacarandá. Logo segue Iago, de 6ºA, cun conto de medo que leva por título "O lobo da xente", e remata cun feitizo  Carla, de 2ºD, e cun consello ou encomenda  Clara, de 6ºA.
Ver o guión da sesión

Ver ficha do traballo do Xacarandá

Ver  o conto "O lobo da xente"

Ver feitizos                  Ver fotos

Traballos para a Onda Cero Radio

Algunhas fotos dos traballos que se expuxeron hoxe para o programa "Dalle á lingua" de Onda Cero.

12.11.12

Sementeira

 Velaquí un fermoso fragmento que nos deixou o poeta e galeguista, Florentino Cuevillas.

É a nosa encomenda.

"Compre que os que de veras queren á nosa terra, os que traballan a prol da súa exaltación, os que a sinten no cerne do seu espíritu, os que quixeran convencer e persuadir, os que cen veces sentirían abaixarse o voo do seu corazón, os que dubidaron e dubidan da eficacia e da fertilidade do seu esforzo, deprendan, pra non esquencela, esta verdade: a verdade de que a alma de Galicia non pode deixar de ser nin convertirse noutra alma, e que só desaparecerá cando o mundo desapareza. Nos anos que han vir veredes quizais debecer aínda mais a nosa cultura, perder terreo a nosa lingua, confundirse os perfís do nos país deca borrárense no neboeiro borrallento que o invade todo. Non desesperedes, os que de verdade sintáde-la emoción galega; seguide sempre con fe, e se vos ocurre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira".

De Prosas Galegas (1962)

Exposición de cabazas 2012


10.11.12

Cantigas Magosto 2012


From Traballos do Outono 2012
Cantigas traballadas e cantadas despois da Presentación do Magosto  2012, polo alumnado de sexto da nosa escola. Neste día, venres 9 de novembro, tamén se fixeron os Xogos Populares, que os podedes ver no blogue de E. Física.

9.11.12

A Escola Encantada

-->
Eran unha vez uns amigos que se chamaban:
Mar, Xurxo e Mateo. Mar era valente e atrevida, Xurxo era moi lambón e Mateo era moi resabido.
Unha maña, atoparon o encerado pintado, pero non podía ser, porque Mar fora a ultima en saír e borrara o encerado enteiro.
Que puido pasar!!!
No recreo comezaron a falar sobre este tema, e tiveron unha idea: " esa noite ían ir a escola para ver o que pasaba". Mar e Mateo estiveron de acordo, pero Xurxo non , porque non quería perderse a cea do día seguinte, tocaba a súa comida favorita, espaguetes, ñam, ñam, ñam. Entón comentouno cos amigos para ir a semana seguinte, e pareceulles ben.
Pola tarde, xogando no parque, decidiron que como só pasara unha noite esperarían ao próximo mércores. Pero despois, ó preguntarlle ós pais, estes lles avisaron que ese era o DÍA DE SAMAIN. Entón Mateo comezou a ter un pouco de medo.
A mañá seguinte viron o encerado outra vez pintado, e o saír ó patio atoparon restos de merenda, envoltorios de caramelos e mondas de pebidas polo chan.
Os nenos preguntábanse. Que será o que acontece pola escola polas noites?
Durante varios días atoparon restos de sabas e moitas cousas máis.
Chegou o día de SAMAIN e os nenos decidiron quedarse na aula pola noite. Os tres tiñan medo, incluso Mar.
Mateo e Xurxo pensaron en irse para as casas, pero Mar non se daba por vencido. De súpeto, oíron un bufo e Mateo colleu medo.
Atopáronse na porta do colexio e descubriron o enreixado aberto, e no piso de arriba as luces acesas
Mateo colleu medo e Xurxo quixo entrar porque lle ulía a xeado. Mar e Xurxo convenceron a Mateo para seguir adiante.
Entraron e achegáronse a súa aula. Ollaron o que pasaba pola pechadura da porta. Había homes lobo, pantasmas, ó home invisible e tamén Frankenstein. Logo tamén descubriron que o home invisible estaba dando clase a todos, e que estaban sentados nos pupitres dos alumnos. Axiña decidiron coñecelos, abriron a porta e todos os monstros quedaron con cara de admiración e entusiasmo, porque nunca viran xente así. Estes preguntáronlle ós nenos se querían facer unha festa. Dixeron que si.
Quedaron toda a noite bailando, xogando e contando historias.
Os monstros e os nenos ensináronse uns a outros as súas materias, e divertíronse moito.
A maña seguinte, os demais nenos atoparon ós nosos amigos e aos monstros na aula durmidos.
Cando todos espertaron, os mestres e nenos do colexio abraiaron co que viron. Os monstros pediron se podían quedar na escola. Dixéronlles que si.
Aquel dia foi inesquecible, non houbo clase e xogaron toda a maña. Comeron lambetadas e déronse moitos sustos.

Conto de medo feito por Sara G. G.  (3ºB)

6.11.12

O cuarto encantado


Estaba o día de treboada. Uns nenos ían pola rúa cando, de súpeto, comezou a chover. Había unha casa abandonada. Achegáronse e miraron pola fiestra. Como non había ninguén, entraron e subiron ata un cuarto onde se escoitaba unha música: tan,tan,tan,tan... E  escoitouse unha voz que dicía:

- Que instrumento se pode oír pero non se pode ver nin tocar?

Os nenos tiñan moitas dúbidas pero dixeron o piano.

- NON ! Gha,gha,gha ...

- A voz! - Volveron a dicir os nenos.

  Entón o xerro converteuse en moitas pantasmas con espadas. Os nenos votaron a correr escaleiras abaixo , era demasiado tarde! Cando a pantasma ía votarlle a man enriba, soou o reloxo e.....

TODO ERA UN SONO !

Conto de medo feito por Iago e Mariña (3ºB)

O Bosque Encantado

A Escola Embruxada

  Estou estudando na escola máis coñecida da cidade, porque se di que é boa en alumnos e profesores, pero a verdade e que vive unha horrible pantasma que aparece pola noite cando xa está baleira e soa. Nos recreos falamos disto e se era ou non verdade o que se dicía da escola. Metíamos medo dicindo que vagaba o espírito dunha nena que morrera en estrañas circunstancias. Entón, como as fiestras das aulas daban á rúa, un día ocorréusenos facer unha aposta de quen era capaz de ir a escola pola noite e mirar o que alí pasaba, e o que gañara levaría un ioió novo e unha raqueta de bádminton que pedira o mestre de E. Física. Cando chegou a noite fomos catro amigos da escola, eles tremían e tiñan medo, entón sabía que eu sería a gañadora. Axudáronme dúas delas a subir para asomarse e apoieime na fiestra, peguei a cara ó cristal e cando ó cabo dun rato empecei a ver o que había dentro, xa que estaba todo moi escuro, vin a mesa do mestre e os pupitres, e no fondo da aula algo se movía ás catro patas e non era un animal. Parecía unha persoa que se movía moi rápido e "ghabeaba" pola parede da aula. Levei tal susto que caín para atrás, e as miñas amigas saíron correndo moi asustadas. Cando estaba no chan paralizada polo medo mirei para arriba e vin entón uns pelos enormes asomando pola fiestra e votei a correr. Resultou que esa fiestra era a da miña aula e pasei todo o curso mirando por riba do ombreiro, porque notaba como se alguén me soprara na cabeza.


Conto de medo feito por Fátima G. P. (3ºB)

Magosto 2012

From Traballos do Outono 2012

Esta semana celebramos o Magosto se o tempo nolo permite. O Venres remataremos cos Xogos Populares, que como sempre dirixirá o alumnado de sexto.

O soño coa Santa Compaña



Era unha vez un neno chamado Xan que vivía nun pequeno pobo de Ourense xunto cos seus pais. Un día normal coma todos, Xan foi á escola co seu amigo Paulo. Este contoulle unha historia sobre a Santa Compaña. A Xan asustoulle moito o conto, xa que non facía máis que pensar niso. Cando chegou á súa casa contoulles ós seus pais a historia e eles botáronse a rir. Cando xa eran as 10:30 da noite,  Xan foi para a cama porque ó día seguinte tiña escola. De alí a pouco, ás 12:30,  Xan espertou na metade da noite dun tremebundo pesadelo. Soñara que a Santa Compaña viña a polos seus pais. Foi correndo ó cuarto deles e decatouse de que …. NON ESTABAN!!! 

Non fora un pesadelo, fora de verdade.

Ana B. R. (6ºA)

5.11.12

Xoán e o zombi


O Samaín é unha celebración moi divertida. Os nenos divírtense e nos colexios fanse festas. Coloréanse cabazas e hai disfraces de zombis, momias, bruxas, morcegos, etc.
Os zombis son uns corpos que se arrastran e dan moito medo. A xente cre que non existen pero un día un neno chamado Xoán, que estaba na súa casa só, viu na tele que os zombis existían e que estaban pola cidade. Xoán axiña pechou todas as ventás e as portas, pero os zombis eran moi listos e un deles entrou na casa polo sistema de ventilación.
Xoán tiña moito medo, el pensaba que era unha parvada pero de súpeto viu o zombi na cociña e votou a correr, porque sabía que o zombi non había de ser moi rápido por ser zombi.
Xoán chegou arriba e non tiña escapatoria, logo o zombi seguía intentando correr, correr e correr.
Xoán escondeuse debaixo da cama porque o zombi tiña unha pinta moi mala e daba moito medo, pero no fondo o zombi era bo. De alí a pouco, Xoán decatouse de que o zombi quería amigos e non os conseguía, así que Xoán e o zombi fixéronse amigos.

Conto de medo feito por Amanda (4ºC)

O ataque dos corvos

-->
Fai tempo nunha cidade uns corvos atacábana a miúdo. Roubaban as xoias e o diñeiro das persoas. O máis misterioso é que lle levaban as xoias a un esqueleto que segundo a lenda, este resucitará só coas súas riquezas. Ese esqueleto era o dono dos corvos. E cando resucite mandará ós corvos a atacar ás persoas para el ser o dono da cidade. Pero había un heroe que non o ía permitir, este chamábase “O Arqueiro”, e era moi bo coas frechas.
Cando o heroe se decatou de que un malvado aterrorizaba a cidade, foi a salvala. Colleu o seu arco e marchou. Cando chegou a onde estaba o esqueleto, atravesouno cunhas cantas frechas.
Ó matar ó esqueleto os corvos morreron, e todas as riquezas volveron ás persoas que as tiñan.

Conto feiro por Marcial S. C. (5ºA)

A noite de Samaín

-->
Era un martes 13. Todo comezou cunha nena que estaba camiñando e de súpeto viu unha pantasma que lle dixo que se fora coa súa familia ou que os mataría a todos. Ela aparvada pola pantasma, pensou que era unha visión, correu moito pero non lle deu tempo a chegar. A pantasma enfadada díxolle que o sentía pero que a tiña que matar se non lle facía caso.
Os pais da nena e ela foron moi lonxe. A pantasma chamou a uns amigos: á morte e a unha meiga.
Sendo xa pola mañá, a nena espertou, foi xunto ós seus pais e atopounos mortos. Non sabía que facer e chamou a policía co móbil de seu pai. Non lle contestou ninguén. De súpeto observou ó lonxe que marchaban a Pantasma, a morte e a Meiga.
Despois de catro días intentaron matala pero a nena non estaba. Buscárona por todas partes e axiña a atoparon, cortáronlle a cabeza cunha machada, e deste xeito foi como remataron con toda a familia da raza humana.

Conto feito por Paula, Eva (5ºA) e Inés (6ºC)

O lobo da xente

Fai uns anos, nunha escondida aldea dos montes da Serra do Candán, a uns sendeiristas fixóxelles de noite  nunha escura e tenebrosa carballeira ,e non tiveron máis remedio que refuxiarse nunha das numerosas covas  que hai na zona ,pero o que non sabían, era que alí vivía un terrible ser .Os sendeiristas eran de fora da Galiza e ignoraban que esa cova tiña un nome especial , só o guía ,que era dos arredores coñecía o nome da cova , “ A cova do lobishome” . 
 Aquela noite o guía contoulle ós sendeiristas as historias dos lobishomes . Logo ,oíron un forte ouleo e distinguiron unha sombra dun lobo enorme, pero o máis estraño de todo era que estaba erguido , entón veu ata eles e contemplaron a figura mais terrorífica que endexamais viran ,era un lobo enorme erguido, con moitos dentes, unha boca enorme , grandes gadoupas , orellas puntiagudas , corpo robusto e cheo de pelo ,todos saíron correndo despavoridos polo monte adiante ata que o lobishome os atrapou de un en un . Ao día seguinte atopouse o cadáver dun lobo enorme cunha bala de prata no peito , dos 20 sendeiristas morreran 4 e foron feridos 6,  os que salvaron a vida débenlla o guía coñecedor das debilidades dos lobishomes. 

FIN

Traballo feito por Iago B. H. (6ºA)

Feitizos do Samaín

Traballo feito polo alumnado de 2ºD

2.11.12

Propostas para facer contos ... divertidos ou de medo


From Traballos do Outono 2012
Entrando nas imaxes que temos en Picasa sobre o noso Outono no cole, atoparás un montón de cabazas, pantasmas, castelos... A moitos/as deles puxémoslle nome: Corpuspín, Castañolas, Draculín, Dumbo, Trenciñas, Pánfilo, Vermiga, Macario ... Con estes nomes, ou con outros que a ti che suxiran as imaxes, podes facer a túa historia. Atréveste? Recorda que o día 12 de novembro algunhas destas historias ou contos leranse no Programa de Radio de Onda Cero que xa temos programado. Anímate. Agora mesmo temos varias, entre elas xa están: Arturo e a bruxaXovenca a Sanguenta, e O bosque encantado E tamén estanse a elaborar uns feitizos, receitas e conxuros.  As  receitas para xantar poden ser con ollos de caracol, lingua de sapo, ou moco de babosa, por exemplo. Que che parece? Elixe e divírtete con algunhas destas opcións.

1.11.12

Ollos de Aula Nº 1 (Outubro)

Pequena Revista mensual, do CEIP Campolongo para as familias. Este primeiro número pertence ó mes de Outubro. Nas 8 pequenas páxinas (Din A5), temos o seguinte:

Páxina Nº1- Portada da Revista  
Páxina Nº2- Dous pequenos artigos: Primeiro, a Presentación da nosa Páxina Web (A súa portada para ver os contidos), nela temos como novidade a inclusión dos anagramas ou mascotas que representan os diferentes blogues que temos actualmente no cole. E como segundo artigo, explicación do que é un ENDL (un Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística).  
Páxina Nº 3- Explicación do Nacemento da Revista Ollos de Aula.
Páxina Nº 4-5 - Seis Claves para comezar ben o curso.  
Páxina Nº 6 - Palabras do Ensino. Neste caso explica que é a Lei de Educación. Páxina Nº 7 - Cadencias. Nela dase unha serie de recomendacións para que libros podemos ler, que excursión podemos facer, ou que música podemos escoitar.  
Páxina Nº 8 - Cousas da Lingua. Neste caso "As linguas Suman"

A revista tamén se pode ver e descargar en PDF dende a páxina web do cole, entrando en EDL (Equipo de Dinamización Lingüística)