Xaneiro - Febreiro - Marzo - Abril - Maio - Xuño - Xullo - Agosto - Setembro - Outubro - Novembro - Decembro
Etiquetas
Páxinas de interés
6.6.26
13.3.26
Alborada feminista - Son Iou
Sinte como se esvaece o teito de cristal
Nunca máis desprezos nin violencia
nunca máis con medo a camiñar
Reescribiremos a historia que nos negan
As invisibles da sombra sairán
Nós levamos na fronte unha estrela
Resoará no noso bico un cantar
Avanzamos cara ao arco da vella
Ningunha vai ficar atrás
Somos fortes loitadoras e diversas
despegaremos os nosos pés do chan
poñeremos os respecto por bandeira
sementaremos a nosa espranza alén do mar
Reescribiremos a historia que nos negan
As invisibles da sombra sairán
Nós levamos na fronte unha estrela
Resoará no noso bico un cantar
Avanzamos cara ao arco da vella
Ningunha vai ficar atrás!
Ningunha vai ficar atrás!
7.5.23
2.8.21
Refraneiro de Agosto
3.7.21
Refraneiro do mes de xullo
Letras Galegas 2022 - Florentino Delgado Gurriarán
30.6.21
"A lingua o primeiro", dicía Otero Pedrayo na súa obra "Morte e resurreción".
Podemos asegurar ser mellor unha Galiza probe falando galego que unha Galiza rica usando outra língua... Ainda que a realidade nos enseña que para ser ricos e fortes, non hai outro camiño que o de ser cada dia máis xurdiamente galegos, dando ao concepto de galeguidade as notas da humanidade superior que lle son propias por naturaleza". E ainda engade umas palavras particularmente caras: "Para o noso galeguismo a historia é sempre vital e moza, e por selo debe rectificar o feito doroso do arredamento de Portugal. Os mellores espritos portugueses e galegos son cidadáns da integridade da Galiza... A língua debe voltar a ser a mesma para fortalecemento do seu ser trascendental... O grande optimismo da galeguidade abrangue as esencias criadoras de Portugal"
27.6.21
26.6.21
Letras Galegas 2021 - Xela Arias Castaño - 5ºC
Máis na Aula Virtual, en Dinamización Lingüística.
Ver o Acróstico sobre Xela feito tamén polo alumnado de 5ºC
Os traballos feitos no centro presentámolos ó certame organizado pola RAG "O Voso Día Das Letras"
21.6.21
Galefas 2021
Algúns dos máis pequenos do centro entran con forza no grupo Galefas. Outros deixan o noso centro para continuar, no instituto ... esta xeira paradoxal que vive a nosa lingua: O galego semella unha lingua estranxeira na nosa terra. Recordamos en honor a eles o poema "Sementeira" de Florentino Cuevillas: «Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega, seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso que sementades ou se solo esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira»












