O acto principal do Yogote no
XXVI Encontro Estatal das Escolas Asociadas da UNESCO (xullo 2013) foi na
Casa do Poeta Miguel Hernández en Orihuela (Alicante). Como representación Galega para celebrar o 60 Aniversario das Escolas Asociadas foron
tres exalumnas do CEIP Campolongo, María, Amalia e Lucía F. D.
Os poemas que recitaron acompañados do Yogote foron: un inventado polo mestre Antonio F. M. (Nito) neste curso pasado para celebrar o
"2013 Ano Internacional da Auga", dentro do apartado de
Sostenibilidade , logo o de "
Cantarola Nosa" ou tamén chamado
"Amiguiños todos" de Neiras Vilas, dentro de
Cultura de Paz, homenaxeando o 51 aniversario de
"Memorias dun Neno Labrego", e para rematar o poema de
"Galicia", de Manuel María, dentro do apartado de
Patrimonio.