Xa fun a Marín, xa pasei o mar
xa comín laranxas,
do teu laranxal (x 3)
xa fun a Marín, xa pasei o mar
Ai miña nai e maila túa
ai quedan no río berrando
ai por culpa dunha galiña
ai que tiña amores co galo (BIS)
Ai lalelo ai lalalaláa
Retrouso
Ai miña nai, miña naiciña
ai como miña nai ningunha
ai que me quentou a cariña
ai co caloriño da súa (BIS)
Ai lalelo ai lalalaláa
Retrouso
Ai esta noite e maila outra
ai e maila outra pasada
ai abanei unha pereira
ai que nunca foi abanada (BIS)
Ai lalelo ai lalalaláa
Retrouso
Ai esta vai por despedida
ai esta vai por derradeira
ai acabouse o chiculate,
ai rompeu a chiculateira (BIS)
Ai lalelo ai lalalaláa
Retrouso
Ningún comentario:
Publicar un comentario